viernes, 5 de julio de 2013

Equilibrio electoral



CHANCHONADA  100º

Equilibrio electoral.



              Varias veces temos falado con varios ex-concelleiros da Guarda e Rosal sobre o tema da unificación,... non imos aquí a tratar de temas económicos, fiscais, de inversións,... pois cando falamos con estes ex-concelleiros eles dín que o tema é díficil que prospere e sempre expoñen os mesmos tres argumentos:

1º)  Ó BNG non lle interesa, coa unificación poderían quedar fóra da corporación municipal,... polo escaso voto de Oia.
2º) O PSOE vería mermada as súas forzas, pois Oia é un lastre para eles por ser un feudo do PP.
3º) Un concello unificado potenciaria o voto do PP, por ser o partido máis votado, e reforzaría a maioría absoluta que ten no Rosal e Oia, traspasandolla ó novo concello unificado,...

                ¿Realmente isto é verdade?; nós ó principio pensabamos que si,... pero logo fixemos as contas e resulta que non é así; a realidade é máis complexa, pois un concello unificado tería 21 concelleiros e desaparecerían 20 concelleiros dos 41 que hai na actualidade:

Ano 2.003
PP  (6.027 votos e 11 concelleiros);  PSOE (3.814 votos e 6 concelleiros); BNG (1.112 votos e 2 concelleiros) e Outros * (1.529 votos e 2concelleiros).

No ano 2.003 teríamos maioría absoluta do PP, pero ollo que está collida polos pelos, pois o último concelleiro do PP entra cun divisor de 547,9 e o PSOE ten un divisor de 544,8 (+22votos no PSOE e quitaríalle a maioría absoluta). Polo tanto as forzas están moi perto do equilibrio. No caso de Outros, fixemos o sumatorio de tódolos grupos pequenos, os cales teñen relevancia en Oia e na Guarda.

Ano 2.007
PP  (5.666 votos e 10 concelleiros);  PSOE (4.604 votos e 8 concelleiros); BNG (1.321 votos e 2 concelleiros) e Outros * (881 votos e 1concelleiro).

No ano 2.007 o PP non tería maioría absoluta, o PSOE ten un forte incrmento de votos e concelleiros. O BNG mantense estable no número de concelleiro, a pesar do incremento de votos. No caso de Outros, perden apoio especialmente en Oia, polo tanto perden un concelleiro. ¿Qué goberno municipal teríamos?


Ano 2.011
PP  (5.759 votos e 11 concelleiros);  PSOE (4.005 votos e 8 concelleiros); BNG (1.569 votos e 2 concelleiros) e Outros * (472 votos e 0 concelleiro).

No ano 2.011 teríamos maioría absoluta do PP, pero ollo que está collida de novo polos pelos, pois o último concelleiro do PP entra cun divisor de 523,5 e o BNG ten un divisor de 523; polo tanto voltaríamos a unha situación de moita igualdade, máis igualdade que no ano 2.003 (+2 votos no BNG e quitaríalle a maioría absoluta). O PSOE mantense estable nos 8 concelleiros; o incremento de  +240 votos do BNG fai que a diferencia có PP sexa moi pequena. O grupo de Outros desaparecería da Corporación.

Conclusións.

1º)  O PP non é tan beneficiado como eles e os seus rivais pensan; isto denota que nin uns, nin os outros fixeron contas,... Podería existir un problema interno dentro do PP, pois a parte rosaleira vai incrementando o valor relativo dos seus apoios electorais dentro do partido, pasando dun 44,8% no 2.003 a un 46,9% no 2.011,... por decilo doutro xeito, a maioría dos votantes do PP serían rosaleiros. Polo tanto, posiblemente o alcalde do concello unificado se o PP gaña as eleccións, sería un rosaleiro.

2º)  Dentro da filas do PSOE, o peso da sección guardesa sería indiscutible, pero a sorpresa está que a sección de Oia tería máis peso que a rosaleira. A sección oiense representaría sobre o 19% dos votos do total; a sección guardesa no ano 2.003 tiña un valor relativo do 63,8%, e no ano 2.011 xa é do 67,3%; ou sexa a maioría dos votantes socialistas son da Guarda.

3º)  Dentro do BNG non hai trocos que sorprendan, o peso relativo entre a sección guardesa e rosaleira e prácticamente de equilibrio; ainda que nos últimos resultados do 2.011 entra tamén a sección oiense.

4º)  O mínimo de votos para entrar na Corporación do Concello Unificado estará sobre os 550 para ter seguridade; con algo menos de votos xa se entra no xogo de revisar divisores, decimais,... que rematan por beneficia-lo partido máis votado.

5º)  O factor do “club dos 1.600” que explicabamos o outro día, nesta situación queda diluido. Explicabamos que este “club dos 1.600” son votantes que existen na Guarda e oscilan básicamente entre votar PP, PSOE, formacións pequeñas ou absterse,... na Guarda teñen a capacidade de elexir de 4 a 5 concelleiros. Pero nun concello unificado o seu valor queda en decidir 2 concelleiros,.. e moi probablemente os que decanten a maioría para un lado, ou para o outro. Claro que tamén podería existir a opción que o “club dos 1.600” medre en Oia e no Rosal.

6º)  Os grupos pequenos levan anos desaparecidos do Rosal; mentras que na Guarda e Oia aparecen, desaparecen,... pero sempre teñen un certo espacio electoral. A dinámica electoral no Rosal é moi rixida, mentrás que A Guarda e Oia teñen unha dinámica más flexible; Oia é moito máis dinámica electoralmente do que moitos pensan, entre eles moitos oienses.

                A conclusión final é que os tres argumentos anteriores, que sempre nos dan varios exconcelleiros son falsos,... unha cousa son os seus desexos, as suposicións,... e outra moi distinta son os datos e face-los cálculos con eles, estudiar-los resultados,... Moi posiblemente, estas 5 conclusións nunha votación real sexan máis complexas,... pois ata o de agora os veciños só recibían propostas electorais para cada concello en particular e votaban pensando no seu concello,... pero cunha nova realidade as mensaxes deben trocar, a forma de pensar tamén,... e posiblemente os resultados sexan moi distintos, pois o “factor Alcalde” ten un arrastre moi importante nos votos, só hai que estudia-lo que acontece no Rosal, onde o seu Alcalde fai acad-los mellores resultados do PP, con bastante diferencia sobre outro proceso electoral.

 Mirador do Monte Ancos, a 05  de Xullo do 2.013.

Fernando  Idea  Cuadrada.  Profesor universitario de Teoría Política en la Universidad de Arroyo del Cabrón (Zamora; España)


No hay comentarios:

Publicar un comentario