jueves, 30 de abril de 2015

Valoremos

CHANCHONADA 416º
Valoremos.



Na próxima semana, en tal día como hoxe, xa estaremos inmersos na campaña política para as eleccións ós nosos concellos. Nestas semanas pasadas estivemos tratando de facer un pouco de pedagoxía política, que hai na trastenda de cada formación política, nesa parte que moitos cidadáns descoñecen, ¿como se elixe a un candidato?.
Hai conceptos que debedes ir tomando e asimilando, como o de “núcleo duro” que son esas 4 ou 5 persoas que están nos primeiros postos da lista, son as persoas de confianza do candidato, do partido e probablemente serán o futuro goberno municipal; realmente estas persoas son importantes, pois ten que existir un equilibrio entre o “valor” do candidato e o “valor” do seu núcleo duro. Pois se o candidato é moi coñecido e o seu “nucleo duro” son persoas descoñecidas, o proxecto político coxea, está moi desequilibrado, ten tintes persoalistas,... Tamén pode acontecer ó contrario, ainda que é raro; que o “núcleo duro” sexa coñecido e de peso, pero o candidato sexa descoñecido.


Imos a facer todos un pequeno exercicio de valoración; imos puntuar de 1 a 10 as seguintes propostas, o coñecemento que cada persoa en particular ten do candidato, do seu núcleo duro, de cada formación política, do balance de cada formación (actividades e realizacións realizadas durante o último mandato municipal),.... A seguinte proposta, a debe facer cada persoa, cada lector a nivel particular; nós non imos a puntuar nada, para non influir,...


Valor de puntuación de 1 a 10; 1 = nada coñecido; 5 = coñecido; 10 = moi coñecido
¿Coñecemento dos candidatos á Alcaldía de A Guarda?
(PSOE) Sr. Antonio Lomba Baz,....................................... ¿valoración?
(PP) Sra. María de la Concepción Ortega Martínez,........ ¿valoración?
(BNG) Sr. Angel Luís Baz Vicente,.................................. ¿valoración?
(Converxencia) Sr. Celso Rodríguez Fariñas,.................. ¿valoración?
(Ciudadanos) Sra. María de Fátima Iglesias Ferreira,...... ¿valoración?
(Iniciativa) Sr. Luís Miguel Pérez Álvarez,...................... ¿valoración?

¿Coñecemento do núcleo duro de cada formación política?
(PSOE) ,....................................... ¿valoración?
(PP) ,............................................. ¿valoración?
(BNG) ,....................................... ¿valoración?
(Converxencia) ,......................... ¿valoración?
(Ciudadanos) ,............................ ¿valoración?
(Iniciativa) ,............................... ¿valoración?

¿Coñecemento da marca, simbolo, logotipo de cada formación política?
(PSOE) ,....................................... ¿valoración?
(PP) ,............................................. ¿valoración?
(BNG) ,....................................... ¿valoración?
(Converxencia) ,......................... ¿valoración?
(Ciudadanos) ,............................ ¿valoración?
(Iniciativa) ,............................... ¿valoración?

¿Coñecemento do lugar onde está a sede de cada formación política?
(PSOE) ,....................................... ¿valoración?
(PP) ,............................................. ¿valoración?
(BNG) ,....................................... ¿valoración?
(Converxencia) ,......................... ¿valoración?
(Ciudadanos) ,............................ ¿valoración?
(Iniciativa) ,............................... ¿valoración?

¿Coñecemento de iniciativas de cada formación política durante este mandato?
(PSOE) ,....................................... ¿valoración?
(PP) ,............................................. ¿valoración?
(BNG) ,....................................... ¿valoración?
(Converxencia) ,......................... ¿valoración?
(Ciudadanos) ,............................ ¿valoración?
(Iniciativa) ,............................... ¿valoración?

¿Valoración de cada formación política polo realizado neste mandato?
(PSOE) ,....................................... ¿valoración?
(PP) ,............................................. ¿valoración?
(BNG) ,....................................... ¿valoración?
(Converxencia) ,......................... ¿valoración?
(Ciudadanos) ,............................ ¿valoración?
(Iniciativa) ,............................... ¿valoración?


Unha vez rematado o exercicio de valoración; sumaremos as diferentes valoracións que obten cada formación política;... ¿¿¿Para qué vale todo isto??? Pois moi sinxelo; normalmente, as persoas que non teñen o voto decidido (indecisos) van dudar entre aquelas formacións que teñen na súa valoración particular as notas máis altas,.... as formacións con notas máis baixas serán descartadas por eses votantes indecisos.
Por iso, cando se fan enquisas de voto,... para filtrar certos datos e resultados, hai preguntas de se a persoa lembra o voto da anterior cita electoral, preferencias, valoracións, coñecementos,... Así lograse saber, por onde perden votos determinadas formacións, a onde van, por que motivos,... e que posible dirección van tomar os indecisos.


Dende logo, estas eleccións van estar moi interesantes, reñidas, disputadas e de momento todo está moi incerto.

Mirador do Monte Ancos, a 30 de Abril do 2.015.
Carlos Fuentes Secas. Profesor de Ingenieria de Minas, en la Universidad Politécnica de Fuentesaúco de Fuentidueña (Segovia; España).







No hay comentarios:

Publicar un comentario