sábado, 29 de diciembre de 2012

Impostos municipais



CHANCHONADA  12º


Impostos  municipais.





Concello de Oia: 3.179 habitantes (censo do 2.011):

1º)   En 1.985 o orzamento era de 198.420,29 €; os impostos directos aportaban 40.808,25€ e os impostos indirectos sumaban 9.911,49€, facendo un total de 50.719,74€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 25,56% do Orzamento municipal.
2º) Hoxe no ano 2.012 o orzamento municipal é de 1.282.882,48 €; os impostos directos aportaban 378.000,00€ e os impostos indirectos sumaban 28.000,00€ facendo un total de 406.000,00€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 31,64% do Orzamento municipal.
3º)  Nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 6,46; pero os impostos multiplicaronse por 8.
4º)  O valor máximo de impostos directos  foi no ano 2.008, por un valor de 453.851,71 €; en apenas 4 anos de crise, este imposto reduciuse nun 16,71%. O valor máximo de impostos indirectos  foi no ano 2.000, por un valor de 114.192,30 €; este imposto reduciuse nun 75,48%. Nas crises as caídas económicas de Oia son moi intensas, non hai máis que ver a caida bestial dos impostos indirectos, así hoxe a recadación de impostos propios está a niveís anteriores ó ano 2.005.
5º) A recadación máxima por ambos impostos acadouse no ano 2.007 por un importe de 515.256,46€, hoxe a recadación está en 406.000,00€, isto fai unha reducción dun 21,20%.
6º)  En 1.985 os 3.272 veciños oienses aportaban en impostos 15,50€ ó orzamento municipal; hoxe os 3.179 veciños aportan 127,71€. O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de 8.24.


Concello de O Rosal: os 6.613 habitantes (censo do 2.011):

1º)   En 1.985 o orzamento era de 270.793,82€; os impostos directos aportaban 57.040,74€ e os impostos indirectos sumaban 17.656,35€, facendo un total de 74.697,09€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 27,58% do Orzamento municipal.
2º) Hoxe no ano 2.012 o orzamento municipal é de 3.008.000,00€; €; os impostos directos aportaban 921.970,00€ e os impostos indirectos sumaban 40.000,00€ facendo un total de 961.970,00€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 31,98% do Orzamento municipal.
3º)  Nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 11,10; pero os impostos multiplicaronse por 12,88.
4º)  O valor máximo de impostos directos  foi no ano 2.012, por un valor de 921.970 €; en plena crise, este imposto leva medrado 34,79%. O valor máximo de impostos indirectos  foi no ano 2.008, por un valor de 274.000,00 €; este imposto reduciuse nun 85,4%. Nesta crises as caídas económicas do Rosal son moi graves, non hai máis que ver a caida bestial dos impostos indirectos, así hoxe a recadación de impostos propios está en máximos, pois os impostos directos seguen crecendo a un ritmo moi forte, dos tres concellos é o único onde a recadación de tributos propios medra.
5º)  A pesar da crise, a recadación dos impostos totais no Rosal está en máximos históricos con un importe total de 961.970,00€.
6º)  En 1.985 os 5.937 veciños rosaleiros aportaban en impostos 12.58€ ó orzamento municipal; hoxe os 6.613 veciños aportan 145,46€. O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de 11.56.


Concello de A Guarda: os 10.484 habitantes (censo do 2.011):

1º)   En 1.985 o orzamento era de 901.518,16 €; os impostos directos aportaban 178.540,93€ e os impostos indirectos sumaban 47.840,56€, facendo un total de 226.381,49€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 25,11% do Orzamento municipal.
2º) Hoxe no ano 2.012 o orzamento municipal é de 6.709.622,00 €;  os impostos directos aportaban 1.570.000,00€ e os impostos indirectos sumaban 110.000,00, facendo un total de 1.680.000,00€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 25.03% do Orzamento municipal.
3º)  Nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 7,44; pero os impostos multiplicaronse por 7,42.
4º)  O valor máximo de impostos directos  foi no ano 2.012, por un valor de 1.570.000 €; en plena crise, este imposto leva medrado 16,64%. O valor máximo de impostos indirectos  foi no ano 2.006, por un valor de 543.829,00 €; este imposto reduciuse nun 79,77%. Nesta crises a caída económica da Guarda tamén resulta moi grave, non hai máis que ver a caida bestial dos impostos indirectos, así hoxe a recadación de impostos propios está en máximos, pois os impostos directos seguen crecendo a un ritmo  forte.
5º) Pero a recadación de impostos acadaou o seu máximo total no ano 2.008 con 1.892.000,00 hoxe a recadación total está en 1.680.000,00 o que supón un retroceso na recadación dun 11,20%.
6º)  En 1.985 os 10.057 veciños guardeses aportaban en impostos 22,51€ ó orzamento municipal; hoxe os 10.484 veciños aportan 160,24€. O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de 7,11.


Concello  UNIFICADO: os 20.276 habitantes (censo do 2.011):

1º)   En 1.985 o orzamento era de 1.370.732,27 €; os impostos directos aportaban 276.389,92€ e os impostos indirectos sumaban 75.408,40€, facendo un total de 351.798,32€; ou sexan os impostos do concello aportaban o 25,66% do Orzamento municipal.
2º) Hoxe no ano 2.012 o orzamento municipal é de 11.000.504,48 €;  os impostos directos aportan 2.689.970,00€ e os impostos indirectos sumaban 178.000,00, facendo un total de 3.047.970,00€; ou sexan os impostos do concello aportan o 27,70% do Orzamento municipal.
3º)  Nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 8,02; pero os impostos multiplicaronse por 8,66.
4º)  O valor máximo de impostos directos  foi no ano 2.012, por un valor de 2.869.970 €; en plena crise, este imposto leva medrado 14,15%; gran parte pola recadación da Guarda e Rosal. O valor máximo de impostos indirectos  foi no ano 2.008, por un valor de 871.400,12 €; este imposto reduciuse nun 79,57%. Nesta crises a caída económica da Guarda e Rosal resultan moi grave, pero a caida de Oia é dramática, pois xa leva con caidas dende o 2.006. Na Guarda e no Rosal a pesares das caídas dos impostos indirectos, son capaces de cubri-lo oco cunha subida sostida nos impostos directos; pero no caso de Oia os impostos indirectos comenzan a cair varios anos antes e logo tamén cae a recadación de impostos directos, a situación da economía de Oia comenza a entrar nunha fase preocupante, xa que non é capaz de xenerar ingresos.
5º) Pero a recadación de impostos acadaou o seu máximo total no ano 2.008 con 3.385.251,83 hoxe a recadación total está en 3.047.970,00 o que supón un retroceso na recadación dun 9,96%.
6º)  En 1.985 os 19.266 veciños deste concello unificado aportaban en impostos 18,26€ ó orzamento municipal; hoxe os 20.276 veciños aportan 150,32€. O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de 8,23.




1º)  Imos a desfacer un mito, fai 27 anos un veciño do Rosal pagaba en impostos un 44% menos do que un veciño da Guarda; pero hoxe esa diferencia só é dun 9%; polo tanto a brecha impositiva que había xa caseque está pechada, dito doutro modo, hoxe case que pagan o mesmo en impostos na Guarda e no Rosal. Ainda que posiblemente esta brecha pechese no 2.015.

2º) Nestes 27 anos onde máis subiron os impostos foi con diferencia no Rosal, en moita menor medida en Oia e na Guarda; quizaís o esforzo fiscal en Oia veo para atrás, o que é un sintoma da debilidade económica. En 1.985 os veciños de Oia pagaban un 23% de impostos máis que os veciños do Rosal, pero hoxe a situación é inversa, pagan un 12,20% menos.

3º)  A Guarda e Rosal acadan o máximo nos impostos indirectos no ano 2.008, nese intre Oia xa estaba no terceiro ano consecutivo de caidas nos mesmos, ali por decilo doutro xeito en Oia a crise comenzou antes. Para paliar estas caidas tanto na Guarda como no Rosal subiron os impostos directos, pero Oia dende o ano 2.008 deixa cair os seus impostos directos. Falando máis craro a crise comenza antes en Oia e dende ese momento non é capaz de xenerar máis ingresos por si mesma, o que fai que empeore ano tras ano a situación da facenda municipal, pero xa se acumulan 4 anos malos, e as perspectivas non son boas; se a iso lle engadimos que Oia sumase con 2 anos de retraso ós ciclos económicos alcistas, iso quere dicir que vai estar máis tempo sumida na crise; pois cando este comence tanto o Rosal como A Guarda irán xuntos cara arriba, e Oia sumarase 2 anos despois, e logo vemos polos precedentes que o período alcista remata antes en Oia.

4º)  Nás gráficas observamos tres ciclos expansivos da economía e polo tanto na recadación de impostos. O 1º ten lugar entre os anos 1.987 a 1.991, onde máis se nota e na Guarda, para Oia e Rosal está pase pasa sen pena nen gloria. O 2º ciclo expansivo ten lugar entre os anos 1.991 a 1.998 na Guarda, no Rosal nótase o mesmo dende 1.993 a 1.998, mentrás que Oia vai de 1.994 a 1.998. o 3º ciclo expansivo vai de 2.001 ata 2.008 e neste caso A Guarda e Rosal collen o mesmo ciclo, pero Oia o colle no 2.003 e finaliza no 2.006. Vemos como hai esa tendencia de Oia sumarse tarde ó ciclo expansivo da economía e a finalizalo antes (menor duración). Neste último cicclo expansivo os impostos no Rosal teñen un crecimento máis intenso que na Guarda.

5º)  Tanto na Guarda como no Rosal, a pesares de levar +5 anos de crise, as dúas administracións municipais levan subido os seus impostos directos. Outro factor é ollar que cantidade dos impostos previstos nos orzamentos son realmente recadados, ou sexa falamos da eficacia recadoria, pero iso o deixamos para máis adiante.


Mirador do Monte Ancos, a 29 de Decembro do 2.012

Johannes  Kuhn Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”).  Profesor de Hacienda Pública en la Universidad de Kagarsee (Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania)

No hay comentarios:

Publicar un comentario