CHANCHONADA 22º
O paro nos nosos concellos
O seguinte son os datos do paro local, no intre
máis baixo que foi Setembro do 2.007, ata Novembro do 2.012 que de momento é o
punto máis alto. Nos imos a facer cálculos, porque todos entendemos e sabemos
que é un problema moi grave que hai que atender.
A) Setembro
de 2.007: é o punto de menos paro
A
Guarda = 473 parados (48%)
O
Rosal =
361 parados (36%)
Oia =
152 parados (16%)
Total
= 986
parados
B) Novembro
de 2.012: é o punto de máximo desemprego
A
Guarda = 1.052 parados (47%) Taxa de
desemprego 15,86%.
O
Rosal =
832 parados (37%) Taxa de desemprego 20,56%.
Oia =
356 parados (16%)
Taxa de desemprego 17,90%.
Total
= 2.241
parados
Sabemos
que a situación non é boa nos nosos concellos, pero onde a situación na comarca
é peor, está en Tomiño, cunha
poboación de 13.604 habitantes (A Guarda e Oia xuntas, aproximadamente),
rexistra un total de 1.805 desempregados (case que tantos parados como
na Guarda e Rosal xuntos). Nin sequera un goberno do BNG atende este problema,
nin o soluciona,...
A Guarda en Decembro de 2.012 = 1.052 parados (Homes 540 e Mulleres 522)
Menores
de 25 = 78 (Homes 34 e Mulleres 44)
Entre
25 e 44 = 589 (Homes 304 e Mulleres 285)
Maiores
de 45 = 395 (Homes 202 e Mulleres 193)
Agricultura
= 165
Industria
= 152
Construcción
= 147
Servicios
= 522 (49,62% do total de desempregados)
Sin
emprego = 76
O Rosal en Decembro de
2.012 = 805
parados (Homes 406 e Mulleres 399)
Menores
de 25 = 65 (Homes 38 e Mulleres 27)
Entre
25 e 44 = 396 (Homes 196 e Mulleres 200)
Maiores
de 45 = 344 (Homes 172 e Mulleres 172)
Agricultura
= 115
Industria
= 123
Construcción
= 151
Servicios
= 365 (45,34% do total de desempregados)
Sin
emprego = 52
Oia en Decembro de 2.012 = 361 parados (Homes 192 e Mulleres 169)
Menores
de 25 = 29 (Homes 18 e Mulleres 11)
Entre
25 e 44 = 194 (Homes 100 e Mulleres 94)
Maiores
de 45 = 138 (Homes 74 e Mulleres 64)
Agricultura
= 44
Industria
= 40
Construcción
= 68
Servicios
= 169 (46,8% do total de desempregados)
Sin
emprego = 40
Este é un problema grave para
todos, debemos destacar que por desgracia onde a taxa de paro é
máis alta é no Rosal, có 20,56% da súa poboación activa, Oia
está nunha situación intermedia, e A Guarda está algo mellor. Pero nós pensamos
que este debería ser a preocupación máis importante dos nosos gobernantes
locais,... Debería, pero despois de 18 meses de lexislatura non vemos que se
dediquen a este problema, nin os gobernos do PP, nin o goberno do PSOE, nin os
partidos da oposición, bueno si que hai unha excepción; a concelleira de Converxencia
Galega na Guarda que no mes de Novembro do 2.012 propuxo facer un plan de
emprego municipal para contratar a desempregados guardeses,... pero os seus
compañeiros de corporación do PP, PSOE e BNG deixaron o tema sobre a mesa pois
teñen que estudialo.
Pois
os membros deste blog, propomoslle a estes corporativos e ós dos outros
concellos veciños, o seguinte estudio práctico: “vivir un ano sen ningun ingreso, coas contas bancarias bloqueadas, e
acudindo á caridade de certas institucións, familiares e amigos para poder
subsistir”. Así aprenderán en carne propia a seguinte máxima: “a
experiencia é a nai de toda ciencia”.
Seguindo
as gráficas, a evolución do número de desempregados,... os nosos cálculos
matemáticos apuntan a un punto máximo para A Guarda en Xaneiro do 2.014; para O
Rosal o teriamos en Novembro do 2.014 e Oia en Febreiro do 2.015. Por desgracia
isto son previsións matemáticas, por desgracia poucas veces se cumpren, sempre
hai unha tendencia a ir pior do esperado. Isto son os datos matemáticos, pero
tras eses números están amigos, coñecidas, familiares, veciños,... todo un
drama, que en calqueira momento pode estoupar nunha revolta social, pois a
moitas persoas se lles está a nega-lo dereito a vivir dignamente, a ter un
futuro,... e todo ten un límite, unha vez se chega a ese punto ou se da marcha
atrás ou se reventa, es isto xa non forma parte das matemáticas.
Mire por onde se miren, este números son moi malos, por iso ests datos aquí expostos nunca os publican no Faro de Vigo, no Atlántico, na Voz,... para evitar que a xente colla medo, tome conciencia,... en resumen son censurados. A nosa desgracia que mentrás 6.000.000 de persoas son sacrificadas na fogueira do paro, os que prenderon a fogueira levanse millonadas a Suiza e outros paraisos fiscais.
Mirador do Monte Ancos, a 27 de Xaneiro do 2.013.
Román Ponte
Alta. Presidente de la Asociación de
Comerciantes e Industriales de Venta de Pantalones, conocida popularmente como
“La Pana”
(Palencia; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario