miércoles, 22 de abril de 2015

Dique seco 7º

CHANCHONADA 412º
Dique seco 7º.





Xa temos rematado todo o traballo no dique seco; realmente debemos recoñecer que estas semanas pasadas todo o asteleiro estibo pleno de carga de traballo, tivemos que habilita-lo outro dique seco pequeno, poñer a traballar unha grada e facer varios traballos de reparacións no mesmo muelle exterior. Pero non fomos nós os únicos con plena carga de traballo, outros asteleiros veciños tamén pasaron por unha situación similar; sobre todo o asteleiro de Tui.


Na nosa cronoloxía electoral municipal na bisbarra do Baixo Miño e de outras comarcas veciñas, como o Val Miñor, A Louriña, O Condado,... nunca existíu tal cantidade e diversidade de ofertas electorais para as eleccións locais,... ¡¡¡Estamos abraiados!!! Tamén ahi excepcións, onde a oferta electoral segue cos mesmos productos dende fai 30 anos, como é o caso do Rosal.
Os nosos compañeiros do metal do “Asteleiros Dona Urraca” de Tui estiveron a plena carga de traballo, con tres turnos de traballo, e tamén con persoal de fin de semana. A desfeita do PP tudense ante o abandono do Alcalde Moisés Rodríguez, fixo que os tres diques deste asteleiro estivesen ocupados, por un lado remodelando o PP para adaptalo ás especificacións da nova casa armadora (Naviera ROCHA), por outro lado o ex-concelleiro Sr. Sousa volve a presentar un novo navío, con elementos próximos ó PP,... o sector rural e parroquial do PP tudense monta outro novo navio.
O Sr. Miguel Capón renova o navío de Alternativa Tudense incorporando elementos do PP tudense. Xa nos comentará a nosa amiga e coñecida Sra. María Beatriz Fernández (nº 4 da candidatura) que innovacións técnicas incorpora a nave de Alternativa Tudense.
No navío do BNG tamén hai obras de reformas,... algúns novos elementos montan con Lano Alonso a Plataforma Progresista de Tui. Tal como están as cousas, en Tui vai existir unha oferta electoral de 8 candidaturas,... nos nosos datos isto é un record.


Sorprendeunos o fichase do Sr. Raul Francés  "O Gabacho" (ex BNG do Porriño) como número 2º do PSOE,... cando chegaron estas noticias ó asteleiro non dabamos crédito. Isto de tomar elementos non usados por outros é normal, pero é un troco moi sorpresivo. O outro fichaxe do PSOE rosaleiro, o Sr. Julio Estévez Rodríguez, no asteleiro segue sendo material descoñecido, pero para os nosos proveedores rosaleiros, outro tanto do mesmo, segue sendo un descoñecido. Ante esta ignorancia, non diremos nada máis.


Na Guarda, ollamos agora o asteleiro valeiro, aquí estivemos traballando en 5 navíos electorais, o outro navío foi preparado noutro asteleiro. En total na Guarda a oferta electoral ascende a 6 candidaturas, nos nosos datos isto tamén é un record.
O traballo que máis tempo, material, traballadores e horas ocupounos foi a reforma do PP guardés no dique seco principal. No dique seco pequeno estivemos traballando na candidatura da Sra. Fátima Iglesias, usando como material base un navio esquecido e medio abandonado que nunca pasou unha probas de mar (Casa Armadora Xermán Cordero).
Na grada estivemos traballando nas reformas do navío do BNG, para adapta-lo casco e a zona de máquinas ás necesidades do Sr. Angel Baz. O casco do buque está ben, pero as máquinas ainda son novas e están en período de probas. No muelle exterior, o traballo era máis tránquilo e pausado facendo reformas nos navíos do PSOE guardés e de Converxencia Galega,... nos dous era troca-las máquinas principais para os novos candidatos, o Sr. Antonio Lomba, pero a sorpresa foi voltar a recupera-la máquina do Sr. Celso J. Fariñas.
Nós facemos o que as casas armadoras contratan,... A sorpresa foi que cando todos estes buques deixaban o asteleiro, os inspectores da Norske Buereau Veritas confirmanos que nun asteleiro improvisado a casa armadora de Iniciativa Veciñal tiña reconstruido o seu navío, que estaba varado nunha praia dende o temporal de Maio do 2.011. 

Ante a pregunta ós inspectores da Norske Buereau Veritas: ¿qué máquina principal leva Iniciativa Veciñal?; a resposta foi: máquina de fabricación tudense, marca descoñecida, especificacións técnicas descoñecidas, prestacións descoñecidas,... ¿¿?? A persoa en cuestión é: Sr. Luis Miguel Peréz Álvarez; para nós é un descoñecido.


Nestes días de tan intenso facer, ollamos no asteleiro veciño, como se traballaban nos diferentes navíos para competir en Oia. Sorprendeunos dúas cousas totalmente distintas e diferentes. No navío de Converxencia Galega, o Sr. Romero sempre estaba no asteleiro inspeccionando as obras do seu navío, e ollando ós dos competidores. En troques no navío do BNG oiense non había traballo, non había persoal traballando,... e no último día aparecen subcontratas alleas ó asteleiro oiense para traballar nese barco, polo que nós sabemos +50% do mesmo é material alleo a Oia.


Poderíamos decir moitas cousas, pero moitas son secretos de construcción entre a casa armadora, o persoal técnico do asteleiro, o persoal de inspección da Norske Buereau Veritas. Quizás, lamentamos que as obras nos diferentes navíos da casa armadoras Podemos non chegasen a entrar en contrato, e polo tanto non se construiron, non mercaron outros navíos para ser reformados,...
Na política local, as casas armadoras e os asteleiros debemos andar todos moi lixeiros e con presteza; isto non é un mundo para os que dúbidan e vacilan.


¡¡¡Que Deus reparta Sorte!!!

Mirador do Monte Ancos, a 22 de Abril do 2.015.

Serafín Cabellera Compostizo. Doctor en dermatología del Hospital Comarcal de Guasa (Guasa; Huesca; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario