viernes, 7 de diciembre de 2012

¿QUÉ NIVEL TEN A EDUCACIÓN DOS NOSOS FILLOS?


CHANCHONADA 

¿QUÉ  NIVEL  TEN  A  EDUCACIÓN  DOS  NOSOS  FILLOS?



            Esta ponte da Constitución con tanta choiva, fixo que fose unha xornada bastante familiar e caseira, na sesión de café despois do xantar familiar saíu o tema da calidade de ensinanza que reciben os nosos fillos, había opinións para tódolos gustos, pero todos coincidiamos que hai unha serie de puntos comúns:
         1º) A falla dunha visión global e conxunta da educación; aquí cada goberno aplica a súa reforma, que empeora o que xa había antes. Non hai visión de futuro.
         2º)  O baixo nivel de esixencia do sistema educativo. Hoxe comparamos os libros de 4º de ESO, con algún libro de 2º de BUP; o nivel académico era superior polo anterior sistema, naquela parte do temario que coinciden era máis esixente o sistema do BUP. En conclusión fomos para atrás.
         3º)  Menor número de horas lectivas có novo sistema. Por desgracia os coñecementos requiren tempo e práctica adquirilos, aquí non baixa a “inspiración divina” e xa nós fai doctos nunha materia.
         4º)  Profesorado; neste tema a discusión foi moi longa, a conclusión foi que a nivel teórico e de formación están mellor preparados, pero están menos implicados na súa tarefa, están máis preocupados polo seu status de funcionarios que exercer de maestros.
         5º)  Os alumnos, aquí a parte máis xuvenil non quere asumi-las conclusións as que chegamos: son máis inmaduros, teñen menos cultura do esforzo, do traballo e sacrificio, teñen un vocabulario máis curto (nótase a ausencia do Latín). No resto son adolescentes coma fomos nós, pero todos estamos de acordo, que nós eramos máis educados e respetuosos coa xerárquia socio-educativa.
         6º)  Nós os pais, pois debemos de recoñecer que tamén somos parte do problema, por desgracia moitos teñen abdicado da condición de pai-nai e educador, deixando todo esta responsabilidade no profesorado. Por desgracia hoxe hai pais-nais que non educan, non introducen valores nos seus fillos,... simplemente limitanse a levalos e recollelos na escola.
         7º)  A Administración, todos estamos de acordo que son necesarios medios económicos, colexios, materiais,... pero non rematamos de ver e entende-la operatividade das APAS, Consellos escolares,... Por exemplo, o Carnaval non é festivo, porque as escolas-profesorado o toman como vacacións,... debería existir máis próximidade entre o calendario escolar e o laboral, despois de todo estámos preparándollos para acceder nun futuro ó mercado laboral,... ¡¡Tal como están as cousas non sei se haberá traballo para eles!!

         Supoño que outros lectores terán máis visións, opinións e conclusións sobre o sistema educativo dos nosos fillos,... Nós temos como conclusión que si o nivel de esixencia académica baixa, o nivel de coñecementos para o mundo laboral sube, entón cada día é maior a distancia que hai entre a realidade e a preparación académica, có cal os nosos fillos non estarán preparados para eses retos, responsabilidades, oportunidades,... quedando relegados ós peores postos laborais.

         Con estas conclusións, despois de ollar este escenario, non me extraña que moitos políticos e altos cargos teñan os seus fillos na ensinanza privada ou estudiando no extranxeiro,.... ¡¡Mal asunto cando non se practica o que se predica!!


        Sei que estamos na ponte da Constitución, que xa ten 34 anos,... naquel ano eu era un crio que disfrutaba do “Mazinger Z”, estrenado na TVE o 4 de Marzo do 1.978,... lamentablemente dos 92 capítulos da serie, a TVE só mercou 32, logo só emitíu 27, os outros foron “censurados” e deixou de emiti-la sen previo aviso. ¡Ainda hoxe teño un cabreo por sustitui-lo “Mazinger Z” pola chuscada do Orzowey!!




            Mirador do Monte Ancos, a 6 de Decembro do 2.012

Marcelo  Notable  Alto.






No hay comentarios:

Publicar un comentario