CHANCHONADA 106º
Os 3 irmáns comunistas.
Xa fai algúns anos que finou “Pancho”, algún día
falaremos sobre él, a súa filosofía de vida, o seu humor ácedo, a súa
retranca,... Cando coñecimos a “Pancho” xa era un xubilado e estaba moi vello;
durante moitos anos traballaou de camionero por aquelas lamentables estradas da
España de posguerra dos anos, 40, 50 e 60; sempre contaba historias do
contrabando do estraperlo, das mil e unha trampas que tiñan que facer para
levar certas mercadurías que escaseaban nun sitio, e traer outras que eran
escasas noutros,... aquel mundo de miseria que foi durante caseque 25 anos a
España da posguerra.
Na
salón da casa tiña unha vella foto, él e o seu xefe posando orgullosos xunto có
primer camión que comprara a empresa: un ZIS-5. Falaba maravillas e con cariño
de aquel vello camión, non era por menos, durante máis de 15 anos traballaron
xuntos. “Pancho” sempre decía que “os 3 irmáns comunistas” eran duros, fortes,
robustos,... ¿Qué “3 irmáns comunistas”
eran tan famosos e admirados na época de Franco?.
Hoxe
sabemos que o ZIS-5 era un camión de
fabricación soviética, que a República comprara en grandes cantidades durante a
guerra civil; despois da guerra moitos deles quedaron en mans do
exército, outros foron vendidos a particulares,... e có tempo o exército foi
vendendo aqueles que tiña en nómina, ata desfacerse deles. Nos anos da
posguerra o parque móvil de camións de España básicamente estaba formado polos
ZIS-5. No morro do radiador levaba o signo: “3HC” escrito
en caracteres cirílicos (ZIS en latinos), pero como nadie sabía ruso, ainda que
sabían que o camión viña da URSS,… o pobo comenzou a chamalos popularmente
como: “3 Hermanos Comunistas”, e
con ese apelativo cariñoso quedaron na memoria dos vellos camioneiros,... Non
eran unha maravilla técnica, non eran cómodos, apenas transportaban 3.000Kgr,
tiñan unha velocidade máxima de 70
Km/h e consumían 35 litros de gasolina ós
100Km; a moitos deles logo trocaronlle o motor orixinal por outro diesel dos
que facia a fábrica de Barreiros.
Ben, pois hoxe imos a falar no
parque móvil municipal da Guarda; un parque formado por 27 vehículos, polo
menos no ano 2.012, posiblemente algún xa fose dado de baixa,... é un parque
bastante vello, un 40% do mesmo xa ten máis de 15 anos, xa están obsoletos,...
peroa sorpresa é que moitos deses vellos vehículos son os máis operativos día
tras día.
No ano 2.012 este parque móvil e maquinaria
xeneraron un gasto de 37.095,79€ en combustible, o que representa unha
media mensual de 3.091€. O 34% do gasto correspondeulle ó dous camión
do servicio de recollida de lixo, 12.841,45€, o cal é o normal, pois son dos
vehículos que usan caseque tódolos días, van cargados, usan moito as marchas
curtas,... Nese mesmo período o gasto de reparacións para o
parque móvil foi de 21.035,26€, isto supon unha media de 1.752€/mes;
o grupo de camión do lixo tiveron un gasto de 4.613,63€, o 22%.
Si
que nós sorprende os gastos en reparacións son bastante altos, esperabamos que
os camións do lixo tiveran máis reparacións,... pero non é así, están máis
operativos que outros vehículos do parque.
Imos
a establece-la seguinte operación matemática: (gasto de combustible) / (gasto de reparacións) = ratio de
operatividade. Canto maior é o cociente (ratio de operatividade) ven a
indicar que un vehículo está máis tempo operativo, polo tanto paso menos tempo
no taller, as súas reparacións son de menor importancia,... e ó contrario, un cociente
baixo, indica unha operatividade baixa do vehículo.
Ratio de operatividade xeral:
(37.095,79)/(21.035,26) = 1,76
Ratio
operatividade camión lixo: (12.841,45)/(4.613,63) = 2,78
Ratio
operatividade camión bombeiros:
(2.245,92)/(581,79) = 3,86
Ratio
operatividade Xsara Policía Local: (394,04)/(916,72) = 0,43
¿Qué lle acontece ó coche patrulla da
Policía Local?, ten un ratio esaxeradamente baixo,... agora imos a
estudiar matemáticamente o vehíxulo que usa o concelleiro de obras:
Ratio
de operatividade: (750,01)/(964,89) = 0,77
Sr. Miguel Español, o vehículo que vostede usa ten un
ratio moi baixo,... ¿Qué acontece?.
Haberá que procurar que neste ano
o ratio de 1.76 do parque móvil medre, polo ben de todos,... pois será unha
sinal que pasan menos tempo no taller, e polo tanto disminúen os gastos de
reparacións. Este ratio de operatividade tamén indica como os empregados
municipais usan os vehículos do concello, aqueles que teñen un ratio operativo
por riba da media, deberían ser premiados con productividade, e ó contrario,...
Isto é usar un baremo técnico-matemático que é obxectivo,...
Como notal final deixamos unha
pequena gráfica da evolución do precios do combustible destes últimos anos,...
¿Sres. concelleiros pensen en medidas de aforrar combustible, sen rebaixalos
servicios?. Hoxe moitos cidadáns acaban de ver confirmadas a súas sospeitas: na España pagase un dos combustibles
máis caros,... por desgracia o salarios seguen baixando e os prezos subindo,...
Mirador do Monte Ancos, a 18 de Xullo do 2.013.
Francisco Jones
Gallego (PACO JONES) . Ingeniero de producción y
transporte de crudo de la
TEXACO JONES OIL
(CorpusChristi; Texas, USA)
No hay comentarios:
Publicar un comentario