viernes, 24 de abril de 2015

Última volta

CHANCHONADA 413º
Última volta.


Nas probas de atletismo, cando soa unha campana ó paso dos atletas pola liña de meta, sirve para sinalarlles que están comenzando a última volta antes de chegar á meta. En certo, xeito poderíamos decir que os nosos grupos políticos están a punto de comenza-la última volta, dentro duns días sonará a campana que marca o inicio da campaña electoral (8 de Maio), para chegar á meta, que será o día das votacións (24 de Maio).

Non sabemos en que estado físico están os competidores, se están ben entrenados ou non,... pero van a ter 30 días intensos, sobre todo, os últimos 15 días da campaña. O día 25 de Maio todo estará decidido, logo o 13 de xuño será a data de toma de posesión das novas Corporacións Municipais; seguindo cóas similitudes do atletismo, sería algo así como a ceremonia de entrega de medallas.

En España, semella que os galegos temos fama de pasotas e pouco participativos nos procesos electorais, que somos dados á abstención,... Non sabemos como son o resto dos galegos, pero os miñotos non cumprimos con ese estereotipo, revisando os datos das catro últimas citas electorais locais, ollamos que somos cidadáns participativos. A seguir imos a poñer un cadro sobre a participación nas últimas eleccións locais.

Máximo
Mínimo

                      1.999           2.003              2.007             2.011
A Guarda...... 73,4% ........ 79,91% ........ 67,26% ........ 71,25%
Oia................ 74,06% ...... 79,76% ........ 78,34% ........ 81,14%
O Rosal........ 71,97% ...... 71,67% ........ 69,03% ........ 73,06%
Tomiño........ 78,3% ........ 81,56% ........ 71,29% ........ 76,62%
Tui............... 71,36% ...... 70,81% ........ 69,16% ........ 75,81%


1º) Normalmente en case que todos os procesos electorais municipais a participación está por riba do 70%, ou moi perto desta cantidade. Temos varios máximos nas eleccións do ano 2.011, en troques varios mínimos na cita electoral do 2.007.


2º) Sorprende que tanto Oia como Tomiño, os dous concellos con estructura poboacional máis rural teñen a participación máis alta. Pero, na situación contraria está A Guarda, onde a estructura poboacional é moito máis urbana. Tui e O Rosal manteñen unha dinámica moi similar.

A nosa conclusión. Estamos encantados con estes datos de alta participación dos nosos concidadáns no procesos electorais municipais; pois isto demostra que hai un interese dos veciños pola xestión das nosas Administracións municipais, ademáis estas altas particpacións outorgan ós nosos edís un importante apoio popular á súa representación.
Esperemos que os competidores electorais sigan alentando e incentivando a participación dos cidadáns nas votacións. Dado que os cidadáns amosamos interes polos temas municipais, os nosos edís deberían ser máis comunicativos ó longo dos catro anos cós cidadáns e votantes. Para entendernos, as comunicacións e intereses do edil e votante debe ser bi-direccional.


Perdón a todos; debemos recoñecer que como pitonisos somos un desastre, tentando adiviña-los diferentes candidatos electorais de A Guarda,.... básicamente erramos, tivemos 1 acerto, 1 casi-acerto e 4 erros,...

Se queredes facer unha enquisa, participade na páxina de "infomiño" na sección municipais 2.015.


Mirador do Monte Ancos, a 24 de Abril do 2.015.
Cecilia Fontana Caldas del Rey. Directora de la Embotelladora de Whisky sin alcohol “Watersky”, perteneciente al grupo internacional de bebidas “El Garrafonazo”; ciudad de Sweetwater (Illinois, USA).









No hay comentarios:

Publicar un comentario