CHANCHONADA 23º
Bens públicos ou privados.
O Domingo estivemos mirando a final do Mundial de
balonman con certa persoa que é directiva do Athl. Guardés; como non podía ser
de outro xeito vibrou coa gran victoria da Selección Española. Como as persoas
deste “mirador” somos ben educadas, fixemoslle chega-las nosas felicitacións
por acada-la organización da Final da Copa de Raiña, de balonman feminino;
chegados a este punto este persoa dixonos as súas verdades sobre este tema en
cuestión.
1º)
Durante todo o proceso de xestión para acada-la organización do citado evento, para nada contaron có apoio do
concelleiro de deporte do Concello da Guarda; é máis os mandatarios do
Concello estiveron ausentes.
2º)
Saben que o pabillón da Sangriña está
obsoleto, ten deficiencias importantes para a categoría na que está o
Athl. Guardés,... que a imaxe que da perxudica ó equipo e á Vila. Pero non
entenden a postura de “non cooperación” coa directiva, cando fixeron pública as
deficiencias que ten o pabellón.
3º)
Esperan e desexan que os mandatarios locais traballen en serio, para lograr facer deste evento deportivo unha gran
campaña de imaxe e promoción da nosa localidade, prestando unha boa
atención ós equipos, directivas, visitantes, medios de comunicación,... É unha
gran ocasión que non se debería de desperdiciar.
Reiteramos
os nosos parabéns para o Athl. Guardés é a súa directiva, xogadoras e
seguidores. Pero lle explicamos ó noso interlocutor que se non hai 1.000€ na
partida de deportes para pagar unha cea coas xogadoras do fútbol feminino, que
o Athl. Guardés non se faga moitas ilusións sobre a aportación do Concello.
Nós
tamén queremos que se cumpran os desexos do punto 3º, pero moito nos tememos
que se faga mal; por desgracia as formas deste goberno municipal non están á
altura do pobo. Fai uns meses a sede do PSOE guardés tivo un problema de
inundación, e os nosos mandatarios do
Concello fixeron uso dun camión e de persoal municipal, para face-la “mudanza”
dos bens privados que teñen na súa sede, para evitar estragos a tan
importantes bens.
Preguntada
por isto, a Sra. Montserrat Magallanes resposta: “un partido político no es
menos que un ciudadano”. Imos paso a paso Sra. Magallanes; primeiro
os bens do Concello son para fins públicos e non para un uso privativo e a
beneficio dun particular; puntualmente e en caso de emerxencia, calamidade,... pode
darselle un uso privado para socorrer a alguen, pero xa que a esa persoa se lle
salvan as súas propiedades, vidas, enseres,... que menos que debería obonar un
certo prezo polo servicio prestado.
Claro
que este tipo de actuacións non son exclusivas dos mandatarios guardeses; certo concelleiro de Oia tamén pon a
disposición dun particular certos medios materiais do Concello, para facer un
uso privado dos mesmos: valeirar unha fosa séptica. A Secretaria do
Concello xa lle advertíu a tal municipe que esta forma de proceder está raiando
o delito de prevaricación. Pero o concelleiro protagonista nunca aclaraou que
fixo cós elementos orgánicos retirados da fosa séptica, ¿onde foron verquidos?.
Estaría
moi ben que os nosos mandatarios puxeran un prezo público, para estes casos
puntuais nos que hai que facer uso de maquinaria, ferramentas, persoal,... municipal
que se pon a disposición dunha persoa ou entidade privada. Ademáis debemos
aclararlle á Sra. Magallanes, nós pensamos que vostede está errada no seu
argumento de resposta. Para nós son máis
importantes os cidadáns que os partidos políticos; os elementos
constitutivos básicos dun Concello son o territorio (termo municipal) e os seus
veciños (cidadáns), os partidos políticos son un instrumento da participación
dos veciños na vida política e social do seu Concello. Un dos problemas deste
país é que os actores secundarios (partidos políticos) adquiriron tal
protagonismo, que se creen estrelas de Hollywood, e non queren devolverlle o
papel principal ó protagonista.
Mirador do Monte Ancos, a 29 de Xaneiro do 2.013.
Ignacio
Cuento Largo. Profesor de la Facultad de Literatura de
la Universidad
de Las Torres de las Cotillas (Murcia; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario