martes, 12 de mayo de 2015

Chega o circo

CHANCHONADA 422º
Chega o circo.



Hoxe, descobrimos que gran parte das farolas das nosas rúas están engalanadas con carteis que anuncian a próxima chegada do circo; o imos ter na nosa pequena cidade entre os días 15 ó 24 de Maio. Xustamente no intre máis álxido da campaña electoral. ¡¡¡que sorte imos ter dous circos polo precio de un só!!!


Nada máis entrar no coche, xa fixemos unha foto a un dos carteis da publicidade do circo que estaba colgado na farola, con certa maldade, pois enriba está o cartel do candidato de certa marca electoral que ten ocupadas moitas das farolas do centro urbano,... Despois de envia-la foto a diversos amigos e amigas, descobro que teño un enlace para ollar un vídeo.
Trátase do vídeo electoral do PP de A Guarda realizado polo Sr. José Carlos Castro Martínez; que resultou agraciado no programa “El intermedio” da Sexta (cadea de Tv de cobertura nacional); onde o presentador fixo o seu comentario irónico e de humor de turno.
Non sabemos si para ben, ou para mal, esta cadena de Tv puxo a campaña electoral da Guarda en coñecemento de toda España; para algúns foi causa de risa o vídeo o PP, e para outros causa de bochorno e vergoña,... en cuestións de sentimentos persoais, vai por preferencias, pero o importante é que foi noticia. Outros gastarán miles e miles de €, pero a súa campaña non terá este efecto mediático.


Señores candidatos e persoas que compoñen as diferentes listas electorais, non teñan medo a facer cousas, algunhas sairán ben, outras regular e unhas poucas mal; unhas traerán votos e outras os perderán,... hai que loitar. Ademáis ser persoas de proxección pública ten o risco da admiración, da burla, da chanza, do chiste e outras cousas por parte do resto dos veciños. Pero non teñades medo escénico, isto forma parte do xogo; podedes estar seguros que eses que se rien e fan bromas, eles non resistirían ni 1 segundo de escarnio público, morrerían do disgusto, ou quedarían traumatizados de por vida.
Sabemos que moitos tedes un certo pánico ó que pode acontecer na noite do 24 de Maio. ¡¡¡Medos fóra!!! Imos tratar de dar algo de alento e moral a todos os nosos candidatos.

Nos nosos datos estadísticos municipais de A Guarda, o maior fracaso electoral aconteceu no ano 2.003; foi colleitado polo candidato de Izquierda Unida (Sr. G. Morais) que como candidato municipal obtivo 42 votos (0,64% dos votantes). De momento ningunha outra forza política, candidato,... obtivo resultado tan malo. ¡¡Ánimo, hai que colleitar +42 votos!! así ninguen poderá decir que sodes un fracaso electoral.


Dende logo para o organizador dunha campaña electoral debe ser todo un pracer dispoñer de moitos medios económicos e materiais para promociona-lo candidato da marca electoral. Tantos medios non garantizan un resultado; pero hai que ser coidadosos coa elección de certas localizacións publicitarias, pois en función dos resultados obtidos poden dar lugar a bromas, chistes e outras maldades.
Fálamos do valado publicitario que ocupa o candidato do PSOE, que está instalado a poucos metros do tanatorio e da entrada do cemiterio parroquial de A Guarda. ¿?, ¿qué pasa si o resultado do candidato non é bó?


Mirador do Monte Ancos, a 12 de Maio do 2.015.

Aquiles Pinto Paredes. Director del Museo de Arte Moderna de la Antigüedad, en Guarroman (Jaén; España). 




No hay comentarios:

Publicar un comentario