CHANCHONADA 9º
Evolución dos orzamentos dos concellos nos últimos
27 anos.
Concello de Oia: 3.179 habitantes (censo do
2.011):
1º) En
1.985 o orzamento era de 198.420,29
€; hoxe é de 1.282.882,48 €; ou sexa nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 6,46. O valor
máximo do orzamento foi no ano 2.007, por un valor de 2.408.118,18 €; en apenas
5 anos de crise, este orzamento reduciuse nun 46,73% (prácticamente
reduciuse á metade). Nas crises as caídas económicas de Oia son moi intensas.
2º) En
1.985 os 3.272 veciños oienses aportaban 60,64€ ó orzamento municipal; hoxe os 3.179 veciños aportan 403,55€.
O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de 6,65.
Concello de O Rosal: os 6.613 habitantes (censo do
2.011):
1º) En
1.985 o orzamento era de 270.793,82
€; hoxe é de 3.008.000,00 €; ou sexa nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 11,10. O valor
máximo do orzamento foi no ano 2.009, por un valor de 4.367.097,00 €; nos seguintes 3 anos de crise, este orzamento reduciuse nun 31,12%
(prácticamente reduciuse nun tercio).
2º) En
1.985 os 5.937 veciños rosaleiros aportaban 45,61€ ó orzamento municipal; hoxe os 6.613 veciños aportan 454,86€.
O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de 9,97.
Concello de A Guarda: os 10.484 habitantes (censo do 2.011):
1º) En
1.985 o orzamento era de 901.518,16
€; hoxe é de 6.709.622,00 €; ou sexa nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 7,44. O valor
máximo do orzamento foi no ano 2.005, por un valor de 7.956.753,00 €, en
pleno auxe da construcción; nos seguintes 7 anos de crise, este ornamento reduciuse nun 15,67% (é o concello
onde a reducción foi menor).
2º) En
1.985 os 10.057 veciños guardeses aportaban 89,64€ ó orzamento municipal; hoxe os 10.484 veciños aportan 639,98€.
O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de 7,13.
Concello UNIFICADO: os 20.276 habitantes
(censo do 2.011):
1º) En
1.985 o orzamento era de 1.370.732,27
€; hoxe é de 11.000.504,48 €; ou sexa nestes 27 anos o orzamento multiplucouse por 8,02. O valor
máximo do orzamento foi no ano 2.005, por un valor de 14.061.440,00€, en
pleno auxe da construcción; nos seguintes 7 anos de crise, este ornamento reduciuse nun 21,76% (a
economía guardesa evita maiores caídas).
2º) En
1.985 os 19.266 veciños aportaban 71,14€ ó orzamento municipal; hoxe os 20.276 veciños aportan 542,54€.
O multiplicador do diñeiro aportado polos veciños é de 7,62.
1º) En 1.985 os orzamentos do Rosal e Oia xuntos sumaban
469.214,11€, cuando o orzamento da Guarda xa era de 901.518,16 €; ou sexa eles
dous xuntos só representaban o 52% do orzamento guardés. Nese ano rosaleiros e oienses suman 9.209 veciños, frente
os 10.057 guardeses, ou sexa sendo unha poboación moi similar á guardesa en
cantidade (91,57%), xenerán a metade de recursos para o seu concello.
2º) En 2.012 os orzamentos do
Rosal e Oia xuntos suman 4.290.882,48€, frente o orzamento da Guarda de 6.709.622,00 €; ou sexa eles
dous xuntos xa representan o 63,95% do orzamento guardés. Hoxe rosaleiros e oienses suman 9.792 veciños, frente os
10.454 guardeses, o reparto da poboaciónxa é moi similar á guardesa en
cantidade (93,40%), pero ainda xenerán a menos recursos para o seu concello; pero
debemos recoñecer que a situación xa
non é tan desequilibrada como fai 27 anos.
3º)
Vendo
unha posible situación de unificación dos 3 concellos, vemos que hai dous
fortes periodos de crecimento orzamentario: 1.987 a 1.996 e 1.999 a 2.005; en ambolos casos a economía de Oia sumase con un retraso dun par de
anos a estas fases expansivas; os períodos de crecimento en Oia son máis curtos
e os períodos recesivos son máis intensos.
4º) ¿De
estar unificados estaríamos en crisis?, si pero dun xeito distinto, no
ano 2.006 xa estaríamos inmersos nun período de recesión e estancamento ata o
2.009 (desinframento da burbulla inmobiliaria), a partir de aquí xa entramos en
plena crisis; mentrás que coa situación actual Oia comenzou a súa situación de
crisis en 2.008, Rosal no 2.009 e A Guarda entre 2.005 e 2.008 está entre
estancada e crisis, pero no 2.009 xa entra de cheo na crisis; iso sí as caídas económicas en épocas de crisis
son máis fortes en Oia e Rosal, mentrás que A Guarda ainda é capaz de amosar
certas resistencias.
5º) Dun
xeito matemático estudiando os orzamentos a quen máis beneficia a unificación é
a Oia, pois reforza a súa economía sobre todo para iniciar antes os
períodos expansivos (que de momento son máis curtos e sempre iniciados con 2
anos de retraso), e sobre todo nas fases de crísis as fortalezas orzamentarias
da Guarda (capacidade de xenerar ingresos) amortiguan as caidas do Rosal e Oia
(polo tanto nas fases recesivas O
Rosal tamén se beneficia desa fortaleza guardesa). ¿Perxudicalle á
Guarda a unificación?, nas fases expansivas non, pero nás fases de crisis é
evidente que é a locomotora que tira económicamente; ollando a gráfica, os
períodos expansivos son máis prolongados con recesivos, en conclusión para Guarda o beneficio é moito maior
que o perxuicio. Nas fases expansivas hai similitudes entre A Guarda e
Rosal, inicianse no mesmo intre, pero a fase expansiva no final é máis intensa
na Guarda, hai moita concordancia entre as dúas economías.
6º) Ollando as cantidades que cada veciño aporta
ó orzamento do seu Concello; fai 27 anos un oiense aportaba o 67,65% dos 89,64€ que aportaban un veciño guardés, e
un veciño rosaleiro só un 50.88%, polo mesmo concepto. Hoxe a situación trocou
moito, os veciños do Rosal xa aportan un 71% do que aportan os veciños da
Guarda (639,98€), mentrás que en Oia a situación é do 63,05% polo mesmo
concepto; neste último caso é visible que o período recesivo xa é moi evidente
que perxudica nas economías domésticas. A conclusión é que xa non hai aquel desequilibrio que había fai 27 anos, a situación xa
está máis perto da igualdade, sobre todo no caso do Rosal e A Guarda, nestes
anos Oia empeorou neste camiño.
7º) Os únicos perxudicados que atopamos son os
alcaldes e algúns concelleiros; a nivel matemático para os veciños non vemos
perxuicios.
Temos moito material disto que iremos explicando.
Mirador do Monte Ancos, a 20 de Decembro do 2.012
Johannes Kuhn
Pfeiffer (“Juan Concejal Gaitero”).
Profesor de Hacienda Pública en la Universidad de Kagarsee
(Rheinsberg, Brandemburgo; Alemania)
No hay comentarios:
Publicar un comentario