viernes, 15 de mayo de 2015

Datos do paro; Abril 2.015

CHANCHONADA 423º
Datos do paro; Abril 2.015.




No pasado mes de Abril, o paro baixou na comarca do Baixo Miño en 30 persoas; é bo dato; malo, zona da Foz do Miño o paro baixa en 21 persoas, creando algo máis da dos dous tercios do emprego xenerado na comarca miñota; básicamente polo tirón de A Guarda. Semella que todo ese discurso triunfalista do PP, baseado en datos macroeconómicos, do final da crisis, da época de creacións de emprego,... aquí non chega.


A Guarda en Abril de 2.015 = 909 parados (Homes 434 e Mulleres 475)

Menores de 25 = 50 (Homes 22 e Mulleres 28)
Entre 25 e 44 = 451 (Homes 202 e Mulleres 249) (49,61% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 408 (Homes 210 e Mulleres 198)

Agricultura = 131 (+1 novo emprego)
Industria = 102 (+7 novos empregos)
Construcción = 90 (+1 novo emprego)
Servicios = 525 (+22 novos empregos)
Sen emprego = 61 (+1 parado)

Na Guarda o paro baixa en 30 persoas:

                                            Poboación masculina                 Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 22 (+5 novos empregos) ..... 28 (+2 paradas)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 202 (+8 novos empregos) .... 249 (+9 novos empregos)
Maiores de 45 anos: ............ 210 (+2 novos empregos) ... 198 (+9 novos empregos)


Hai creación de emprego i en diferentes sectores, exceptuando o grupo de sen emprego anterior. Respecto ó mes anterior o paro baixa nun -3,19%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -7,24%, baixa en -71 parados. 2/3 dos novos empregos foi xenerado polo sector servicios. Nos meses vindeiros debería o sector servicios e a pesca crear máis emprego.


O Rosal en Abril de 2.015 = 689 parados (Homes 319 e Mulleres 371)

Menores de 25 = 41 (Homes 16 e Mulleres 25)
Entre 25 e 44 = 295 (Homes 137 e Mulleres 158)
Maiores de 45 = 353 (Homes 165 e Mulleres 188) (51,23% do total de desempregados)

Agricultura = 96 (=)
Industria = 85 (=)
Construcción = 110 (+1 novo emprego)
Servicios = 353 (+9 parados)
Sen emprego = 45 (+4 novos empregos)

No Rosal o paro sube en 4 persoas:

                                        Poboación masculina          Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 16 (+3 parados) ............... 25 (+1 novo emprego)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 137 (+3 empregados) ...... 158 (+4 novos empregos)
Maiores de 45 anos: ............ 165 (+9 parados) ........... 188 (=)


Mal dato no rosal. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +0,58%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -8,01%, con -60 parados. Datos malos ós do Rosal; hai que prestar atención ós parados maiores de 45 anos, pois xa son máis de metade.


Oia en Abril de 2.015 = 326 parados (Homes 149 e Mulleres 177)

Menores de 25 = 21 (Homes 11 e Mulleres 10)
Entre 25 e 44 = 172 (Homes 76 e Mulleres 96) (52,76% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 133 (Homes 62 e Mulleres 71)

Agricultura = 52 (+10 novos empregos)
Industria = 18 (+4 novos empregos)
Construcción = 36 (+4 novos empregos)
Servicios= 187 (+21 novos empregos)
Sen emprego = 28 (+2 novo emprego)

En Oia o paro sube en 5 persoas:

                                        Poboación masculina            Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 11 (+2 parados) ............... 10 (=)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 76 (+2 parados) ............... 96 (+3 paradas)
Maiores de 45 anos: ............ 62 (+1 novos empregos) ...... 71 (+1 novo emprego)


É o concello miñoto que rexistra a maior subida no paro. Respecto ó mes anterior o paro sube un +1,56%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -1,8%, con -6 parados. Datos malos ós do Oia; hai que prestar atención ós parados maiores de 25 a 44 anos, pois xa son máis de metade.


Tomiño en Abril de 2.015 = 1.552 parados (Homes 726 e Mulleres 826)

Menores de 25 = 107 (Homes 57 e Mulleres 50)
Entre 25 e 44 = 690 (Homes 313 e Mulleres 377)
Maiores de 45 = 755 (Homes 356 e Mulleres 399) (48,64% do total de desempregados)

Agricultura = 191    (+2 novos empregados)
Industria = 210    (+4 novos empregados)
Construcción = 211  (+10 novos empregados)
Servicios = 812  (+1 novo empregado)
Sin emprego = 128  (+4 desempregados)

En Tomiño o paro baixa en 13 persoas:

                                          Poboación masculina                Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 57 (=) ....................................... 63 (=)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 313 (+7 desempregados) ...... 377 (+13 empregadas)
Maiores de 45 anos: ............ 356 (+4 empregados) ........... 399 (+3 empregadas)


Hai unha creación de emprego; a maior creación é no sector feminino. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -0,83%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -203 parados, un -11,56%. A activa política de obras municipais que hai en Tomiño xa da efectos no sector da construcción; pero máis da metade dos desempregados son do sector servicios.


Tui en Abril de 2.015 = 2.057 parados (Homes 856 e Mulleres 1.201)

Menores de 25 = 136 (Homes 76 e Mulleres 65)
Entre 25 e 44 = 1046 (Homes 390 e Mulleres 617) (48,95% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 909 (Homes 390 e Mulleres 519)

Agricultura = 88  (+2 empregados)
Industria = 311    (+3 empregados)
Construcción = 249    (+1 novo empregado)
Servicios = 1.168      (+2 desempregados)
Sin emprego = 241   (+8 desempregados)

En Tui o paro sube en 4 persoas:

                                        Poboación masculina            Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 76 (+2 desempregados) ......... 65 (=)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 390 (+14 empregados) ............. 617 (+6 desempregadas)
Maiores de 45 anos: ............ 390 (+8 desempregados) ........ 519 (+2 desempregadas)




Mal dato o Tui, segue amosando moita atonia na creación de emprego; o cal é unha mala sinal. Respecto ó mes anterior o paro sube un +0,19%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en 205 parados, un -9,06%. Vai a remolque respecto ós concellos veciños; tamén hai que prestar atención ó paro no sector servicios, que acumula o 56,8%.




No pasado mes de Abril, a actividade de creación de emprego centrouse na zona da Foz do Miño.


Nestes días temos ollado como en diferentes programas electorais falan do turismo como a gran panacea e solución para crear emprego. Lamentablemente isto non é verdade; o sector turismo na nosa comarca só xenera emprego durante un trimestre, e no mellor dos casos durante 4 meses. Isto non son as Illas Canarias có seu clima para vivir 12 meses do turismo, nin isto é unha gran urbe como Paris, Madrid, Londrés que poden vivir do turismo cultural, de negocios, e por outras miles de activos que teñen ¿¿logo de qué vivimos durante os 9 ou 8 meses restantes??
Outra cousa; o sector turismo, hostelería,... e similares, xeneran empregos de baixa cualificación profesional, con soldos baixos,... e os empresarios locais non buscan persoal de alta cualificación profesional, nin queren pagalo.


Finalmente; gastamos miles de € dos nosos orzamentos municipais (diñeiros públicos) para promociona-los negocios de empresarios privados,... pero os beneficios son para eles. ¿¿Canto aportan eles para face-la promoción turística da nosa comarca??

A nosa pena e solidariade don eses obreros mortos no incendio da súa fábrica en Filipinas.
Mirador do Monte Ancos, a 14 de Maio do 2.015.

Camila Rosa Clara. Directora comercial adjunta de Abanderado en Quitacalzón (Valdivia; Chile).






No hay comentarios:

Publicar un comentario