Realidades
paralelas.
En
física cuántica cando se fala de realidades ou universos paralelos,
existe a paradoxa do “gato
de Schrödinger”, donde un realidade a partir de
certo intre temporal pode ter dúas realidades distintas ó mesmo
tempo. Temos un gato dentro dunha caixa, nunha realidade o gato está
vivo dentro da caixa, e noutra realidade simultanea o gato está
morto,... son dous universos paralelos e igualmente reais; pero non
poden interactuar un universo có outro, por ter realidades distintas
e contradictorias.
O
pasado venrés día 10, tivemos a ben asistir á presentación da
candidatura do PSOE de A Guarda; debemos recoñecer que fixeron unha
boa posta en escea da presentación do candidato e dos membros da súa
lista. Recoñecemos que había un cheio, pero máis da metade do
aforo non eran veciños guardeses, había moitos rosaleiros e outros
veciños miñotos.
Non gostamos, para nada, do discurso triunfalista e con ausencia de autocrítica destes 8 anos de goberno municipal do PSOE. Como en tódalas cousas humanas, hai acertos e tamén hai erros, hai logros e cousas que fican sen facer,... Tanto triunfalismo é irreal, está moi alonxado da realidade.
Hai
problemas moi graves que estiveron ausentes. Señores e señoras do
PSOE todos estes 8 anos de goberno municipal do PSOE tivo lugar baixo
a crisis económica, na cal ainda seguimos inmersa, con graves
problemas sociais e económicos que está a producir,... i este tema
casi estivo totalmente ausente nos seus discursos.
Imos
a facer un pequeno exercicio matemático comparativo entre os
diferentes concellos miñotos. Cada ano hai empresas e negocios que
inician a súa actividade, pero ó mesmo tempo hai outros que pechan
por diferentes motivos,... Normalmente, cando as cousas marchan ben,
o saldo está a favor dos negocios emprendidos (saldo positivo),
cando as cousas van mal dadas, é maior o número dos negocios que
pechan (saldo negativo).
A
seguir está un cadro cós saldos dos negocios abertos menos os
negocios que pechan; referidos ó período comprendido entre os anos
2.007 ó 2.013.
A
Guarda Oia O Rosal Tomiño Tui
2.007............
+18 ............. +7 ........ +28 ............. +71 ............ +89
2.008............
+26 ............. +8 ........ +2 .............. +29 ............ +51
2.009............
-15 ..............
-9......... -19
.............. -33
............ -10
2.010............
-25 ............. +5
........ +15 ............. +14 ............ -22
2.011............
0 ................ -3
.......... 0
................. +1 ............ -18
2.012............
-1 ............. +3
.......... -3
............... -14
............ -46
2.013............
-32 ............. -9
........... -7
............. -10
............ -45
Saldo
final... -29
............. +2 ........ +16 ............. +58 ............ -1
Ninguen
dubida que Tui e A Guarda son os motores económicos da comarca do
Baixo Miño; ollamos como en ambos hai unha forte destrucción de
empresas e negocios; pero o
saldo final de A Guarda é moi negativo, realmente
presenta o pior dato dos nosos concellos miñotos. Polo tanto
nestes anos as cousas económicamente van moi mal.
¿Qué
non hai unha mala situación económica na Guarda?, falen cós
comerciantes i empresarios; hai horas en que a Vila semella ser un
decorado de cine, rúas valeiras de persoas, rúas tristes,...
Semella que a realidade que ollan dende o PSOE guardés é moi
diferente da que ollamos nós, ou vivimos en lugares distintos, ou
vivimos realidades paralelas que son diferentes,... ¿ou alguén vive
alleo á realidade?
Mirador do Monte
Ancos, a 16 de
Abrilo do
2.015.
Johannes
Freitag Feierabend
(“Juan Viernes Tiempo libre”).
Profesor de Hacienda Pública de la Universidad de Pölla (Baja
Austria; Austria).
No hay comentarios:
Publicar un comentario