jueves, 3 de enero de 2013

Demografía Municipal.



CHANCHONADA  13º


Demografía  Municipal.





        Varias persoas fixeronnós preguntas sobre o porqué de inclui-la cuestión dun concello unificado; nós non imos a entrar en debates políticos, simplemente facemos calculos matemáticos de diversas materias e os comparamos, logo en función dos resultados plantexamos cal é a mellor solución, a máis viable,...

Pero imos a explicar un par de conceptos básicos para que todos teñamos unha comprensión clara; un concello definese principalmente por dúas facetas: territorio e poboación. Se non temos territorio non existimos físicamente, pero se non temos poboación somos un espacio físico valeiro. O proceso de perder territorio é un proceso xeolóxico que necesita moitos milenios para cambiar,... polo tanto a nivel da duración dunha vida humana non consideramos esta variable; pero a poboación pode variar moi rápidamente; cando un pobo, cidade,... perde todoa a súa poboación desaparece como tal, e isto pertence ó campo do estudio da demografia.

Dos 315 concellos galegos hai 199 que teñen menos de 5.000 habitantes (63% do total), a inmensa maioría deste concellos teñen perdido poboación nos últimos 30 anos,... ¿Qué acontece se seguen nesta dinámica demográfica?; primeiro seguen a perder poboación, esta voltase máis vella, hai menos nacementos (ou ningún), aumenta a mortalidade (aumenta a perda de poboación), a economía local xenera menos actividade pois a maioría son xubilados, hai menos emprego e os mozos emigran,... este circulo vicioso remata con ter poucos habitantes e todos moi vellos,... O final é que un empregado da funeraria un día indeterminado pon un cartel na casa do Concello: “¡¡Pechado por defunción do último habitante!!

Este é un dos tres maiores problemas de Galicia, gran parte do seu territorio está en proceso de desertificación (perda de habitantes), este proceso xa leva moitos anos, en varios concellos ourensans e lucenses o problema xa é moi grave,... e de moi dificil solución. Por sorte para a nosa bisbarra este problema está dando os seus primeiros sintomas, polo tanto aínda estamos a tempo de porlle remedio. En caso contrario entraremos na dinámica antes exposta, entraremos no que en demografía denomínase como “inverno demográfico”: a perda de poboación continuada durante un longo período de tempo, ata que a poboación desaparece.

Aquí temos unha gráfica da poboación dos nosos concellos nos últimos 31 anos:
A Guarda :  (1.981)  9.548 habitantes,  (2.012)  10.453 habitantes; saldo  +905 habitantes  (+9,46%)
Oia :  (1.981)  3.095 habitantes,  (2.012)  3.101 habitantes; saldo  +6 habitantes  (+0,19%)
O Rosal :  (1.981)  5.788 habitantes,  (2.012)  6.574 habitantes; saldo  +786 habitantes  (+13,58%)
Unificado : (1.981)  18.431 habitantes, (2.012)  20.128 habitantes; saldo +1.697 habitantes  (+9,2%)




            Neste período de 31 anos, atopamos a sorpresa, que Oia non é capaz de crecer en poboación, e todo isto con épocas de gran expansión económica; polo tanto xa leva tempo dando sintomas de esgotamento demográfico; se non eres capaz de crecer, o seguinte paso é comenzar a perder poboación, logo ven o deterioro da situación económica, isto leva a mingüa de recursos tributarios para o concello,... xa entramos dentro do círculo vicioso. Por sorte o problema aínda non é grave e estamos no intre de tomar medidas.

            Para facer crece-la poboación dun territorio hai 4 formas:
            1º) Falsea-los datos do padrón de habitantes; como o padrón de habitantes é un documento público o funcionario municipal cometería un delito de falsedade de documento público (art 390º do Código Penal); pero ademáis non aumentamos a poboación real. Como solución non é válida.
            2º)  Incentiva-la inmigración; para atraer a poboación de outros territorios hai que por unha oferta de postos de traballo, de condicións de vida, ofrecer servicios a esta poboación,... Dada a situación económica actual, non temos traballo para 2.000 veciños, e menos para os de fóra. Como solución non é válida.
            3º) Incentiva-la natalidade dos residentes; para que a poboación en idade de ter fillos, tomen tal decisión, un dos factores máis importantes é ter traballo e estabilidade no mesmo; hoxe temos 2.000 veciños en desemprego, o traballo e moi precario, os soldos baixos,... polo cal pensar nun crecemento vía natalidade é moi díficil. Como solución non é válida.
            4º)  Unifica-los 3 concellos; pasamos a ter un territorio máis extenso e unha poboación moito maior; de momento cós datos que vemos teremos crecemento de poboación; non solucionamos o problema de fondo, pero gañamos tempo para comenzar a poñe-las bases para en 3 a 4 anos activa-las solucións dos apartados 2º e 3º. Como solución hoxe é válida.

            Sabemos que contra isto están as mentalidade pro-localistas a ultranza; pois imos a ver que nos amosan os datos matemáticos das estadísticas demográficas; para elo imos a compara-la pobación total de cada concello, en relación cóa poboación que naceu nese concello (grupo ó que pertencen os pro-localistas)

A Guarda :  (1.998)  9.919 habitantes, 7.855 (nacidos no concello)  (79% do total)
(2.012)  10.453 habitantes; 7.377  (nacidos no concello)     (70%)
Oia :  (1.998)  2.956 habitantes,  2.461 (nacidos no concello)    (83% do total)
(2.012)  3.101 habitantes,  2.178  (nacidos no concello)    (70%)
O Rosal :  (1.998)  5.807habitantes,  4.442 (nacidos no concello)  (76% do total)
(2.012)  6.574 habitantes ,  4.210  (nacidos no concello)   (64%)


            Fai 14 anos, o concello de Oia era o que tiña un procentaxe máis alto de poboación residente que era oriunda do mesmo concello; mentrás que O Rosal rexistraba o porcentaxe máis baixo. Despois deste tempo, a día de hoxe; tanto a Guarda como Oia teñen porxentaxes similares, o 70% da poboación é oriunda, nestes anos este grupo de poboación perdeu peso específico; pero onde a perda foi maior e no Rosal, a día de hoxe só o 64% son oriundos do mesmo concello (por dicilo de outro xeito 1 de cada 3 rosaleiros non naceu no Rosal, a maioría destes son nados na Guarda).  Prolongando no tempo (ano 2.024 a 2.026) esta pauta matemática, obteremos que a metade da poboación do Rosal non será oriunda dese concello.

            En conclusión nestes 30 anos houbo un proceso continuo e sen pausa nos nosos concellos de perda de peso relativo da poboación oriunda (nacida no mesmo concello), deixando lugar a outra que proven de outros concellos galegos, de España e do extranxeiro;... pero o grupo maís importante e dos concellos veciños do Baixo Miño. Polo tanto cada vez temos menos oriundos (menos pro-localistas) e máis unha mixtura poboacional procedente dos concellos veciños.


            Ante un probelma podemos facer duas cousas:
A)      Autoengano; isto é taparnos os ollos e non querer olla-la realidade; pero a realidade é moi terca e seguirá ahí; como non facemos nada, sabemos que os problemas non se resolven sós, pero có paso do tempo estes voltanse máis graves. Por desgracia, esta é a postura na que están os nosos gobernantes locais (dos 3 concellos) e cada vez menos veciños.
B)      Cara a cara; afronta-la realidade, estudia-lo problema, evalua-los recursos dispoñibles, colle-las solucións máis realistas e leva-las a termo; isto conleva sacrificios electorais, esforzos económicos, amplos consensos sociaís,... Pero cando solucionemos o problema, outros ainda estarán na fase A.


 Os señores gobernantes do PP, PSOE, BNG,... e outros que fagan o que queiran, pero un dos problemas máis graves é que Galicia leva varias decadas camiñando alegremente polo camiño da súa morte demográfica; esconderlle os problemas e a realidade á sociedade non é darlle solución. Para 1/3 do territorio galego (eixo Ferrol-Tui) o problema ainda non é grave, e a solución é doada; pero para o resto do territorio o problema é grave e para a nosa desgracia as solucións tampouco son doadas.


Mirador do Monte Ancos, a 03  de Xaneiro do 2.013.


Tecla  Letra  Grande.  Profesora de Ingenieria Informática, en la Universidad Politécnica de Arroba (Ciudad Real; España).


No hay comentarios:

Publicar un comentario