CHANCHONADA 99º
Dilema moral.
Cando estudiabamos filosofía, o profesor
recalcaba varias veces os problemas de dilemas morais, por exemplo o famoso
dilema: ¿roubar pan para darlle de comer á nosa familia?; todos sabemos que
roubar é eticamente malo, é un delito,... pero para a inmensa maioría da xente
é un deber máis ético, máis alto alimentar á súa familia. Polo tanto, o dilema é un problema onde temos
motivos éticos e moraís para optar entre dúas solucións que están en conflicto
entre elas,... polo tanto non podemos optar por ambas ó mesmo tempo,
debemos aceptar unha delas.
Sempre
ó longo da nosa vida, temos diante dilemas morais, a maioría dos mesmos son
sinxelos de resolver,... pero outros son máis complicados. Imos por exemplo con
un dilema profesional:
“Temos
a un profesional de longa traxectoria laboral dentro da súa empresa, a cal é
moi coñecida e respetada na cidade e pobos cercanos. A profesión do noso protagonista é ser xornalista, buscar
noticias, informar con veracidade, alenta-la transparencia, non vende-la súa libertade
de información,... Pero este
profesional xa fai moitos anos que abandonou estes principios éticos,
conforme pasaron os anos de exercicio profesional, foi descubrindo que unha
cousa é a teoría ética da profesión é outra a realidade económica da vida.
Optou
por ser práctico, esquecer certos principos da ética profesional e aceptar que
él só é un vehículo entre as persoas que teñen unha información que comunicar e
o seu medio de comunicación. O noso profesional sabe que a memoria colectiva da
cidadania é de escasa duración temporal, o seu analisís crítico é realizado por
uns poucos,... a inmensa mioría recibe a información, non a discute, non
verifica nada,... e a rematan por aceptar como verídica,... Tamén aprendeu con presteza que os
poseedores da información poden chegar a ser moi xenerosos, que fan bós
regalos, pagan ben,... iso si sempre que publiques a información que eles
entregan, a dos seus competidores debe ser esquecida ou silenciada,...
Despois de todo, quen paga manda.
Pasaron
os anos, o noso profesional prosperou na súa profesión, a súa empresa deulle
máis responsabilidades, unha subida de salario,... e desde ese novo posto de
traballo, con mando, con máis responsabilidade, con capacidade de organización,...
fixo que na empresa entraran a traballar boa parte da súa familia,... así parte
do próspero negocio da información xornalística quedaba ben amparado pola
familia, a cal prolongará no tempo o que él iniciou.
O noso profesional do xornalismo sabe
que o máis importante é dar preferencia ás noticias pseudo-publiciatarias dos
gobernantes locais que ten na súa zona de influencia. Un gobernante lle
aporta 8.000€ por conceptos de publicidade de festas, turismo, outro polos
memos conceptos lle achega 11.000€,... e así ó final de ano o profesional
faille gañar á súa empresa +40.000€ por estes conceptos,... os gobernantes
están contentos e sempre atopan campañas publiciatarias para ese medio de
información,... que suman na conta de beneficios.
O
noso profesional xornalístico xa fai moitos anos que resolveu o dilema moral:
prefire ser un xornalista mediocre, vendido ó poder e ás súas corruptelas,... a
cambio de recibir generosos fondos
económicos, que en plena crisis económica nunca son recortados,... pois sabe
ben, que os gobernantes sempre atoparán outros gastos onde recortar,...
Xa fai moitos anos que chimpou a ética profesional no cubo do lixo, pois sabe
ben que moitos profesionais con ética profesional levan anos facendo cola na
oficiña do desemprego.”
Agora
chega a época estival, unha tempada moi propicia e rentable para o noso
profesional do xornalismo; os gobernantes sempre estarán nas fotos da festa de
turno, do acto cultural de turno, na subida da bandeira azul da praia, na
visita turística dun alto cargo do Goberno,... e o noso profesional ali ben
presto para face-la foto, recolle-la catro frases ben fermosas pero valeiras de
contido,... O realmente importante é
o balance contable das gañancias a final de ano.
Tránquilos
amigos lectores, nunca ides a descubrir nos orzamentos das nosas localidades
unha partida que poña o apunte nomitativo: “Gastos de publicidade al medio de
comunicación XL = cantidad de X miles de €”. Os nosos gobernantes son algo
tontos, pero non parvos,... Outro día xa falaremos do “home do saco”.
Felicidades
para os amigos “gringos” no seu 4 de Xullo; felicidades para os pamploneses que
festexarán San Fermín,... A todos eses amigos que nos ollades dende diferentes
lugares do mundo, debedes saber que neste
fin de semana, na Vila da Guarda tamén haberá festa en honor da Langosta,... se algún día podedes achegadevós
a estas terras miñotas, somos xentes hospitalarias e descubriredes un fermoso
rincón da Península Ibérica.
Mirador do Monte Ancos, a 03 de Xullo do 2.013.
Alberto Comino Grande. Profesor
de Etica en la Facultad
de Psicología de la
Universidad de Villanueva del Pardillo (Madrid; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario