martes, 16 de julio de 2013

Poderoso cabaleiro


CHANCHONADA  105º

Poderoso cabaleiro.



Famoso é o poema de Francisco de Quevedo, descoñecido para a inmensa maioría das persoas, pero todos coñecen e son famosos os dous últimos versos:
Madre, yo al oro me humillo,
él es mi amante y mi amado,
pues de puro enamorado
anda continuo amarillo.
Que pues doblón o sencillo
hace todo cuanto quiero,
poderoso caballero
es don Dinero
.”

                Que lonxe queda o século XVII, pero +400 anos depois voltamos a ter gobernantes que sen pudor e vergoña voltan a rouba-los diñeiros públicos.... pero hai cousas tan enraizadas no subconsciente dos nosos gobernantes que da igual o tempo que pase, 10 anos, 50 anos, 100 anos, 200 anos,... seguirán considerando que o Teosuro Público, o Estado,... é parte da súa heredade particular.

                Fai pouco máis dunha semana ingresaba en prisión, quen durante moitos anos traballou como xerente e tesoureiro do PP,... a quen descubríuselle varias contas en Suiza, con un capital que sobrepasa os 48 millóns de €. O traballo xudicial iniciado fai máis de 3 anos, xa comenza a dar froitos,... fai meses os altos cargos do PP desmentían todo isto, decían que era unha persecución xudicial contra o seu partido, apoiaban ó seu ex-tesoureiro Luís Barcenas, creian na súa honorabilidade profesional, na súa honestidade,... todo eran mentiras da prensa, inquina dos xuizes,...

                Agora có ex-tesoureiro Luís Barcenas dentro de prisión, os mensaxes que dirixe o PP ó público trocaron, viraron 180º; o ex-compañeiro e alto cargo do partido xa non é un profesional honesto e respetable, todo o que dí agora este señor non é verdade,...  ¿Qué pasou con aquilo do despido diferido?, que a pesar de estar despedido seguían cotizando á Seguridade Social por él, seguía tendo acceso ó seu despacho na sede do PP,... ó parecer nese despacho, o Sr. Luís Barcenas estaba castigado a escribir 48 millóns de veces a seguinte frase:



            Un partido que ten una financiación ilegal, ten unha contabilidade en B (diñeiro negro); é un partido que debe favores a eses amigos financiadores, a quen logo hai que devolverlles os favores vía adxudicacións de contratos públicos, rebaixas fiscais, subvencións xenerosas,... ¿Porqué as contas dos partidos políticos non pasan polas inspeccións de Facenda?

Pero os altos gobernantes do PP, non entonan o “mea culpa”, e o cheiro a merda e podredume vai medrando e facendo que o aire social sexa irrespirable. A sombra da financiación ilegal medra, hoxe sabemos que o PP está manchado por ela, que o PSOE leva anos pringado, nunca explicaron o do “caso Filesa”;  CiU tamén non leva aclarado nada do “saqueo do Palau da Música Catalana”, das adxudicacións das ITV,... ainda están investigando os EREs de Andalucia,...  Gran parte disto é consecuencia do desprecio que os nosos políticos e altos funcionarios teñen pola Lei, esa que prometen cumplir e facer cumplir,... a falta de ética e moralidade que teñen, pois teñen asumido que os políticos están por riba da Lei; pois moitos deles teñen asumido que a lentitude da investigación xudicial e os  funcionarios enchufados polos partidos lograrán que o proceso vaia lento e dure anos, anos,... para logo atopar cun xuiz que amigo dun coñecido e así obter unha sentencia leve e suave; claro que previamente, despois de tantos anos, o tema será esquecido pola prensa (a pouca que queda, que non está comprada polos partidos políticos) e polo público.

A corrupción política é un delito moi suvamente penado no noso Código Penal, neste tema tódolos deputados están de acordo en impoñer penas leves e suaves,... despois de todo este delito só pode ser cometido por eles. Pero a corrupción política implica una delito moral que cada día é máis difícil de perdoar polos “apaleados cidadáns”; por iso a brecha de confianza que hai entre os políticos e os cidadáns medra,... i esta perda de confianza, pode seguir ata romperse ou tratar de recompoñela, proceso que pode durar anos, moitos anos,...

¿Qué forza moral teñen os gobernantes de tódolos partidos a pedirlle máis sacrificios, máis impostos, menos servicios e máis austeridade ós cidadáns?. ¿Qué lexitimidade ten un partido político que sustenta a un goberno que moi probablemente gañou unhas eleccións gracias a unha trama de financiación ilegal e con moitos indicios de corrupción?. Na nosa opinión o Goberno é lexitimo, pero xa non ten lexitimidade moral ante a sociedade; nós entendemos que debería haber novas eleccións xerais.

            O Gobernante español con maior fama histórica de roubar á Facenda Pública foi D. Francisco Gómez de Sandoval y Rojas, Duque de Lerma,... pero non lle pasou nada, pois como reza certa copa da época: “para no morir ahorcado, el mayor ladrón de España, se vistió de colorado”; o color colorado fai referencia ó capelo cardenalicio (honorabilidade eclesiática que “mercou”), e polo tanto non podía ser xulgado pola xustiza civil.

                Neste País, os millóns de cidadáns non temos vivido por riba das nosas posibilidades nos últimos anos; realmente sobrevivimos a pesar das nulas capacidades morais e intelectuais dos nosos gobernantes.


Mirador do Monte Ancos, a 16  de Xullo do 2.013.

Peter Lomba-Hill.  Director de Gestión Técnica del Club de Golf  Ponte Vedra Inn&Club; Jacksonville (Florida, USA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario