domingo, 13 de enero de 2013

Gastos de persoal municipal.



CHANCHONADA  16º


Evolución dos gastos de persoal dos concellos nos últimos 27 anos.





Concello de Oia: 3.179 habitantes (censo do 2.011):

1º)   En 1.985 o orzamento era de 198.420,29 € e os gastos de persoal 62.903,51€; este gasto supoñia o 31,7% do orzamento.
2º)  En 2.012 o orzamento era de 1.282.882,48 € e os gastos de persoal 446.064,17€; este gasto supon o 34,7% do orzamento.
3º)  Nestes 27 anos, o orzamento municipal de Oia multiplicouse por 6,46; pero o esforzo presupostario para cubri-lo custe do persoal foi multiplicado por 7,09.
4º)  En 1.985 o custe de persoal supoñia un ratio de 19,22€; hoxe este mesmo ratio está en 140,31€. O multiplicador deste ratio é de 7,3.
5º)  O valor máximo do custe do persoal foi no ano 2.010, por un importe de 483.456,72€, supoñendo o 31,9% do orzamento; nestes 2 anos o gasto de persoal reduciuse nun -7,73%.

Concello de O Rosal: os 6.613 habitantes (censo do 2.011):

1º)   En 1.985 o orzamento era de 270.793,82 € e os gastos de persoal 101.791,58€; este gasto supoñia o 37,5% do orzamento.
2º)  En 2.012 o orzamento era de 3.008.00 € e os gastos de persoal 1.382.872,13€; este gasto supon o 45,9% do orzamento.
3º)  Nestes 27 anos, o orzamento municipal do Rosal multiplicouse por 11,10; pero o esforzo presupostario para cubri-lo custe do persoal foi multiplicado por 13,58.
4º)  En 1.985 o custe de persoal supoñia un ratio de 17,14€; hoxe este mesmo ratio está en 209,11€. O multiplicador deste ratio é de 12,2.
5º)  O valor máximo do custe do persoal foi no ano 2.009, por un importe de 1.938.247,51€, supoñendo o 44,39% do orzamento; nestes 3 anos o gasto de persoal reduciuse nun -28,65%.

Concello de A Guarda: os 10.484 habitantes (censo do 2.011):

1º)   En 1.985 o orzamento era de 901.518,16 € e os gastos de persoal 381.891,01€; este gasto supoñia o 42,36% do orzamento.
2º)  En 2.012 o orzamento era de 6.709.622 € e os gastos de persoal 2.576.646,8€; este gasto supon o 38,4% do orzamento.
3º)  Nestes 27 anos, o orzamento municipal da Guarda multiplicouse por 7,44; pero o esforzo presupostario para cubri-lo custe do persoal foi multiplicado por 6,75.
4º)  En 1.985 o custe de persoal supoñia un ratio de 37,97€; hoxe este mesmo ratio está en 245,77€. O multiplicador deste ratio é de 6,47.
5º)  O valor máximo do custe do persoal foi no ano 2.011, por un importe de 2.926.724,24€, supoñendo o 31,9% do orzamento; nun só ano o gasto de persoal reduciuse nun -11,96%.


Concello  UNIFICADO: os 20.276 habitantes (censo do 2.011):

1º)   En 1.985 o orzamento era de 1.370.732,27 € e os gastos de persoal 546.586,1€; este gasto supoñia o 39,87% do orzamento.
2º)  En 2.012 o orzamento era de 11.000.504,48 € e os gastos de persoal 4.405.583,1€; este gasto supon o 40,05% do orzamento.
3º)  Nestes 27 anos, o orzamento municipal dun concello unificado multiplicouse por 8,02; pero o esforzo presupostario para cubri-lo custe do persoal foi multiplicado por 8,06.
4º)  En 1.985 o custe de persoal supoñia un ratio de 28,37€; hoxe este mesmo ratio está en 217,28€. O multiplicador deste ratio é de 7,65.
5º)  O valor máximo do custe do persoal foi no ano 2.009, por un importe de 5.029.584,12€, supoñendo o 38,65% do orzamento; nestes 3 anos o gasto de persoal reduciuse nun -12,10%.


Conclusións:
           
            1º)  En 1.985 dos 546.586,10€ que tiñamos de gastos totais de persoal, o concello da Guarda representaba o 69,86% do total, mentrás que O rosal tiña o 18,62% e Oia o 11,52%.

            2º)   Pero hoxe no ano 2.012, temos uns gastos totais de persoal 4.405.583,10€; o montante maior ainda é da Guarda cun 58,48€, O Rosal xa representa o 31,39€ e Oia ten un 10,13% do gasto.

            3º)  Destaca o forte incremento que o gasto de persoal experimentou no Rosal; dos tres concellos é o fixo o multiplicador máis alto; hoxe ademáis o gasto de persoal representa con moita diferencia a partida máis importante do seu orzamento, supoñendo o 45,9% do mesmo. De tal xeito que medrou máis rápido os custes de persoal que o orzamento do concello; proceso inverso na Guarda, onde a partida de gastos de persoal perdeu peso relativo.

            4º)  Ollando as gráficas destacan os fortes incrementos que ten a partida de gasto de persoal no ano anterior e durante ás eleccións municipais, este movemento é moi destacable no Rosal, dende o ano 2.003, esta pauta repitese dun xeito moi calcado; mentrás que na Guarda esta pauta é moito menor, e pequena en Oia. Por exemplo o ano 2.003 foi ano de elección municipais, ese ano o gasto de persoal no Rosal foi de 1.744.428€, có respecto ó ano anterior houbo un incremento de +45%; logo repitese este incremento de gastos de persoal nos anos anteriores á cita electoral municipal. Para facer unha comparación, ese ano 2.003 os gastos de persoal na Guarda foron de 1.877.131,48€, có respecto ó ano anterior tiveron unha disminución de -10,89%.

            5º)  Lamentablemente os nosos datos só son monetarios, non temos datos da composición do cadro de persoal (número de persoas que traballan para o Concello); pero moito nos tememos que dende o ano 2.003 o goberno municipal do Rosal usa o seu orzamento municipal para xenerar moitos empregos a costa do mesmo, buscando obter logo unha rendabilidade electoral. Claro que esta suposición debe ser investigada e analizada polos membros da oposición dese Concello, iso xa non é a nosa función; só que os datos matemáticos, económicos,... apuntan nesa dirección e as matemáticas non minten.

            6º)  Para completar este estudio necesitamos os cadros de persoal, material que de momento non temos,... pero conseguiremos algo. No suposto dun concello unificado, vemos que os ratios hoxe están moi equilibrados, sobre todo no que respecta á situación económica do Rosal e da Guarda; outra cousa é Oia, nestes anos de crise económica os seus ratios levan empeorado, e xa non converxen cós seus veciños. Aquí neste tema pasa como no dos impostos, certos mensaxes que saen dende o goberno municipal do Concello do Rosal, logo non se corresponden coa realidade matemática, económica e contable.

           

Mirador do Monte Ancos, a 13  de Xaneiro do 2.013.


Johannes  Kuhn Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”).  Profesor de Hacienda Pública en la Universidad de Kagarsee (Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania)


No hay comentarios:

Publicar un comentario