Victoria
pírrica.
Victoria
pírrica é aquela que se acada, pero o custe é tan alto que resulta
que non é rentable para o vencedor; son victorias que están moi
perto da liña que as separa dunha derrota.
Fai
algo menos de 20 anos, toda a comarca do Baixo Miño era territorio
onde ondeaban orgullosos os emblemas do PP; pero nestes anos de ser a
forza hexemónica vai camiño de trocarse en formato de minoria
maioritaria; gran parte desta desfeita é consecuencia e
culpabilidade directa das propias dinámicas internas do PP.
Entre
os anos 2.007 e 2.011 o PP da Guarda semellaba estabilizarse nos
1.930 votos; pero o domingo pasado caíu ata os 1.277 votos
(agora novo solo electoral do PP); unha caida de 661
votos, unha perda do 34% dos votantes,... 1 de cada 3
votantes do PP pasou a votar maioritariamente a ex-concelleira do PP
e parte detes tamén votaron BNG. A pesar de tan importante perda de
661 votos, a aplicación matemática da lei de D´Hont fai que por
sorte a perda sexa de 1 só concelleiro.
Dende
aquel ano 2.007 cando o PSOE acadou a maioría absoluta, con 3.009
votos; nos anos seguintes o apoio dos veciños ten minguado de xeito
continuo, así nesta última cita acadou 2.020 votos, 989 votos
menos que fai 8 anos anos (-32,8%), ou 678 votos menos que fai catro
anos (-25%),... Demasíado desgaste para estar no poder; a
maioría deste desgaste centrase nas zonas urbanas de A Guarda e
Salcidos,... Este tamén é un exemplo onde a aplicación da lei de
D´Hont favorece ós partidos con maís votos, pois estas importantes
perdas de votos, supoñen perdas pequenas de concelleiros.
Posiblemente,
gran parte dos votantes que deixan de apoiar o PSOE non pasan a
outras opcións da oposición, posiblemente sobre un 90% deles pasan
directamente á abstención.
Tanto
BNG, como CCD e Converxencia crecen en número de votantes, pero as
súas victorias en número de votos non capitalizan as gañancias en
número de concelleiros.
Lamentablemente
non sabemos, e posiblemente nunca saberemos, que cantidades de
diñeiro gastan nas campañas electorais, cantos son fondos propios,
cantos son fondos de empresas privadas,.... Os candidatos nas
eleccións falan de facer transparente a xestión do concello, de que
sexa próxima ó cidadán,... e son incapaces de facer transparentes
as contas dos seus partidos.
De
acordo coa Orde 572/2015 do Ministerio de Administracións Públicas;
sabemos que por cada concelleiro obtido, os grupos políticos van a
percibir do Erario Público 270,90€; así como 0,54€ por cada
voto acadado por cada candidatura, cando polo menos un dos seus
membros é proclamado concelleiro.
Así
serán as subvencións que van a perceber os grupos políticos
presentes na nova Corporación Municipal de A Guarda.
PSOE.....
7 concelleiros (270,9€)...... 2020 votos (0,54€)............
2.987,1€
PP...........
5 concelleiros (270,9€)...... 1277 votos (0,54€)............
2.044,08€
BNG.......
3 concelleiros (270,9€)...... 997 votos (0,54€)..............
1.351,08€
C.G.
..... 1 concelleiro (270,9€)...... 495 votos (0,54€)............
538,2€
CCD.......
1 concelleiro (270,9€)...... 366 votos (0,54€)............
468,54€
I.
Vñal..... 0 concelleiro (270,9€)...... 179 votos
(0,54€)............ 0,0€
Nos
pensamos que con isto, posiblemente non cheguen a cubrir nin 1/3 dos
gastos que fixeron durante a campaña.
Mirador do Monte
Ancos, a 28 de
Maio do
2.015.
Heliodoro
Trigo Duro.
Empresario panadero (Pancrudo; Aragón; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario