jueves, 2 de abril de 2015

Paripés de Semana Santa

CHANCHONADA 404º
Paripés de Semana Santa.



Aproveitando que a maioría dos membros do Mirador están gozando dun descanso, e ata finais da semana vindeira non voltaremos a estar plenamente operativos. Hoxe imos a rescatar un pouco da alma eslava que forma parte deste grupo de amigos e amigas.
Onte día 2 de Abril, era do día da “Santa Matrona de Moscú”; oficialmente non sei si está canonizada pola Igrexa Ortodoxa Rusa; pero para o pobo ruso, xa é unha Santa. A “Santa Matrona de Moscú” foi unha persoa real de nome: Matryona Dmitriyevna Níkonova (Матрёна Дмитриевна Никонова), naceu en 1.885 nun pequeno pobo da rexión Tula, xa naceu cega e no seno dunha familia pobre.
Deus a bendecíu para poder “olla-la alma” e interceder polos pecados dos demáis; rezaba polas persoas que buscaban en ela un consolo, unha curación, unha axuda divina,... Coa revolución de 1.917 emigra a Moscú, alí segue profesando a súa fe e axudando a quen llo solicita.
Non eran tempos fáciles para as persoas que profesaban abertamente a fe ortodoxa, ou outra. Matryona seguía rezando polas persoas que pedían a súa axuda. Era tal o cariño e respeto da xente, que nunca ninguen a delatou. Hoxe a súa tumba é un pequeno centro de peregrinación en Moscú.
Está enterrada na Iglesia do Velo Protector do Monasterio de Pokrovsky, sito na rúa Taganskaya, moi perto da estación de metro de Proletárskaia. Normalmente sempre hai unha gran cola de persoas esperando para visita-la tumba.


A FE é algo moi persoal e intimo de cada persoa. Nestes días que moitas das nosas autoridades van estar procesionando coas procesións,... Habería que lembrarlles que o noso Estado (Administración civil) é laica, non profesa ningunha relixión determinada; se desexan acudir ós actos relixiosos deberían facelo a título persoal e individual, como algo que forma parte do seu ser e sentir privado. Isto é totalmente respetable.
Non gostamos das persoas que van a título de autoridade civil a actos relixiosos públicos a auto-exhibirse,... xa non estamos na época do franquismo e debemos ir superando vellos anclaxes.
Pero gostamos menos desas persoas que teñen un discurso laicista, e as veces anti-Igrexa Católica, que nos seus muros (páxinas de facebook) de internet sempre fan propaganda do seu posicionamento laicista. Pero logo nos días festivos relixiosos, nesas ceremonias solemenes e públicas sempre están alí ostentando o seu papel de autoridades civís,... ¡¡¡Que contradicción!!! pregoar públicamente unha cousa e logo face-la contraria.
Nesta vida, hai que tratar de ser serios, tentar de vivir de acordo coas propias ideas, de ser coherentes,... pero non ser uns mentirosos fariseos.


Basta xa de contos; sabemos que eses actos solemenes e públicos son un bo escaparate publicitario para certas autoridades,... pero si non tes esas creencias relixiosas, non vives esa fe,... ¿¿a qué vas alí??. Lembramos como no 10 de Febreiro deste ano 2.015, o noso candidato do PSOE guardés (Sr. Antonio Lomba), na súa páxina de facebook, recomendaba a lectura dun libro que propugna o agnosticismo, e tamén o ateismo.
Si esa son as súas inclinacións persoais, víveas con naturalidade e normalidade. ¡¡¡Pero non fagas o paripé nas procesións!!! Polo menos, respeta ás persoas que teñen creencias relixiosas e as profesan en público. Trátase dun acto relixioso que non forma parte das obrigas legais, nin da axenda administrativa das nosas autoridades e funcionarios públicos.

Mirador do Monte Ancos, a 3 de Abril do 2.015.

Gabriel Arcángel de Dios. Profesor universitario de Derecho Internacional en la Universidad de ACME (Acme; West Virginia; USA).


No hay comentarios:

Publicar un comentario