lunes, 25 de mayo de 2015

Parabéns para todos


CHANCHONADA 428º
Parabéns para todos.



Na “Chanchonada 420º” do pasado 8 de Maio, fixemos a nosa previsión de resultados municipais para A Guarda. Imos a ver como ficou a cousa.

PP; dixemos de 4 a 5 concelleiros, ten 5. As nosas estimacións de voto estaban no entorno dos 1.340 a 1680 votos; ficou en 1.277 votos.
Acertamos no número de concelleiros, pero a estimación de votos foi inferior á prevista.

PSOE; dixemos de 5 a 7 concelleiros; ten 7. As nosas estimacións de voto estaban no entorno dos 1.640 a 2.110 votos; ficou en 2.020 votos.
Acertamos no número de concelleiros, a estimación de votos está no previsto.

BNG; dixemos de 1 a 2 concelleiros; ten 3. As nosas estimacións de voto estaban no entorno dos 415 a 660 votos; ficou en 997 votos.
Erramos no número de concelleiros, tamén erramos na estimación de votos.

C.G.; dixemos de 3 concelleiros; ten 1. As nosas estimacións de voto estaban no entorno dos 960 a 1.090 votos; ficou en 495 votos.
Erramos no número de concelleiros, tamén erramos na estimación de votos..


C.C.D; dixemos de 0 a 1 concelleiro; ten 1. As nosas estimacións de voto estaban no entorno dos 240 a 360 votos; ficou en 366 votos.
Acertamos no número de concelleiros, a estimación de votos está no previsto.

Iniciativa; dixemos 0 concelleiros; ten 0. As nosas estimacións de voto estaban no entorno dos 80 a 120 votos; ficou en 179 votos.
Acertamos no número de concelleiros, a estimación de votos superou o previsto.


Dixemos unha participación de 6.250 votantes a 5.810 votantes. O voto real foi de 5.639 votantes; andivemos perto, pero ficou por debaixo da estimación. Isto ben a dar una abstención do 33,67% (un tercio dos cidadáns non votaron).

Falamos dunha bolsa de voto oscilante de 500 votantes; pois ben, semella que estes 500 votantes oscilaron dende Converxencia, para ir cara ó BNG. Polo tanto, en certo xeito nisto acertamos.

Resulta ser que é a primeira vez que estivemos traballando matemáticamente có electorado da Guarda. Básicamente acertamos o 66% das previsións sobre os concelleiros, no caso do CCD acertamos plenamente, e no PSOE tamén. As estimacións de voto do PP ficarón por debaixo da nosa previsión (63 votos); acertamos nos concelleiros de Iniciativa, pero a estimación de voto mellorou as nosas previsións.

O factor do voto oscilante sabíamos que estaba ahí, que existía esa bolsa de 500 votantes, que durante a campaña foise movendo a outra opción.

Para ser un pequeno grupo de amigos, sen medios materiais, económicos e técnicos das grandes empresas demoscópicas, non o fixemos tan mal.

Só un dato; o número de votos nulos e brancos na Guarda está moi por riba do que é normal nos nosos concellos veciños; 305 votantes o
ptan por estas opcións. ¿Qué lle pasa ó 5% dos votantes?



Mirador do Monte Ancos, a 25 de Maio do 2.015.

Abraham Hurtado Herencia. Subdirector de exportaciones de “Kagada International Corporation” (Kagada; Gyoda, distrito de Saytama; Japón).



No hay comentarios:

Publicar un comentario