martes, 30 de julio de 2013

A caída do Imperio


CHANCHONADA  112º

A caída do Imperio.



              Hoxe imos a facer un pouco de historia, imos a falar de certa persoa (non lle imos a poñer nome). Eran os anos inmediatamente posteriores á guerra civil, o noso protagonista sempre estivo moi perto do bando vencedor, loitou nese bando, iso sí servindo a un importante xeneral, e xunto a él fixo moitos contactos e “amigos” que logo seguíu cultivando no seu interese particular.

                Xa no pobo, nese anos de posguerra, inicíase como comerciante e tamén como “estraperlista” (contrabandista, baixo a protección de certos mandos militares, era intocable para as forzas da Lei). En poucos anos xa era un importante comerciante e empresario de diversos sectores, pero nunca olvidaba agradecer ós seus amigos do exército, a funcionarios que axilizaban papeis, a mandos políticos,... había que en engrasa-la maquinaria. Así o nosos protagonista creou un “pequeno imperio comercial e industrial”.

                Pero os anos pasan para todos, todo o imperio pasou a máns dos fillos; pero o imperio xa non medrou, os fillos sobre todo consolidaron o poder económico social, acrecentaron as redes de influencia políticas,... Pero os anos seguiron pasando e as empresas pasaron as mans dos netos,... os signos de decadencia que había na época dos pais, aquí xa eran problemas irresolubles, os netos venderon as empresas, mal gastaron o capital en luxos,... e noxe apenas queda nada daquel explendor que con esforzo creara o avó.

                Así pechouse o triángulo que expresa moi ben o seguinte dito: “Abuelo bodeguero, hijo caballero y nieto pordiosero”. Os fillos xa non foron capaces de medrar, pero facían ostentación da riqueza, escondían as orixes humildes,... pero os tempos ían trocando a realidade social, cultural, política do seu pobo natal,... pero eles non eran capaces, ou non quixeron adaptarse a eses trocos. Logo chegaron os netos, foron criados na opulencia, no bo vivir, non tiñan cultura de esforzo, de sacrificios, de innovación,... pero iso sí sabían esquiar na mellores estación de inverno, ían en iates ó Caribe, tiñan pisos en Paris,... e cando tomaron o mando das empresas, delegaron todo en mans de empregados, pois eles estaban moi ocupados disfrutando da vida regalada e cara que levaban.

                En poucos anos todo aquilo acabouse, as empresas ou están pechadas, mal vendidas,... Daqueles apelidos nomeados con respeto, veneración e temor,... xa non queda nada,... incluso os netos viven lonxe, pois a súa soberbia lles impide levar unha vida normal entre aqueles veciñós que durante moitos anos eles despreciaron como se fosen inferiores, porque eran empregados,...

            Todo o que sube remata por baixar, tódolos imperios rematan por cair,... Nestes últimos 40 anos nas terras miñotas temos visto moitos exemplos disto, cada lector pode poñerlle o nome que estive oportuno, de moitos sectores empresariais, comerciais,... Na caida influén básicamente dous elementos: a falla de preparación do relevo xeracional e a falla de adaptación á realidade cambiante do entorno económico e social. Mentrás nós escribimos isto e ti o lees; estase a producir a caida silenciosa da nova tandada de grupos empresariais familiares, do sector da construcción, do sector da pesca de altura, do sector de material de construcción, das bodegas de viño, do sector inmobiliario,...

                Algúns na súa soberbia, na súa incapacidade para acepta-la realidade, neganse a baixar do mercedes, BMW,... pero os seus impagos corren de móvil en móvil,... Tan importante como as formas tamén é o contido; a pesar de guarda-las formas e as apariencias,... é imposible tapar que xa non hai contido, o seu tempo xa morreu.

            Para rematar, os nosos veciños pasamos un fin de semana cargo de luto polas victimas do accidente ferroviario en Santiago. Pero voltamos a recalca-la importancia das formas e do contido; está moi ben guarda-las formas do luto oficial, poñe-las bandeiras a media asta e con crespóns negros,... pero tamén hai que respeta-lo contido do luto. ¿Porqué non se suspenderon certos actos festivos?, nós entendemos que isto é unha señal de moi mala educación; todos entendemos que certos actos lúdicos e festivos deberían ser suspendidos e feitos en datas posteriores.

                Os tempos mudan, as formas que teñen algúns de facelas cousas non; se non son capaces de adaptarse ós tempos,... logo os tempos os borrarán.

 Mirador do Monte Ancos, a 30  de Xullo do 2.013.

Segundo  Primo  de lo Reyes.  “Marqués del Usted no sabe Quien soy Yo” (Manteca; San Joaquín; California; USA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario