viernes, 26 de julio de 2013

Militantes humillados


CHANCHONADA  110º

Militantes humillados.




         Xa é tal o descrédito dos partido políticos na España, que a inmensa maioría dos seus militantes viven como denigrados e senten que a súa militancia política é como un estigma social; pero debemos recoñecer que a inmensa maioría deles son persoas honradas e traballadoras,... que eles non teñen a culpa da falla de honorabilidade dos altos cargos dos seus partidos. A pesar da libertade política que temos, hoxe hai militantes que teñen que esconde-la súa condición de afiliado a unha agrupación política.


                Algunhas veces aquí neste “Mirador” xa falamos da importancia das formas,... os feitos son importantes, pero as formas de face-las cousas tamén,... Os nosos vellos tiñan o refrán: “o ben feito, ben parece”. Pero os altos cargos políticos, altos cargos institucionais, altos funcionarios,... xa levan moitos anos que esqueceron a importancia das formas, das apariencias, dos modais,... así comenzan a facer cousas que son legais, pero igual non son moi éticas, e posiblemente non sexan moi xustas. Pois moitas veces as cousas poder ser perfectamente legais, pero non ser xustas,... ambos conceptos non son o mesmo: unha persoa rouba pan para dar de comer a súa familia; un alto cargo apropiáse de fondos públicos, o primeiro vai para a cárcel durante anos, ó segundo non ten pena de cárcel; isto é perfectamente legal,... pero moitos cidadáns dudamos da súa xustiza.


                Que o Presidente do Tribunal Constitucional poida ter militancia política, pode ser perfectamente legal, pero isto é de moi dudosa ética, de escasa xustiza,... e dende logo de moi malas formas. Sabemos que a Lei esixe independencia política ós xuizes e maxistrados, que non sexan militantes de partidos políticos,... pero poden pertencer a asociacións profesionais que teñen unha liña ideolóxica moi achegada a deerminados partidos políticos,... ¿Non é isto unha militancia encuberta?.

¿Realmente o Presidente do Tribunal Constitucional pode ter militancia política?. Nós creemos que NON,             NON   PODE   TER   MILITANCIA   POLÍTICA.

Artígo 159º da Constitución  (Título IX sobre o Tribunal Constitucional).
2.- Os membros do Tribunal Constitucional deberán ser nomeados entre maxistrados e fiscais, profesores de Universidade, funcionarios públicos e abogados; todos eles xuristas de recoñecida competencia, con máis de 15 anos de exercicio profesional.
4.- A condición de membro do Tribunal Constitucional é incompatible: con todo mandato representativo, con cargos políticos ou administrativos, có desempreño de funcións directivas nun partido político ou nun sindicato e có emprego ó servicio dos mesmos, có exercicio das carreiras xudicial e fiscal, e con calquera actividade profesional ou mércantil.
Ademáis, os membros do Tribunal Constitucional terán as incompatibilidades propias dos membros do Poder Xudicial.
                Polo tanto para ser membro do Tribunal Constitucional, colleremos profesionais do Dereito de dous sectores distintos:
A)     Da carreira xudicial, podendo ser maxistrados ou fiscais.
B)      Profesionais do Dereito, que exercen a docencia, actúan na Administración ou teñen o Dereito como unha actividade profesional privada.
Estes últimos poden ser militantes nun partido, nun sindicato,... ¡¡Ollo ó punto final do apartado 4 que temos resaltado!!, pois ós membros do Tribunal Constitucional terán as incompatibiliades propias do Poder Xudicial, as mesmas están recollidas no artigo 127º da Constitución:
Artígo 127º da Constitución  (Título VI sobre o Poder Xudicial).
1.-  Os xuizes e maxistrados, así como os fiscais, mentrás están en activo, non poderán desempeñar outros cargos públicos, nin pertencer a partidos políticos ou sindicatos.
                En conclusión, o actual Presidente do Tribunal Constitucional non complíu coa Lei, pois antes da súa elección xa debería ter cesado na súa militancia,... e este profesional de recoñecida competencia no mundo do Dereito non alegar que descoñece a Lei,... Pero si que moitos xornalistas deberían de verificar si o que dín os políticos e altos cargos é realmente verídico, ou lle faltan partes importantes na argumentación legal que dan,...  Pero, resulta noxento ver como os membros do Tribunal Constitucional “esquecen” a notación final do apartado 4 do artigo 159º, isto denota gañas de engañar,.... despois de toda saben moi ben que o 99% dos periodistas tragan e calan.
            Poderíamos aceptar que isto fose legal, despois dunha interpretación moi tortuosa destes dous artigos da Constitución,… Xa tivemos a un ex-presidente dunha Comunidade autonoma como membro do Tribunal Constitucional,... Pedi-la baixa do partido podería ter algo de hipocresia, seguramente si, pero dende logo sería moito máis ético.

                ¿Qué pasa cós altos funcionarios?, legalmente os funcionarios deben actuar con independencia política, a Lei non lles impide militar nun partido político, ser un cargo electo,... ¿Non hai unha certa contradicción nisto?. Tamén temos moitos funcionarios que actúan con descaro de acordo ós intereses do partido donde militan, actúan na súa vida profesional movidos por pautas de ideoloxía política,... Normalmente, este dous tipos de funcionarios son os que sempre medran a postos que requiren unha designación política. Sobre eles deberíades de voltar a lee-la 51º do 23 de Marzo.

                Claro que algúns xuizes, maxistrados, altos funcionarios acollense ó artigo 16º, 2.- da Constitución: “nadie poderá ser obrigado a declarar sobre a súa ideoloxía”. Vamos señores, unha cousa é a idoloxía e outra moi distinta a militancia política. Tódolos cidadáns teñen a súa ideoloxía política, maís escorada a un lado ou a outro,... pero moi poucos teñen militancia. De acordo coa Constitución, o Tribunal Constitucional é o máximo órgano controlador da legalidade do funcionamento do Estado a tódolos niveis; ¿pero quén controla ó controlador?,... ou sexa no fondo estamos ante o vello aforismo de ¿quén vixia ó vixiante?

                Pois aquí temos un dos temas, problemas ou cuestións que necesitan de reforma na Constitución,... Hai certo partido político que leva varios anos cacarexando sobre facer unha reforma constitucional para introducir novos problemas,... Pero cando son preguntados sobre como solucionar certos problemas que xa temos, como este,... a resposta e por cara de parvo e calar.

                Con isto, cada día é máis normal que moitos cidadans e militantes de base pensan que: os altos cargos políticos están para crear problemas, non para solucionalos.

            Recomendamos que vexades a película mexicana: “La Ley de Herodes” de 1.999; segue estando moi vixente, a pesar que transcurre en México.


Mirador do Monte Ancos, a 26  de Xullo do 2.013.

Aquiles Cuatro Verdades. Profesor de Derecho Fiscal Internacional en la Universidad de Joder (Condado de Sioux, Nebraska; USA).



No hay comentarios:

Publicar un comentario