CHANCHONADA 8º
AS
CONTAS DOS NOSOS CONCELLOS
Fai uns días asístin a unha pequena charla sobre a
unificación dos Concellos da Guarda, Oia e Rosal, alí un dos falantes expuso
ante o público os datos dos orzamentos dos tres concellos, dun xeito tan claro
que incluso os legos en contas fomos capaces de entendelos; lamentablemente
estes datos tan importantes nunca son comunicados, nin explicados polos nosos
gobernantes. De seguido imos a expor un pequeno resumen que me foi entregado.
Foron
moitas as conclusións que cós datos deles chegamos; evidentemente a gran
reducción de cargos políticos, e de “enchufados”,... Pero eles foron moito máis
alá. Eu hoxe penso que pouco lles importa a opinión dos veciños, o importante é que ninguen lles
toque o seu “chiringuito”.
Concello de Oia: o seu orzamento para o ano 2.012 preve un gasto de 1.282.822,48€,
que dividido entre os 3.179 habitantes (censo do 2.011), da un gasto de 403,55€ por habitante. O
orzamento deste ano disminúe en
104.194,06€ respecto ó ano 2.011, un -7,51%.
Gasto en persoal son 446.064,17€,
que representan un 34,77% do
orzamento; o que representa un custe de 140,32€ por habitante. Este gasto disminúe en 7.352,98€ respecto ó ano 2.012, un -1.62%.
Nas
inversións reais para o ano 2.012,
son 0,00€, polo tanto adica o 0% do orzamento a inversións. Este gasto disminúe en 127.636,16€ respecto
ó ano 2.012, un -100%.
Gasto en bens e servicios son
749.161,46€, que supon o 58,4% do orzamento; isto supon 235,66€ por habitante.
Según
o Mº de Hacienda, a débeda do Concello a 31 de Decembro do 2.011 era de 105.000€, un 7,53% do orzamento do 2.011.
Concello de O Rosal: o seu orzamento para o ano 2.012 preve un gasto de 3.008.000,00€,
que dividido entre os 6.613 habitantes (censo do 2.011), da un gasto de 454,86€ por habitante. O
orzamento deste ano disminúe en
159.570,0€ respecto ó ano 2.011, un -5,04%.
Gasto en persoal son 1.382.872,13€, que representan un 45,97% do orzamento; o que
representa un custe de 209,11€ por
habitante. Este gasto incrementase
en 12.841,00€ respecto ó ano 2.012, un -1.62%.
Nas inversións reais para o ano 2.012, son 130.119,65€, polo
tanto adica o 4,33% do orzamento a
inversións. Este gasto disminúe
en 28.111,35€ respecto ó ano 2.012, un -17.77%.
Gasto en bens e servicios son 1.217.381,78€,
que supon o 40,47% do orzamento; isto supon 184,09€ por habitante.
Según
o Mº de Hacienda, a débeda do Concello a 31 de Decembro do 2.011 era de 176.000€, un 5,56% do orzamento do 2.011.
Concello de A Guarda: o seu orzamento para o ano 2.012 preve un gasto de 6.709.622,00€,
que dividido entre os 10.484 habitantes (censo do 2.011), da un gasto de 639,99€ por habitante. O
orzamento deste ano crece en
123.237,00€ respecto ó ano 2.011, un +1,87%.
Gasto en persoal son 2.576.646,80€,
que representan un 38,40% do
orzamento; o que representa un custe de 245,77€ por habitante. Este gasto disminúe en -350.637,21€ respecto ó ano 2.012, un -11.96%.
Nas
inversións reais para o ano 2.012,
son 790.927,01€, polo tanto adica o 11,79% do orzamento a inversións. Este gasto crece en 307.637,21€ respecto ó
ano 2.012, un +63,65%.
Gasto en bens e servicios son
2.758.741,08€, que supon o 41,12% do orzamento; isto supon 263,14€ por habitante.
Según
o Mº de Hacienda, a débeda do Concello a 31 de Decembro do 2.011 era de 1.167.000€, un 17,72% do orzamento do
2.011.
Dentro duns días seguiremos
falando deste tema, pero estes datos sorprenden certas conclusións así a
primeira vista:
1ª)
A elevada débeda do Concello da Guarda: 1.167.000€.
2ª)
O Concello de Oia carece de recursos para facer inversións para melloras dos
seus veciños.
3º)
O Concello do Rosal só é capaz de facer inversións de 19,68€ por cada
habitante, frente ós 75,44€ que fai o Concello da Guarda. Agora sí que moitos
comenzamos a percibir que os veciños da Guarda son os que pagan os servicios
que logo outros veciños disfrutamos.
4º)
O elevado gasto en persoal que fai o Concello do Rosal, non ten sentido cando
logo vemos que é o que menos servicios presta ós seus veciños.
5º)
Tanto Oia como A Guarda faun un gasto en bens e servicios para os seus veciños
por valor de 235,66€ e 263,14€; mentrás que o Concello do Rosal só gasta no
servicios para os seus veciños 184€; ou sexa ésta moi por debaixo das
cantidades dos outros concellos veciños, ¿ou
os rosaleiros non demandan servicios do seu Concello ou os toman de outro Concello?.
6ª)
Aquilo tan cacarexado polo Suso que o Concello do Rosal non debe nada é toda
unha mentira; pois según o Mº de Facenda, a débeda do Concello é de 176.000€.
7ª)
O orzamento da guarda é o único que crece, isto parece raro xa que estamos en
tempo de crisis; pero fai meses a concelleira da oposición a Sra. Estévez xa
dixera que estas contas están infladas e os ingresos non son reais. Hoxe polo
que me informan, parece que se está a cumprir isto último.
Seguiremos
con este tema; pois os datos que nos entregaron foron moi abundantes e moi ben
explicados; pero agora comenzo a entender porque entre os veciños da Guarda
dende fai uns anos hai un sentimento de que eles pagan, para que outros “fagan
de gorróns”.
Mirador do Monte Ancos, a 18 de Decembro do 2.012
Fernando Idea Cuadrada. Profesor universitario de
Teoría Política en la
Universidad de Arroyo del Cabrón (Zamora; España)
No hay comentarios:
Publicar un comentario