Menos
soberbia.
Nestes
días de descanso pola ponte do 1º de Maio; lamentablemente seguimos
inmersos nestas semanas de chuvia que non quere irse,... pero sempre
hai algo có que entreterse.
O
outro día estivemos disfrutando do vídeo promocional da candidatura
do PP de A Guarda, debemos recoñecer que está ben montado, cunha
presentación moi ó estilo do “Equipo A”, esa famosa serie do
anos 80,... coa Sra. Conchi Ortega en plan Coronel Hannibal Smith,...
Sobre a música, estamos con dudas, non a temos nada acertada, pero
hai dous que opinan que se semella a unha das películas da “Parque
Jurásico”,.. ¿¿?? Logo o outro vídeo ten un inicio moi da
“Guerra da Galaxias”,... está
ben iso de recoñecer que nestes 8 anos na oposición o PP non fixo
nada.
Aquí
está o enlace, os vídeos están na parte inferior.
http://www.infominho.com/index.php/id/51/objeto/25861/claves/PRESENTACI%C3%93N-DOS-POPULARES-DE-A-GUARDA
Logo,
chegounos unha invitación para compartir i escoitar un programa da
SER; trátase dun programa da emisora da SER Baixo Miño (sede en
Tui) que foi emitido o pasado 24 de Abril; trátase dun debate dos
candidatos á Alcaldía de A Guarda: Sr. Antonio Lomba (PSOE), Sra.
Conchi Ortega (PP), Sr. Angel Baz (BNG) e Sr. Celso Fariñas
(Converxencia).
Como
todo debate, cada parte ten a súa opinión sobre un tema, as veces
hai coincidencias ou aproximacións entre as partes, e noutros casos
hai discrepancias,... pois é o normal. Tras escoitar un par de veces
o enlace; non gostamos do tono arrogante do Sr. Antonio Lomba (PSOE)
sempre cortando e “pisando” as intervencións dos seus
contrincantes; as veces semellaba ser moi vanidoso e altaneiro có
Sr. Angel Baz (BNG),... entendemos que é unha persoa novata na
política local, pero é merecedora dun respeto.
Hai
intres do programa, que o locutor no seu papel de moderador está
nervioso, pois olla que o posicionamento do Sr. Antonio Lomba (PSOE)
é agresivo i está fóra de lugar. Nun par de ocasións ten que
reconducir a conversa, pedirlle ó Sr. Antonio Lomba (PSOE) que deixe
falar ós seus compañeiros de programa, que respete os turnos,...
Non
queremos entrar a valorar ideas, propostas, criticas,... pero si é
importante facer as cousas con educación, moderación, respeto ós
contrincantes,... etc. Ollamos ó Sr. Antonio Lomba (PSOE) nunha
posición moi soberbia e chea de chulería e arrogancia cara ós seus
contrincantes.
Si
queredes escoitalo, aquí deixamos o enlace; lembrade que é o venres
24 de Abril, e ten unha duración de 53 minutos e 55 segundos.
http://www.ivoox.com/ventana-vigo-viernes-24-abril-audios-mp3_rf_4403423_1.html
Despois
que cada un dos lectores saque a sua conclusión en privado. Nos
queremos uns candidatos máis educados, menos arrogantes, que
manteñan as pontes abertas para dialogos e acordos que axuden a nosa
Vila de A Guarda.
Mirador
do Monte Ancos, a 2 de Maio do 2.015.
Ignacio
Cuento Largo. Profesor
de la Facultad de Literatura de la Universidad de Las Torres de las
Cotillas (Murcia; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario