miércoles, 12 de diciembre de 2012

Espiritu solidario no Nadal


CHANCHONADA 

Espiritu solidario no Nadal





            Nestes días as luces de Nadal voltán a ilumina-las nosas rúas, os vilancicos e panxoliñas soarán no ambiente, os escaparates dos nosos comercios vestirán as súas mellores galas, teremos pesebres de Belen, un arbol de Nadal en cada casa, moitos papa noeis,... Todo isto será nás rúas principais, pero hai rúas e vivendas onde por outro ano o Nadal non traerá a felcidade, nin o balbordo do consumo, non haberá turróns, nin cava, nin festexos do fin de ano,...

            Por desgraza, xa temos na nosa bisbarra (A Guarda, Oia e Rosal) a maís de 2.000 veciños en situación desemprego, bastantes deles sen percibir ningunha prestación ou axuda, xa temos a moitas familias sen ingresos,... Para eles o Nadal non é consumo, non son compras de cousas innecesarias, non son regalos, non son festas para estrear un traxe novo,... por outro ano non haberá regalos para os miudos debaixo da árbore de Nadal.

            Sabemos que ainda hai veciños que manteñen un traballo, que teñen uns ingresos, non queremos que estes deixen de festexa-lo Nadal; pero debemos facerlles lembrar que o Nadal é moito máis que compras, que enchentas nas ceas e nas comidas, que cantar panxoliñas, que brindar con cava,... Hai un espiritu do Nadal, que nos lembra a pobreza, festexamos que o fillo de Deus fixose home e naceu pobre, nunha corte rodeado de animaís domésticos,... Tamén temos pobres e persoas que pasan necesidade entre os nosos veciños, con un pouco do que ti pensas gastar, con algo de aquilo que non vas a usar, a moitos podemos facerlle pasar unhas festas onde a pantasma da fame, da soedade e da indixencia pase de longo durante uns días.

            Có corazón pidoche que te achegues á Parroquia, á Cruz Vermella, ás Samaritanas da Gándara,... e a outras institucións que axudan para que fagas a túa pequena aportación; non necesitamos caixas de cava, nin xamóns ibéricos, nin marisco,... pero si productos comestibles e non perecedeiros para axudar a estas persoas e familias. Fai máis un bó café con leite quentiño, que a mellor cena de fin de ano, festexada no mellor restaurante da zona. Cós +15.000€ que imos a gastar en en alumeado navideño entre A Guarda, Rosal e Oia, podíamos asegurar un par de comidas quentes e dignas a 200 personas durante o que resta de mes; xa sei que as autoridades muncipais me dirán que hay que dinamiza-lo comercio local, que isto é unha afirmación demagóxica,... Non señores, non é demagoxia, chámase fame; por moitas luces que vostedes poñan, se os veciños non temos diñeiro, non imos a gasta-lo que non temos; ¿entendén?.

            A todos estas persoas que con discrección prestan parte do seu tempo, os seus escasos medios económicos e materiaís a axudar, brindo por vós; có voso traballo sei que hai unha opción dun mundo mellor, aquí neste pequeno mirador quero facer saber que existides e traballades. Grazas a vós, fai un ano que aprendín que hai outro Nadal que non ten nada que ver coas luces das rúas, coa música das panxoliñas, cós escaparates dos comercios, coas xentes cheas de bolsas das compras.

PD/  O noso pesar para a familia da percebeira finada.


Mirador do Monte Ancos, a 12 de Decembro do 2.012


Valentín  Paz  y Amor.







No hay comentarios:

Publicar un comentario