CHANCHONADA 18º
Evolución dos gastos en bens e servicios dos
concellos nos últimos 27 anos.
Concello de Oia: 3.179 habitantes (censo do
2.011):
1º) En
1.985 o orzamento era de 198.420,29 €; o
importe destiñado a gastos en bens e servicios foi de 57.900,74
€, o 29,18% do ornamento anual;
2º) No ano
2.012 o orzamento municipal foi de 1.282.882,48€; nese ano o importe para
gastos en bens e servicios foi de 749.161,46€; o que representaba o 58,40% do
orzamento anual. Ou sexa agora mesmo de cada 3€ do orzamento, case que
2€ van para os gastos correntes do mesmo Concello; ou sexa o funcionamento
normal do mesmo concello consume case que todo.
3º) Nestes 27 anos o orzamento municipal de Oia
multiplicouse por 6,46; pero para o mesmo período temporal, os gastos en bens e servicios creceron
con un multiplicador de 12,94. Para entendernos todos, os gastos de
funcionamento do propio concello creceron a un ritmo superior (o dobre) que o
orzamento municipal; isto é un camiño suicida.
4º) En 1.985 os 3.272 veciños oienses aportaban
17,70€ para os gastos do propio concello; hoxe
os 3.179 veciños aportan 235,66€. O multiplicador do diñeiro aportado
polos veciños para o orzamento foi 6,65; pero o multiplicador para os gastos de
funcionamento do concello foi de 13,31.
5º) En 2.007 foi o ano de máximo gasto en bens e
servicios, por un importe de 930.974,44€; en 2.012 para o mesmo concepto foi de
749.161,46€; nestes 5 anos tivo unha
disminución de -19,53%.
Concello de O Rosal: os 6.613 habitantes (censo do
2.011):
1º) En
1.985 o orzamento era de 270.793,82 €; o
importe destiñado a gastos en bens e servicios foi de 68.377,37
€, o 25,25% do ornamento anual;
2º) No ano
2.012 o orzamento municipal foi de 3.008.000,00 €; nese ano o importe para gastos en bens e servicios foi
de 1.217.381,78€; o que representaba o 40,47% do orzamento anual.
3º) Nestes 27 anos o orzamento municipal do Rosal
multiplicouse por 11,10; pero para o mesmo período temporal, os gastos en bens e servicios creceron
con un multiplicador de 17,80. Os gastos de funcionamento do propio
concello creceron a un ritmo superior que o orzamento municipal.
4º) En 1.985 os 5.937 veciños rosaleiros
aportaban 11,51€ para os gastos do propio concello; hoxe os 6.613 veciños aportan 184,08€. O multiplicador do
diñeiro aportado polos veciños para o orzamento foi 11,10; pero o multiplicador
para os gastos de funcionamento do concello foi de 15,99.
5º) En
2.009 foi o ano de máximo gasto en bens e servicios, por un importe de
1.381.250,05€; en 2.012 para o mesmo concepto foi de 1.217.381,78€; nestes 3 anos tivo unha disminución de
-11,86%.
Concello de A Guarda: os 10.484 habitantes (censo do 2.011):
1º) En
1.985 o orzamento era de 901.518,16 €; o
importe destiñado a gastos en bens e servicios foi de 269.433,73
€, o 29,88% do ornamento anual;
2º) No ano
2.012 o orzamento municipal foi de 6.709.622,00 €; nese ano o importe para gastos en bens e servicios foi
de 2.758.741,08€; o que representaba o 41,11% do orzamento anual.
3º) Nestes 27 anos o orzamento municipal da
Guarda multiplicouse por 8,02; pero para o mesmo período temporal, os gastos en bens e servicios creceron
con un multiplicador de 10,24. É o caso onde os gastos de funcionamento
e o orzamento tiveron multiplicadores moi similares; o que da un certa relación
de equilibrio.
4º) En 1.985 os 10.057 veciños guardeses
aportaban 26,79€ para os gastos do propio concello; hoxe os 10.484 veciños aportan 263,14€. O multiplicador do
diñeiro aportado polos veciños para o orzamento foi 8,02; pero o multiplicador
para os gastos de funcionamento do concello foi de 9,82.
5º) En
2.007 foi o ano de máximo gasto en bens e servicios, por un importe de
3.111.814,39€; en 2.012 para o mesmo concepto foi de 2.758.741,08€; nestes 5 anos tivo unha disminución de
-11,34%.
Concello UNIFICADO: os 20.276 habitantes
(censo do 2.011):
1º) En
1.985 o orzamento era de 1.370.732,27 €; o
importe destiñado a gastos en bens e servicios foi de 395.671,84
€, o 28,86% do ornamento anual;
2º) No ano
2.012 o orzamento municipal foi de 11.000.504,48 €; nese ano o importe para gastos en bens e servicios foi
de 4.725.284,32€; o que representaba o 42,96% do orzamento anual.
3º) Nestes 27 anos o orzamento municipal dun
concello unificado multiplicouse por 8,02; pero para o mesmo período temporal, os gastos en bens e servicios creceron
con un multiplicador de 11,94.
4º) En 1.985 os 19.266 veciños deste concello
unificado aportaban 20,53€ para os gastos do propio concello; hoxe os 20.276 veciños aportan 233,04€.
O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños para o orzamento foi 8,02;
pero o multiplicador para os gastos de funcionamento do concello foi de 11,35.
5º) En
2.008 foi o ano de máximo gasto en bens e servicios, por un importe de 5.236.217,91€;
en 2.012 para o mesmo concepto foi de 4.725.284,32€; nestes 4 anos tivo unha disminución de -9,76%.
Conclusións:
1º) Sorprende moito, e non para ben, a forte
cantidade que necesita Oia para o seu
funcionamento, chegando a comprometer ata un 58,4% do seu orzamento do ano
2.012, realmente isto representa o gasto máis importante do seu
orzamento. Así os 446.064,17€ de
gastos de persoal, e os 749.161,46
€ de gastos en bens e servicios, dun orzamento de 1.282.882,48 €; estes
dous gastos representan o 93,16% do orzamento municipal de Oia.
Estes mesmos gastos no Rosal representan o 86% do orzamento, e na Guarda son o
79% do mesmo. Por dicilo cun simil, simulando unha familia e as contas domésticas,
a inmensa maioría das contas van para comer (gastos de persoal) e para os
gastos da casa (gastos en bens e servicios), deste xeito non pode adicarse
diñeiro a inversións, a educación, a equipamentos,... por desgracia as contas de Oia son para a mera subsistencia
de Oia como concello, pero non dan para prestar serviciosós seus veciños.
2º)
Este gasto é moi rixido, dificil de face-lo baixar, hai que traballar duro para
mante-lo en control,... son o gasto de enerxía eléctrica, combustible,
materiais, reparacións, telefono,... Imos a explica-lo coa seguinte pequena
taboa, imos a contabiliza-lo porxentaxe de reducción do orzamento e do gasto en
bens e servicios dende o ano 2.007 ata o ano 2.012.
Redcc Orzam Redcc Gasto
A Guarda +1,95%
-11,34%
O Rosal -16% - 11,86%
Oia
-46% -19,53%
Vemos a importante e acusada
caida dos ingresos en Oia, non se corresponde cóa reducción igual de importante
deste gasto,... sen facer nada, tanto este gasto como o de
persoal rematarán por “tragarse eles sós” todo o orzamento municipal de Oia,
pois no 2.012 xa son o 93,16%. Para Oia isto é un problema grave, cales son as
solucións, hai que facer moito traballo no control do gasto,... pero o
importante é xenerar ingresos, e nisto Oia apenas ten marxen de maniobra, queda
subi-la poboación,... ¿?
3º) Vemos que dende o ano 2.007 as contas levan
empeorado dun xeito moi duro,... por sorte tanto O Rosal como a Guarda ainda
manteñen certo marxen de maniobra. Son moi bonitos os localismos, pero cando
ollamos as realidades matemáticas de moitos indicadores económicos, demográficos,
salariais, laborais,... dos tres concellos o que presenta os peores datos, a
evolución máis negativa, as caidas máis fortes,... por desgracia sempre é o
mesmo: Oia. Un cáncro non se cura con aspirinas,
e tódolos veciños de Oia e os seus municipes deberían plantexarse unha solución
rádical; pois por taparse os ollos, os problemas non desaparecen.
Mirador do Monte Ancos, a 18 de Xaneiro do 2.013.
Johannes Kuhn Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”). Profesor de Hacienda Pública en la Universidad de
Kagarsee (Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania)
No hay comentarios:
Publicar un comentario