CHANCHONADA 14º
Menos falar, e máis facer.
Nestes días o noso compañeiro “Johannes Kuhn Pfeiffer” ten exposto os seus traballos
sobre os diversos estudios comparados dos orzamentos municipais, dos impostos
locais,... da Guarda, Oia e Rosal.
Imos a explicar unha cousa para
que todos a teñamos moi clara, todo orzamento non é máis que unha previsión
económica; o realmente importante é a liquidación das contas
a final de ano, pois é o documento administrativo onde quedan
refrexadas a realidade contable final, pois unha cousa son as previsións e
outra a realidade. Pero os nosos políticos locais pelexan e discuten polo
orzamento, sobre o mesmo fan debates esteriles e inutiles, onde evidencian os
escasos ou nulos coñecementos económico-contables que teñen,...
Para que en entandamos a
importancia da liquidación das contas, imos a expoñe-lo exemplo do presupostado
polo Concello da Guarda para o ano 2.011 e como quedaron as contas a final de
ano. O que primeiro vemos é que o
orzamento dese ano tivo 30 modificacións, polo tanto temos que ir
adaptando o orzamento á realidade, pois o máis importante é a realidade. Outro
exemplo, nese orzamento había unhas
previsións de ingresos de 6.401.210€, pero logo o finalmente ingresado foi de
5.574.459,62€; ou sexa só ingresouse o 87% do previsto,
sobre isto quitamos as seguintes conclusións:
A)
Os ingresos previstos no
orzamento estaban inflados, non había correspondencia entre a previsión coa
realidade económica e social.
B)
Para que os ingresos sexan baixos, supon que hai
contribuintes que non aportan a súa parte correspondente á facenda municipal.
C)
En base ó apartado anterior, entón falamos dunha mala
xestión tributaria da facenda municipal.
A ese documento de liquidación
das contas do Concello, hai un documento anexo, é o informe do Servicio de
Intervención municipal; este informe posúe varias “xoias” que imos a destacar
para que todos as coñezan:
1º) Páxina 8º. Fala da estimación dos saldos de
dubidoso cobro, ou sexa aquelas cantidades que están pendente de ser cobradas
pola facenda municipal, pero que pasan os anos e non son cobradas. “O criterio
para dota-la provisión de insolvencias, realizase de forma moi pouco
rigurosa”. Isto quere dicir que os 2.016.793€ deste apartado,
non hai por parte da facenda municipal un actuar para que sexan cobrados.
2º) Páxina 9º. “O resultado
orzamentario axustado foi de -363.875,21€”. Ou sexa as contas ó
final de ano tiveron unhas perdas por ese importe, foron maiores os gastos cós
ingresos; evidentemente para asumir estas pérdas hai que recurrir a xerar
débeda con terceiros.
3º) Páxina 13º. “O funcionario da Intervención observa
unha estructura administrativa moi deficitaria, tanto en recursos
materiais como persoais, o que dificulta as tarefas administrativas propias do
control interno, encargada de fiscalizar todo acto económico-administrativo”. Se non hai control, entón temos o
contrario (descontrol);
se non controlamos moi ben como gastamos os nosos diñeiros públicos, ó final
sempre imos atopar con máis gastos dos esperados, máis débedas,... e polo tanto
un empeoramento da situación económica. ¿Qué é o responsable deste descontrol?,
en primeiro lugar o goberno municipal e en segundo os funcionarios da área da
facenda municipal.
4º) Páxina 15º. O responsable do Servicio de
Intervención expón unha serie de pautas a seguir no control, execución e
previsión das contas do Concello. “Achega-los ingresos obtidos pola
prestación de servicios a cargo do Concello ó seu custe efectivo”,
todos entendemos que isto supón que os servicios que presta o Concello deben
ter un ingreso que se axuste ó custe real; ¡¡non hai servicios gratis, pois
todos teñen un custe económico de diñeiro público!! Polo tanto quere dicir que
agora estánse a prestar servicios moi por debaixo do seu custe, ¿porqué o
responsable da facenda municipal non explica isto?. “Actualiza-los padróns e as ordenanzas fiscais, modificando os tipos
có fin de axusta-los ó precio de mercado”. O Servicio de Intervención
suxire que hai marxen para subir impostos (nisto nós discrepamos), pero tamén
dí que hai apartados das ordenanzas fiscais para cobrar, pois hoxe hai cousas
polas que non se cobra, e os servicios que presta o Concello non son gratis
(nisto estamos de acordo).
5º) Páxina 16º. O responsable do Servicio de
Intervención expón unha serie de pautas para aumenta-lo control sobre os
gastos. “Implementar medidas
tendentes a racionaliza-lo gasto e a sua optimización, en especial no referente
ó gasto de persoal”. Quero entender que hai que facer un control sobre
os horarios de traballo do persoal municipal, sobre as remuneracións extras que
perciben, pluses de productividade,... ¡¡Meu Deus!! En 30 anos ningún concelleiro, alcalde,... osou poñer disciplina a
estes empregados, fai pouco falou disto un concelleiro novato recén
chegado ó Concello e todos o morderon como cans rabiosos. Pois os cans con
rabia, ou se curan ou se sacrifican. “Implicar
a tódolos centros de xestión no seguimentos das prestacións que fai o Concello,
para optimizalos recursos”. Que quere dicirme o Servicio de
Intervención, que os centros de xestión do Concellos non están implicados cós
servicios que prestan, non administran os nosos diñeiros con dilixencia, que
non prestan atención ó seu traballo,... Eu digo que si non fan ben o seu
traballo, non se son utís, polo tanto deberían deixa-lo seu posto a outros máis
competentes.
6º) Páxina 16º. O responsable do Servicio de
Intervención expón unha serie de pautas para aumenta-lo control sobre os
gastos. “Reducción dos gastos superfluos”.
Isto quere dicir que cós anos de crisis que levamos, ainda hai gastos
innecesarios nas contas do Concello; ¿cales son?, ¿qué contía teñen?,... Para
aqueles que descoñezan estes datos, poden e deben lee-lo ortigo que temos sobre
os gastos innecesarios da Festa da Langosta. Pero por exemplo un gasto
innecesario é por un monumento novo alá na zona de fonte quente, os continuos
agapes, pinchos solicitados,...
Agora os nosos lectores entenden
que un orzamento é importante, pero moito máis é que o din a liquidacións das
contas; por facer un simil con estas datas nas que estamos, o orzamento son os
compromisos que fago a primeiro de ano de ir ó ximnasio, de camiñar máis,
deixar de fumar,... pero a liquidación de contas é o documento que demostra dun
xeito clariño que parte cumprín e que parte non cumprín. Lamentablemente
obter esta información dos Concellos do Rosal e Oia é moi dificil, ali ainda
queren que estas verdades non sexan do coñecementos dos veciños,
pois saben moi ben que os veciños ignorantes son máis fáciles de manipular.
Mirador do Monte Ancos, a 07 de Xaneiro do 2.013.
Alberto Mate Maduro. Inspector en prácticas del
Consello Galego de Contas, Delegación comarcal de Vilapene (Lugo; España)
Estamos ya en el 2013 y seguro que los ayuntamientos del Biaxo Miño, estaran en este momento haciendo las cuentas del 2012 y maquillando un poco estas con rimel y colorete.
ResponderEliminar