CHANCHONADA 103º
Ben imos a falar de un tema que nunca é do gosto
dos nosos alcaldes, concelleiros e políticos locais: a deuda municipal; para isto,
imos a colle-los datos oficiais do Ministerio de Facenda sobre as deudas dos
concellos a 31 de Decembro do 2.012 e logo algúns pequenos cálculos para facer
estes datos máis entendibles por todos. Estes
datos, non son de coñecemento da inmensa maioría dos nosos concelleiros, ides a
ter máis información que eles.
A Guarda
Deuda viva total =
1.004.000€; representa un 14,96% do orzamento municipal
de 6.709.622€.
Ratio por habitante = 96,05€ por cada habitante.
Deuda viva do ano anterior = 1.167.000€ no ano 2.011.
Evolución
da deuda viva = reducción de -163.000€ ; reducción dun 13,97%
durante o ano 2.012.
O Rosal
Deuda viva total =
121.000€; representa un 4,02% do orzamento municipal
de 3.008.000€.
Ratio por habitante = 18,41€ por cada habitante.
Deuda viva do ano anterior = 176.000€ no ano 2.011.
Evolución
da deuda viva = reducción de -55.000€ ; reducción dun 31,25% durante
o ano 2.012.
Oia
Deuda viva total =
245.000€; representa un 19,10% do orzamento municipal
de 1.282.882€.
Ratio por habitante = 79,01€ por cada habitante.
Deuda viva do ano anterior = 105.000€ no ano 2.011.
Evolución da deuda viva = ampliación de +140.000€ ; ampliación dun
133,33% durante o ano 2.012.
Tomiño
Deuda viva total =
1.637.000€; representa un 27,68% do orzamento municipal
de 5.913.000€.
Ratio por habitante = 119,16€ por cada habitante.
Deuda viva do ano anterior = 42.000€ no ano 2.011.
Evolución da deuda viva = ampliación de +1.595.000€ ; ampliación dun
3.797,61% durante o ano 2.012.
Tui
Deuda viva total =
294.000€; representa un 2,96% do orzamento municipal
de 9.925.806€.
Ratio por habitante = 17,06€ por cada habitante.
Deuda viva do ano anterior = 524.000€ no ano 2.011.
Evolución
da deuda viva = reducción de -230.000€ ; reducción dun 43,89%
durante o ano 2.012.
Destacan os incrementos das deudas municipais de Oia, que
crece en +140.000€. Pero os datos
de Tomiño son sorprendentes, no
ano 2.011 ten a deuda municpal máis pequena da comarca do Baixo Miño, para
face-la medrar a un ritmo esaxeradamente rápido durante o ano 2.012, para ser agora o concello con máis deuda
municipal. Os respectivos equipos de goberno deberían explicar ós
veciños as causas destes incrementos das deudas, especialmente no caso de
Tomiño.
Oia
levaba varios anos reducindo a súa deuda municpal, no ano 2.008 tiña 137.000€ e
a reduciu a 105.000€ no 2.011; pero volta a face-la medrar dun xeito moi forte.
¿Porqué?, ¿qué grandes inversións fixo o concello?,... o Sr. Alejandro debería
dar explicacións. Tomiño levaba unha
pauta similar a Oia, no ano 2.008
a súa deuda municipal era de 190.000€ e a foi reducindo
ata os 42.000€ do ano 2.011,... pero logo durante o ano 2.012 a dispara como un
foguete; ¿porqué?,... A Sra. Sandra debería dar explicacións os veciños de
Tomiño. En ambos concellos o nivel da
deuda está moi cerca ou por riba do 20% do presuposto municipal,... nivel que
fará peligrar os presupostos dos vindeiros anos.
A
Guarda atopase nun punto intermedio, dende o ano 2.008 a
deuda viva municipal estaba por riba do 1.600.000€, nestes anos hai un
esforzo continuo e constante por reducila ata o nivel actual de 1.004.000€. A
evolución da deuda municipal de Tui,
en certo xeito é similar a da Guarda, no
ano 2.008 tiña 980.000€, a partir de ahí foi reducindo a deuda dun
xeito constante ata o nivel actual de 294.000€.
O Rosal é un caso distinto, non é verdade iso tan publicitado polo
Alcalde que o concello non ten deudas,... as ten, pequenas pero as ten;
o que pasa é que a xestión municipal
dispara a deuda municipal rosaleira no ano de eleccións, para logo ir
reducindolla ata o ano previo á cita electoral, para volver a inicia-la pauta
de facer crece-la deuda municipal,... en
todo isto hai un evidente interés electoral,... pero isto tamén é un
forma lexitima de actuar,... ainda que denota a inexistencia dun rumbo na
xestión municipal a medio e longo prazo.
Mirador do Monte Ancos, a 11 de Xullo do 2.013.
Johannes Freitag
Feierabend (“Juan Viernes Tiempo libre”).
Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Pölla
(Baja Austria; Austria)
Querido amigo Johannes.
ResponderEliminarUna vez leído tu interesante artículo me pregunto : Quien miente aquí?.
Si damos por buena la sentencia popular que los niños y los borrachos nunca mienten, solo queda por pensar, por descarte, que seas tu el que mientes o al menos estés equivocado,
Los politicos de nuestra querida A Guarda afirman que el Concello gracias a su extraordinaria Xestion no está endeudado. Al menos eso afirma nuestro querido segundo de abordo, sr.Español, en esos bares y tabernas a las que tanto es aficionado.
Por consiguiente si después de unos cuantos alvariños nuestro teniente dice que el concello no está endeudado, quien mejor que el para saberlo. Por aquello del axioma anterior de que los niños y los borrachos no mienten nunca.
Creo ciertamente que al menos usted está errado.