martes, 25 de diciembre de 2012

Xusticia social.







CHANCHONADA  11º


Xusticia social.






            Este pasado domingo día 23, paseando pola “Corredera” de Tui, atopamos a uns mozos moi novos das novas xeracións do Partido Popular preparando unha chocolatada para os paseantes, todo elo a un módico prezo de 1€ a taza. Xunto a eles finalizaba a manifestación dos empregados dos Paradores, con gran traca incluida. Que ironia, uns na defensa dos seus postos de traballo, que son postos en perigo pola nefasta administración dos últimos anos, e ó lado as mocidades do partido que quere chimpar a máis traballadores ó desemprego. Pero aquí no Baixo Miño, como somos persoas ben educadas non pasou nada, cada un atendeu ó seu, e todos tranquilos.

            Pero eu pregunteime se non estarian mellor estes rapaces repartindo ese chocolate quente, entre aqueles que as políticas do seu partido levou á vivir nas rúas, a comer en comedores para pobres,... así poderían coñece-la outra cara da moeda, as consecuencias da política do Sr. Rajoy, Montoro, De Guindos,... ¿Ou terán medo a coñecer esa realidade?, ¿terán medo a coñecer a veciños que pasan fame?. Lembro que o pasado 12 de Outubro estiven en Palma de Mallorca para visitar a familiares, ali nun supermercado habia tres membros de novas xeracións que realizaban unha campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para o “Banc d´Aliments de les Illes Balears”, ¡que gran diferencia entre aqueles i estes!

            Pero logo o Luns na Guarda, atopamos outra imaxe algo máis sangrante; varios empregados do Concello festexando o Nadal cun pequeno agape (pinchos e viños) nun bar que sempre trai saudade; e perto de ali varias familias indo a recolle-lo paquete de comida para festexa-lo Nadal que repartía a parroquia entre os pobres e necesitados dos veciños da Guarda. Uns entre pincho e pincho, con sorbo de viño incluido falaban da inxustiza da perda da paga extra do Nadal, e outros compañeiros asentían,... e a menos de 50m de alí varias familias facian cola para recoller unha bolsa de comida caritativa, para así poder festexa-lo Nadal con algo de comida, ¡que fácil é queixarse có bandullo ben cheo e ser cego a esta realidade!

            Tamén creo que estes deberían ter deixado o agape e votar unha visual a esta realidade que eles descoñecen; de seguro que a perda da paga extra do Nadal non lles parecería tan grave, ó ver qe hai moitos veciños que están a pasalo tan mal, que están nunha situación que nin eles imaxinan. ¿Que lle imos facer?, unha viven na abundancia e pensan que todo é fartura, outros viven ben e queixanse por perder algo,... pero aqueles que xa perderon caseque todo, a estes ninguen quere escoitalos,... semella que todos teñen medo de mirarse refrexados neses espello e recoñecerse a si mesmos ou como culpables, causantes ou futuros necesitados,... Unha cousa está moi crara, que non quere olla-la realidade, non pode coñece-la nin porlle solucións.

            De todolos xeitos un Bo Nadal para todos, especialmente para aqueles que neste días viven có mínimo, o meu desexo e que estas sexan as últimas festas que vivades así de mal. Para os outros que non necesitan nada, que teñen tódalas necesidaedes ben cubertas,... os meus desexos de Bo Nadal son por educación, pero penso que merecedes moi pouco do que disfrutades. Ós dirixentes dos partidos políticos non lles reclamo caridade, nin misericordia,... pero si traballar por solucións, pois sei moi ben que a caridade feita polos que teñen poder é mera propaganda para tapa-los seus erros.




Mirador do Monte Ancos, a 25 de Decembro do 2.012

Alberto Comino Grande.  Profesor de Etica en la Facultad de Psicología de la Universidad de Villanueva del Pardillo (Madrid; España)


No hay comentarios:

Publicar un comentario