martes, 9 de julio de 2013

Paro en Xuño 2.013


CHANCHONADA  102º

Paro en Xuño 2.013.




Datos do desemprego de Xuño do 2.013; o estudio que facemos nos concellos do Baixo Miño, pecha o mes de Xuño cun saldo -219 desempregados, o paro baixa nas cinco localidades, especialmente en Tomiño.

 A Guarda  en Xuño de 2.013  = 1.001 parados  (Homes 497 e Mulleres 504)
                Menores de 25 = 66 (Homes 33 e Mulleres 33)
                Entre 25 e 44 = 523 (Homes 250 e Mulleres 273) (52,24% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  412 (Homes 214 e Mulleres 198)

                Agricultura = 153
                Industria = 144
                Construcción = 129
                Servicios = 506  (50,55% do total de desempregados)
                Sin emprego =  69               

Na Guarda o paro baixa en 50 persoas, a creación de emprego é para tódolos sectores de idade e sexos, excepto o grupo de feminas de +45 anos, que medra o paro en unha persoa, hai +37 empregos na poboación masculina e +13 na feminina. Baixa o grupo de entre 25 e 44 anos, con 24 novos empregos; baixa o sector xuvenil con +10 empregos e baixa o paro no sector da poboación máis madura (>44 anos) con +16 empregos. Tódolos sectores aportan subidas, +4 na agricultura e pesca, +7 no grupo de sen emprego anterior; crea +2 empregos a industria, +12 a construcción e +41 nos servicios. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -4,76%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -0,49%, con -5 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 54 persoas.

 O  Rosal  en Xuño de 2.013  = 764 parados  (Homes 369 e Mulleres 395)
                Menores de 25 = 58 (Homes 31 e Mulleres 27)
                Entre 25 e 44 = 357 (Homes 174 e Mulleres 183)  (46,73% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  349 (Homes 164 e Mulleres 185)

                Agricultura = 105
                Industria = 139
                Construcción = 150
                Servicios = 322 (42,14% do total de desempregados)
                Sin emprego =  48

No Rosal o paro baixa en 29 persoas, 2/3 do emprego creado foi no sector masculino, e 1/3 no sector feminino. Baixa con +1 emprego o sector xuvenil, neste grupo non hai empregos na poboación masculina; baixa o paro no sector entre 25 a 44 anos, con +22 empregos e tamén baixa o paro na poboación madura con +6 empregos. Na agricultura e pesca hai +8 empregos, +1 emprego na industria, +8 empregos na construcción e +16 empregos nos servicios; pero medra o sector de sen emprego anterior, con 4 novos parados. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -3,65%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -3,16%, con -25 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 48 persoas.

 Oia    en Xuño de 2.013  = 346 parados  (Homes 185 e Mulleres 161)
                Menores de 25 = 27 (Homes 18 e Mulleres 9)
                Entre 25 e 44 = 185 (Homes 93 e Mulleres 92)  (53,47% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  134 (Homes 74 e Mulleres 60)

                Agricultura = 47
                Industria = 49
                Construcción = 74
                Servicios = 187  (54,04% do total de desempregados)
                Sin emprego =  37

En Oia o paro baixa en 20 persoas, baixa para ambos sexos, 4/5 dos empregos no sector masculino e 1/5 no sector feminino; o grupo xuvenil, menor de 25 anos hai +2 empregos (o grupo feminino desta idade sube en 2 desempregadas), hai +11 empregos no sector de 25 a 44 anos e +7 empregos no grupos >45 anos. Na agricultura e pesca hai +10 empregos, +5 na industria, +5 na construcción e +30 empregos nos servicios; pero crece en 2 desempregados o sector de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -5,46%, pero o diferencial dos últimos 12 meses, o paro sube un +2,36%, con +8 parados. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 31 persoas.

 Tomiño    en Xuño de 2.013  = 1.770 parados  (Homes 869 e Mulleres 901)
                Menores de 25 = 149 (Homes 76 e Mulleres 73)
                Entre 25 e 44 = 854 (Homes 406 e Mulleres 448)  (48,25% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  767 (Homes 387 e Mulleres 380)

                Agricultura = 184
                Industria = 284
                Construcción = 338
                Servicios = 824  (46,55% do total de desempregados)
                Sin emprego =  140
           
En Tomiño o paro baixa en 84 persoas, hai creación de emprego en tódolos grupos de idade e sexos, de feito caseque o 40% dos empregos xenerados na comarca son en Tomiño; +50 empregos no sector masculino (2/3) e +34 empregos na poboación feminina. Hai +20 empregos no sector menor de 25 anos, +43 empregos na poboación de 25 a 44 anos e +21 empregos na poboación >45 anos. Creánse +16 empregos na agricultura, +14 na construcción, +42 nos servicios e +7 no sector de sen emprego anterior, a industria xenera +5 empregos. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -4,53%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +46 parados, un +2,6%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 89 persoas.

 Tui    en Xuño de 2.013  = 2. 291 parados  (Homes 1.044 e Mulleres 1.247)
                Menores de 25 = 183 (Homes 110 e Mulleres 73)
                Entre 25 e 44 = 1.189 (Homes 529 e Mulleres 660)  (51,89% do total de desempregados)
                Maiores de 45 =  919 (Homes 405  e Mulleres 514)

                Agricultura = 88
                Industria = 403
                Construcción = 360
                Servicios = 1.165  (50,85% do total de desempregados)
                Sin emprego =  275
           
En Tui o paro baixa en 36 persoas, baixa especialmente no sector feminino (3/4 dos empregos creados); hai +4 empregos no sector menor de 25 anos, +33 empregos no sector de 25 a 44 anos e lamentablemente crece en un desempregado o sector de >45 anos. A agricultura só xenera +1 emprego, +11 empregos na industria e +32 empregos nos servicios; pero medra o paro no sector de sen emorego anterior con un parado máis, e tamén medra na construcción con 7 parados novos. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -1,54%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego sube en +144 parados, un +6,28%. No que vai de ano 2.013 o desemprego baixa en 25 persoas.


                Queremos felicitar ós 219 veciños que teñen un emprego. Pero hai desaxustes que indican que as cousas non marchan ainda ben. Neste mes tódolos concellos xa entrar en creación de emprego no que vai de ano. A creación de emprego é moi pequena en Tui, 36 empregos creados son o 16% do total, con ter unha poboación similar  A Guarda máis O Rosal ambos xeneran o 36% dos empregos. Crece o paro no sector de sen emprego anterior nos concellos do Rosal, Oia e Tui; destacan a creación de 5 novos desempregos na industria de Tomiño e os novos 7 parados na construcción de Tui. A Guarda e Rosal teñen nestres intres un paro inferior ó mes de Xuño do 2.012, os outros ainda están por riba; a industria pesqueira debería ter creado máis empregos, pero este ano non aparecen.

Mirador do Monte Ancos, a 09  de Xullo do 2.013.

Miguel  Mato  Mucho.  Director Ejecutivo de la Funeraria “El Descanso Eterno”, con sede central en Calaveras de Arriba y Abajo (León; España).





No hay comentarios:

Publicar un comentario