CHANCHONADA 1º
¿SON RESPONSABLES
OS NOSOS POLÍTICOS MUNICIPAIS?
Quero confesar que nas anteriores
eleccións ó Concello, de Maio do 2.011, tiña moitas dúbidas se votar ou non,
finalmente exercín o meu dereito ó voto. Pero hoxe creo que foi un erro, nada
trocou, nada fan por nós, e sobre todo non coincide para nada o que certos
cargos municipais me din, có que logo fan (¿minten?).
Teño
un amigo (Sr. Francisco Lorín Colorado) que este fin de semana entregoume un
copia de certos documentos do Concello da Guarda, él xa me advertira que teñen
un certo efecto “laxante”, i é verdade. Pero por respeto a todos imos a deixar
iso do escatolóxico para as intimidades persoais, para proceder a visualizar
certas verdades que uns non contan e outros calan.
Resulta que na pasada “Festa da
Langosta 2.011”,
o noso querido Concello da Guarda gastouse
13.018,21€ en publicidade; estamos en crise, i eu creo que este gasto
non era para nada necesario. Pero a cousa non queda ahí, hai outro capítulo de
gastos para o mesmo evento, para cubrir gastos
varios, onde gastaron 13.838,00€.
Repasando
estes gastos varios, leveime varias sorpresas e surxironme varias dúbidas:
1º) No Decreto
414/2.011 paganse 1.600€ por travesias en catamaran. ¿Para quen foron
estas travesias?, ¿cantos disfrutaron deste evento?, para así sabe-lo custe por
pasaxeiro; ¿cal era o fin desta actividade?,... ¿qué relación ten estas
travesias en catamaran coa Festa da Langosta?, ¿qué gañamos os veciños con esta
actividade?
2º) A Festa da Langosta ten lugar durante un fin
de semana como todos sabemos (como máximo 3 días); no Decreto 412/2.011 paganse 2.306,90€ pola limpeza do recinto
portuario onde se fai a festa, á empresa L2 limpezas. No Concello temos
persoal para a limpeza, ¿porqué contratase a unha empresa externa?, ¿non saben
limpar e barrer os nosos empregados municipais?. Por ese prezo e supoñendo a limpeza de tres días de
festa, cada día tivo un custo de 768€; creo que o recinto de festas en
menos de 3 horas pode estar limpo, ou sexa cada hora é facturada a 256€,... Eu
persoalmente creo que son prezos excesivos e para nada xustificados,... Na miña
modesta opinión de cidadán que paga os seus impostos, o máis normal era ou
usa-los empregados do Concello adicados a estas labouras, ou contratar a varias
persoas do desemprego para que fixeran este traballo.
3º) Na documentación que me
aporta o meu amigo para nada aparecen os gastos do que cobra o pregoeiro,
atencións a outros cargos, comidas e convites a estes,... Todos vemos como
certos cargos electos do Concello beben, comen e convidan a certos amigos sen
abri-la carteira, ¿quen paga isto?.
Como
conclusión final, a parte dos gastos operativos da Festa da Langosta, o noso
Concello da Guarda gastouse na mesma
en cousas innecesarias, inutiles,....
26.856,21€. Logo me falará o Sr. Miguel Español a min e outros
parroquianos do ben que xestionan o Concello, da gran laboura de xestión e
control dos gastos que fan,... todo iso soa moi ben có vaso de albariño na man,
pero logo os papeis oficiaís do Concello amosan todo o contrario; entón surxeme
a dúbida: ¿ou me está a mentir, ou non me está a dici-la verdade?.
Cada
día estou máis convencido que estamos gobernados por uns irresponsables.
Nota: Estás lector no teu dereito de dúbidar de
min, tamén podes pedir no Concello os Decretos dos números 402 ó 417 do ano
2.011; por Lei non deben negarte unha copia dos mesmos.
Mirador
do Monte Ancos, a 4 de Decembro do 2.012
Aquiles
Cuatro Verdades.
estou sorprendido coa facilidade que se soltan cartos a empresas privadas, habendo una privada que xa cumple ese cometido, e se non o da cuberto creo que existen formulas para reforzalo sen gastas 2.300 €, poderianse contratar persoal auxiliar ...
ResponderEliminarno 2011 gasto +/- 27.000€, no 2012 ...€?. Cuanto pagase o pregoeiro ( hotel e dietas), Cuantas comidas pagase a politicoa da zona (alcades, concelheiros, ect..).
ResponderEliminarOs nosos politicos da zona xa tenhem um bom soldo e logo aum comen a conta do dinheiro do pobo, estaram mortes de fame.
Fame se tapa com pan e agua.