CHANCHONADA 4º
Contas de
leiteiras
Hai dúas cousas que sabe facer moi ben o noso
querido Sr. Miguel Español, unha é beber albariño e outra ó mesmo tempo
mitinear sobre o ben que gobernan, o ben que administran o Concello,... Nun
principio concedimoslle a razón da dúbida, pero hoxe coa documentación que me
está a chegar, xa non lle podo nin quero seguir escoitando as súas parvadas.
Aquí lle digo que cando queira fachendear do ben que goberna, o faga con papeis
do Concello e poñendo as cousas en negro sobre branco.
Xa
estamos perto do final deste ano, resulta que o ano pasado 2.011 as contas do Concello da Guarda pecharon cunhas perdas de 363.875,21€; este dato deixa en
evidencia toda a mitinada barata que o noso protagonista gosta de soltar polos
bares e lugares similares. Os nosos veciños deben entender que cada ano que o
Concello perde diñeiro, iso supón que aumenta a nosa débeda cós Bancos; a estes o Concello xa lles
debe 1.117.806,46€. Imos con outro exemplo da
mala xestión económica do goberno municipal da Guarda, mentras moitos veciños
cumpren puntualmente cós seus impostos, hai quen non o fai, e o pior é que o
Concello non fai todo o posible para asegura-lo cobro desas débedas e impostos;
así temos un saldo de 2.016.793,79€
de dúbidoso cobro. Non fai falla ser moi intelixente para ver
que se aseguramos o cobro de pouco máis da metade deste saldo, poderíamos paga-las
débedas cós Bancos.
Mire
Sr. Miguel Español, a ventaxa que ten o seu goberno municipal é que enfrente o
concelleiro do BNG non sabe de contas, nin de números,... (como así recoñeceu
no pleno do 29 de Xullo do 2.011); tamén a “lideresa” do PP leva dito varias
veces que de contas non entende. ¡¡Cunha oposición así calqueira tontada é
creible!! Para min as contas das
leiteiras son só para os contos dos nenos, i eu xa non creo en contos, e moito
menos cando o conta un político.
¿Hai
algo máis perigoso que dous empregados do concello discutindo en público?; sí
un cidadán que pon as orellas en alerta para escoitar. Hoxe dunha instalación
municipal saía un camión dunha empresa privada cargado de chatarra ou sucata;
con esta visión surxirónme preguntas, busquei respostas nos despachos
ofiaciais, pero só topei o tópico “silencio administrativo”.
¿Hai
algún contrato escrito entre esta empresa privada e o Concello para venderlle a
chatarra?, ¿hai outros similares para o cartón, vidro, plástico,...?
¿Canto ingresa por este concepto o
Concello?, ¿en qué partida o fai constar?, ¿queda constancia escrita da
cantidade carrexada e do diñeiro ingresado?
Seguro
que o Sr. Miguel Español me dirá que coa boa xestión do goberno municipal que
fan, si hai contratos, controlanse as cantidades carrexadas, estas empresas pagan
puntualmente todo o material que levan,... Claro que ainda teño outra dúbida, ¿entón porqué descutian dous empregados
municipais como face-lo reparto deste diñeiro cobrado pola carrexada?,
un opinaba que debía de ser para unha comida do persoal municipal, outro
opinaba dun reparto en metálico entre o persoal que traballa nas rúas,... ¡¡¿Qué está acontecer aquí?!!
Non
quero pensar mal, pero non poido evitalo; pero teña certas sospeitas que
mentras alguen adicase a trasegar albariño dunha botella ó seu bandullo, outros
están xogando con cousas pringosas que manchan as mans. Eu deixo ahí a
pregunta, logo veremos que acontece, ¿non será isto outro morto debaixo da
alfombra como o impago da Estación Marítima?.
Mirador do Monte Ancos, a 10 de Decembro do 2.012
Francisco Lorín Colorado
polo que estou lendo ... estame a gostar moito este blog ... por sobre todas as cousas porque recoñezo nas notas algúns "miradoiros" coñecidos ... adiante amigos contade conmigo para picar con vos ....
ResponderEliminar