Falsas
ilusións.
Compricado
é o papel dos nosos candidatos e alcaldes que se presentan á
re-elección neste mes de Maio do 2.015. Moitos
cidadáns decimos que as cousas non pintan ben, algúns dos
candidatos en círculos privados tamén emiten unha opinión similar.
Moitos
dos cidadáns destas terras miñotas non queremos alcaldes que
baixen a cabeza ante políticos de niveis superiores, non queremos
alcaldes vasallos; os nosos concellos non son os feudos de
certos políticos que se creen señores feudais, vivimos no século
XXI e xa fai séculos que deixamos atrás a Idade Media.
Un
dos efectos desta crise económica é que algúns cidadáns
voltámonos máis esixentes e desconfiados; queremos balances en
negro sobre branco. Aqueles políticos que pensan: “a culpa é da
xente que non nos entende”. Tamén pode ser todo o contrario, que o
asco e unha atmósfera irrespirable que sofrimos tódolos días,
estes cheiros ainda non chegaron ós despachos que eles ocupan; fai
que teñamos perspectivas distintas e mois distantes da realidade.
Temos unha clase media totalmente rota i esnaquizada, moitos
profesionais sen emprego e castigados duramente polo paro.
Faise
necesario un salto adiante en calidade dos nosos políticos locais;
unha das primeiras misións é un compromiso serio e realista en
cortar co “casiquismo social-ideolóxico” que están en
conivencia con moitos especuladores económicos.
Hai
que ir a un proceso real de transparencia, onde toda a información
muncipal sexa accesible ós veciños, que en todo momento coñezan a
realidade do seu Concello;... iso que a información municipal é
secreta, nin é legal, e con iso moitos xa non tragamos. Lamentable o
do Sr. Xan Lois Lomba defendendo o secretismo da información
municipal; isto é ocultismo, unha das fases actuantes do caciquismo.
Os cidadáns van querer saber como se gastan os seus diñeiros, que
resultados se obteñen neses gastos e inversións,...
Sr. Candidato, se non estás disposto a ser transparente e accesible sempre ós teus veciños; sinceramente deberías de pensar que estas a entrar nun proceso público, onde podes ficar en rídiculo moi amenudo,... ¿tes a suficiente forza de vontade para aguantar isto?
Sr. Candidato, ¿quere voste ser Alcalde?; pois non digas tonterías en público, que a túa comunicación social sexa clara e sinceira, non sexas indiferente ás necesidades dos teus cidadáns, as cales na maioría dos casos non coinciden coas necesidades do teu partido. Explica sen medo os teus acertos, moitos ou poucos; explica tamén sen medo os teus erros,... o político que non erra é un fachendoso, engreido e cheo de mentiras.
As
túas propostas deben ser realistas, prima-lo interese social do
colectivo cidadán sobre os intereses privativos duns poucos. Nas
túas propostas tes que dominar termos tan simples ante os teus
cidadáns: ¿por qué?, ¿para qué?, ¿cómo?, ¿onde?, ¿cuando?,
pros e contras, beneficios esperados,...
Querido
Sr. Candidato, non confundas solucións con reunións.
Por moitas reunións que teñas con diferentes colectivos, non lles
fagas promesas que non podes cumplir, pois os recursos económicos
son escasos e non dan para contentar a todos. Sabemos e somos
conscientes que non hai solucións simples a problemas complexos,
sabemos que o cancro non se cura con aspirinas,... Sé
sincero e non fagas falsas ilusións.
Hoxe
hai cidadáns que somos inexorables e non compartimos as bágoas dos
nosos gobernantes polos erros cometidos, non aceptamos chimparlle as
culpas a outros polos erros propios; somos indiferentes ante esas
posturas simuladas de eternos inocentes, pois denotan un infantilismo
ainda non superado.
Lamentablemente
os discursos que estamos oindo, ainda están cheos deste
infantilismo; ¿cando pensan madurar? E seguen reiterando erros do
pasado; voltar a repetir erros iso non significa un acerto.
Queremos
disculparnos por este intre de silencio, pero as veces as cousas non
son posibles, xa sexa por incompatibilidade dos novos equipos
informáticos e outras,... pois por que cando o tempo de lecer é tan
grato, o normal é esquecerse de moitas cousas. ¡Perdón!
Tamén
queremos dar gracias ós moitos lectores leais e sinceros que temos.
Mirador do Monte
Ancos, a 8 de
Abril do
2.015.
Peter
Lomba-Hill.
Director
de Gestión Técnica del Club de Golf Ponte Vedra Inn&Club;
Jacksonville (Florida, USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario