CHANCHONADA 113º
Rendimento laboral do nosos concelleiros.
Os
romanos e gregos tiñan a Fama, unha divinidade que era representada como unha
figura alada que tocaba unha trompeta (proclama indistintamente a verdade como
a mentira); Fama proclama os feitos dos homes, sen importarlle si son verdade, ou si
son mentira,... Entre as armas de Fama estaban os rumores, as medias
verdades,... Oir a un concelleiro do
goberno tentar desacreditar ós seus compañeiros de Corporación, mentrás toma
uns viños, semella que é un devoto de Fama, pero tamén é sinal de mala
educación... pero as causas hai que demostralas.
Nós
aquí realizamos un pequeno estudio matemático, recollemos todas as mocións que
van a Pleno (iniciativas e propostas que apoian como parte do programa electoral
de cada formación con representación municipal, o cal no valoramos); as mocións que teñen que ver coa Guarda,
bisbarra ou comarca son máis valoradas que aquelas outras que apenas teñen que
ver coa nosa bisbarra, tamén valoramos que sexan aprobadas, valoramos a
asistencia ós plenos,... e propomos unha
ecuación matemática en base ós conceptos anteriores.
Así
poderemos comprobar se os datos númericos están na liña das proezas laudatorias
que o sacerdotiso de Fama proclama entre viño e viño.
M = mocións que versan sobre A Guarda; valor +10 puntos.
N =
mocións que non versan sobre A Guarda;
valor +1 punto.
P =
mocións que son aprobadas; valor +2
puntos.
W, X ou Y número de mocións.
Z =
ausencia do Pleno de un concelleiro, total valor de -1 punto.
Rendimento
productivo do grupo = [ x (M) +
y (N) + w (P) ] – Z
Eficacia
temporal do grupo
= { [ x (M) + y (N) + w (P) ] – Z } / nº de meses
Ratio de eficencia por edil = { Eficacia
temporal do grupo } / nº de concelleiros.
(mide o traballo que aporta cada edil ó grupo, ó
longo de todo o período)
Rendimento
productivo do grupo =
PSOE = 23 ptos.
PP = 78 ptos. BNG = 125 ptos. CG = 314 pts.
Eficacia
temporal do grupo (25 meses) =
PSOE = 0,92 ptos. PP =
3,12 ptos. BNG = 5 ptos. CG = 12,56 pts.
Ratio de eficencia por edil =
PSOE = 0,11 ptos. PP =
0,52 ptos. BNG = 2,5 ptos. CG = 12,56 pts.
A seguir
están o número de ausencias, así como un listado das diferentes mocións
presentadas, a puntuación; en amarelo as que versan sobre A
Guarda ou localidades próximas,... en azul as que non versan
sobre A Guarda (moitas destas son presentadas polo mesmo grupo político en
diferentes concellos ó mesmo tempo).
PSOE (8 concelleiros) : 1 moción da Guarda e 3 mocións fóraneas. (25% do traballo é sobre A Guarda)
Ordinario
Novembro 2.011 (-1)
Ordinario
Novembro 2.012 (-1)
R.E. 1.224/ 2.012
Día 8 de Marzo do
2.012. Día Internacional das Mulleres. (+1 +2)
R.E. 1.724/
2012 Escola Infantil Municipal. (+10 +2)
R.E. 6.108/
2012 Instar o Goberno de España a modifica-lo Real Decreto Ley
23/2.012, sobre as persoas que agotan as súas prestacións por desemprego.
(+1 +2)
R.E. 7.296/
2012 Día internacional contra a violencia de xénero. (+1
+2)
PP (6 concelleiros) : 7 mocións da Guarda . (100% do traballo é sobre A Guarda)
Ordinario
Xullo 2.011 (-1) Ordinario Novembro 2.011 (-1) Ordinario
Setembro 2.011 (-1)
Ordinario
Marzo 2.012 (-1) Ordinario Xuño 2.012 (-1) Ordinario
Xullo 2.012 (-1)
R.E. 6.974/ 2.011
Creación dunha
Comisión, para a busqueda dunha mellor ubicación do mercadillo semanal da
Guarda. (+10)
R.E. 1.568/
2012 Notificación electrónica entre o Concello e a Corporación.
(+10 +2)
R.E. 1.569/
2012 Protección e promoción da riqueza web do noso concello.
(+10 +2)
Moción de urxencia/2.012 Rexeitamento dos actos vandálicos no día da Folga Xeral. (+10
+2)
R.E. 3.153/
2012 Creación dun plan
de defensa contra incendios forestais. (+10 +2)
R.E. 4.646/
2012 Modificación da Ordenanza Fiscal Municipal de vados.
(+10)
R.E. 6.107/
2012 Modificación da actual ubicación do mercadillo.
(+10 +2)
BNG (2 concelleiros) : 5 mocións da Guarda e 29 mocións fóraneas. (14,7%
do traballo é sobre A Guarda)
Ordinario
Xullo 2.012 (-1)
R.E. 4.651/
2.011 Plan de tráfico para A Guarda. (+10)
R.E. 4.652/ 2.011
Saneamento do porto
da Guarda. (+10)
R.E. 5.829/ 2011
Control abusivas
comisións bancarias. (+1 +2)
R.E. 5.830/ 2011
Derogación da orde pola
que se aproban os prezos de inmobles rústicos e urbanos. (+1 +2)
R.E. 5.954/
2011 Restitución de axudas normalización lingüística. (+1 +2)
R.E. 5.955/ 2011
Devolucións
correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do
Estado. (+1 +2)
R.E. 6.347/ 2.011
En defensa do traballo
xusto e ilusionante dos servizos de normalización lingüística. (+1)
R.E. 6.636/
2.011 Recorte do Plan concertado da Xunta de Galicia. (+1 +2)
R.E. 6.669/ 2.011
Políticas de prevención
e tratamento da violencia de xénero. (+1 +2)
R.E. 7.059/ 2.011
A seguridade vial
no IES A Sangriña. (+10 +2)
Vía de urxencia en pleno: Tarxeta Sanitaria. (+1 +2)
R.E. 745/ 2.012
Declarar o día 24 de
Febreiro, “Día de Rosalía de Castro”. (+1)
R.E. 746/ 2.012
Apoio á iniciativa
lexislativa popular, para a defensa e promoción da sanidade pública na Galiza.
(+1 +2)
R.E. 867/ 2.012
Polo 8 de Marzo do
2.012. Día Internacional das Mulleres. (+1 +2)
R.E. 886/ 2.012
Rexeitamento da Reforma
Laboral aprobada polo Goberno Central. (+1 +2)
R.E. 1.437/ 2.012
Apoio á Folga Xeral do
29 Marzo e contra a reforma laboral. (+1 +2)
R.E. 1.494/
2012 Ferry A Guarda-Caminha. (+10)
R.E. 1.715/
2012 Promoción do Libro Galego. (+1)
R.E. 2.167/
2012 Mantemento do servizo de axuda no fogar. (+1 +2)
R.E. 3.021/
2012 Situación do novo Hospital de Vigo. (+1 +2)
R.E. 3.022/
2012 Defensa do ensino público galego. (+1 +2)
R.E. 3.154/
2012 Conexión entre a rúa Ireira e Baixo Muro.
(+10 +2)
R.E. 4.519/
2012 Supresión do copago farmacéutico ós pensionistas.
(+1 +2)
R.E. 4.619/
2012 Revisión do acordo de exención do pago do IBI (Imposto de
bens inmobles) por parte da Igrexa Católica. (+1 +2)
R.E. 4.620/
2012 Sistema financiero galego. (+1)
R.E. 4.640/
2012 Contras as medidas económicas e de reforma do Réxime Local
do Goberno do PP. (+1 +2)
R.E. 4.641/
2012 Que a Xunta de Galicia revoque a supresión dos servicios
que prestan as oficiñas liquidadoras de tasas e impostos. (+1 +2)
R.E. 5.205/
2012 Impedir a perda do poder adquisitivo dos funcionarios
públicos, afectados polo Decreto 20/2.012. (+1)
R.E. 5.966/
2012 Impugnación do Real Decreto Ley 24/2.012, que legaliza o
fraude das preferentes. (+1 +2)
R.E. 6.099/
2012 Defensa do dereito das mulleres e da libre decisión sobre a
maternidade. (+1 +2)
R.E. 7.155/
2012 25 de Novembro do 2.012, Día da non violencia contra as
mulleres. (+1 +2)
R.E. 7.156/
2012 Etiquetaxe obrigatoria dos productos deo mar galego.
(+1 +2)
R.E. 7.204/
2012 Apoio á Folga Xeral do 14 de Novembro do 2.012. (+1)
R.E. 7.311/
2012 Modificación da Lei Hipotecaria. (+1)
CG (1
concelleira) : 27 mocións da Guarda e 10 mocións fóraneas. (73% do traballo é sobre A Guarda)
R.E. 4.345/ 2.011
Elaboración de
Ordenanza de instalación de vallas
publicitarias. (+10 +2)
R.E. 4838/ 2011
Proposta para a
posta en marcha da “EUROCIDADE CAMINHA-A GUARDA”. (+10 +2)
R.E. 5.488/
2011 Solución á problemática sobre o tema do Ferry.
(+10 +2)
R.E. 5.894/2011
Día internacional da
Infancia. (+1 +2)
R.E. 6.241/ 2.011
Mantemento do espiritú
de consenso do Pacto de Toledo, e recuperación do poder adquisitivo dos
pensionistas e xubilados. (+1 +2)
R.E. 6.455/ 2.011
Medias de axuda e
protección, diante do continuo peche de medios de comunicación en galego.
(+1 +2)
R.E. 6.456/
2.011 Apoio á proclamación do Estado Palestino. (+1)
R.E. 6.550/ 2.011
Prevención contra os
atropelos de tráfico rural. (+1 +2)
R.E. 6.551 Modificación da Lei Hipotecaria, có fin de regula-la dación
en pago e adopta-las medidas necesarias para evita-los desahucios por motivos
económicos. (+1 +2)
R.E. 6.703/2.011
Actual problemática de
Caixa Galicia. (+1 +2)
R.E. 7.009/ 2.011
Proposta de
reordenación do tráfico na Guarda. (+10 + 2)
R.E. 1.195/
2012 Rampa de acceso para minusvalidos na rúa Baixo Muro.
(+10)
R.E. 436/
2012 Recibir información das xuntanzas da Mancomunidade do
Baixo Miño. (+10)
R.E. 486/
2012 Elaborar unha Ordenanza para cobrar polos caixeiros
bancarios nas rúas. (+10 +2)
R.E. 571/
2012 Plataforma anti-peaxes nas autoestradas portuguesas.
(+1)
R.E. 1.130/
2012 Axuda económica ós medios de información dixital que hai
na Guarda. (+10)
R.E. 1.194/
2012 Declara zona saturada de ruidos a Rúa Manuel Alvárez.
(+10)
R.E. 1.442/
2012 Servicios na oficina da Confederación Hidrográfica
Miño-Sil no Porriño. (+10 +2)
R.E. 1.470/
2012 Retiradas das contas bancarias municipais, das entidades
con afectados polas preferentes. (+10)
R.E. 1.520/
2012 Consorcio Local para a xestión conxunta dun grupo de
emerxencias e intervencións rápidas, con Oia e O Rosal. (+10)
R.E. 1.597/
2012 Contra a reforma laboral aprobada polo Goberno. (+1)
Moción de urxencia/2.012 Conservatorio Municipal da Guarda. (+10 **) ** = na
acta hai 8 votos a favor da moción e 7 votos en contra, os votos a favor son
maioría, pero na acta a Secretaria Municipal dí a moción non prospera. ¿Non entendemos o porqué?; ¿foi un
erro da Secretaria ou un actuar partidista?
R.E. 2.169/
2012 Composición da Mesa de comercio Local. (+10)
R.E. 2.460/
2012 Convenio de colaboración entre o Concello e a asociación
“O Cancelón” (Comisión da Festas do Monte). (+10)
R.E. 2.648/
2012 Composición dos tribunais de selección do persoal
municipal. (+10)
R.E. 3.155/
2012 Rexistro da marca de propiedade intelectual “Festas do
Monte”. (+10)
R.E. 3.156/
2012 Elaboración dun “Plan de autoprotección” para as Festas
do Monte. (+10)
R.E. 4.996/
2012 Contra a supresión das Entidades Locais Menores
(Camposancos). (+10 +2)
R.E. 5.482/
2012 Uso compartido da Seguridade Social e Instituto Social da
Mairña. (+10 +2)
R.E. 5.483/
2012 Cambio de ubicación de parte do mercadillo. (+10)
R.E. 6.877/
2012 Limpeza integral da Alameda. (+10)
R.E. 7.262/ 2012
Retira de contas
municipais daquelas entidades bancarias que executen o embargo da vivenda dun
veciño da Guarda. (+10)
R.E. 7.263/
2012 Recollida de aceites usados de uso doméstico por parte do
Concello. (+10)
R.E. 7.267/
2012 Realizar un estudio sobre un novo pabellón deportivo na
zona da Sangriña. (+10)
R.E. 7.407/
2012 Contra o proxecto de Lei das novas taxas xudiciais.
(+1 +2)
R.E. 7.424/
2012 Revisión e inspección das anclaxes de farolas e outro
tipo de alumeado público. (+10)
R.E. 7.434/
2012 Dotar dun desfribilador ó pabellón municipal.
(+10)
Moción conxunta do PSOE, PP e Converxencia Galega/
2012 Mantenemento da comunicación entre A Guarda e Camiña.
(+10 +2) [a nota total será dividida
entre os tres grupos]
Conclusións:
1º) Tanto o PSOE, pero especialmente o BNG
teñen un gran uso de mocións que non teñen que ver coa Guarda e bisbarra,
o leelas notanse que están feitas fóra,... especialmente no caso do BNG (+84% do traballo venlles de fóra).
2º) O PP centra todo o seu traballo a nivel
local; así como gran parte do traballo da única concelleira de CG.
3º) Dende
Novembro do 2.012 non se celebran plenos ordinarios, polo tanto o rendimento
está a baixar, moi especialmente naqueles grupos con tendencia a labourar
pouco.
4º) Sorprende que o grupo máis númeroso
(PSOE) sexa o menos eficiente de todo, os seus ratios son moi
baixos,... Tamén nós sorprende a eficiencia do PP e de CG,... pensabamos que
eran de menor eficiencia como proclama o sacerdotiso de Fama,... pero os
números demostran o contrario, ainda así e todo a eficiencia de cada edil do PP
é baixa.
Nota == Non tedes por que estar de acordo có
noso sistema de puntuación, coas nosas fórmulas matemáticas; pero a
partir do listado que fixemos en base as actas dos Plenos, vos mesmos podedes
organizar outro sistema distinto.
Mirador do Monte Ancos, a 01 de Agosto do 2.013.
Tecla Letra Grande.
Profesora de Ingenieria Informática, en la Universidad
Politécnica de Arroba (Ciudad Real; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario