Ruido
de fondo.
Nestes
días, ata ó día 22 de Maio imos ter que escoitar moitas mensaxes
publicitarias políticas, algunhas desas serán contradictorias, pois
forman parte da verborrea política en época electoral. “Pepiño
dirá que fixo moito en 4 anos; pero Manoliño o seu contricante dirá
que non fixo nada de nada,.. ¿Quén dí a verdade?”.
Todos
sabemos que os servicios sociaís tratan de palia-los desaxustes
sociaís i económicos que temos como sociedade; para que certos
membros da nosa comunidade teñan garantido un mínimo de
subsistencia e de dignidade. O campo de traballo dos servicios
sociais é moi amplo i extenso: protección e apoio a familias,
atención da infancia e da terceira idade, integración de persoas
discapacitadas, prevención da marxinación social e inserción dos
mesmos, prevención da toxicomanía e reinserción social,.... e
outras moitas problemáticas que non imos a enumerar, pois seguro que
sempre imos a esquecer algunha.
Os
nosos concellos teñen un departamento de servicios sociais, teñen
servicios para determinados colectivos e problemáticas específicas,
teñen orzamentos para o seu persoal e atender estes problemas,...
Para evitar ruidos de fondo, que si fulano fixo moito, que si só
atende a estes problemas i esquece outros,... Entendemos que os
recursos económicos son límitados e non chegan para todo.
Imos
mostrar nun cadro, os gastos municipais en servicios sociais en
relación ó número de habitantes, feito nos últimos anos; polo
tanto os seguintes números están en €/hab.
2.010 2.011 2.012 2.013 Variación
A
Guarda....... 35,98...... 36,70 ....... 33,62 ....... 34,19 .......
-4,97%
Oia................
50,57...... 42,88 ....... 52,85 ....... 82,99 ....... +64,1%
O
Rosal......... 27,17...... 27,65 ....... 26,78 ....... 28,89 .......
+6,33%
Tomiño.........
32,72...... 32,32 ....... 35,35 ....... 37,54 ....... +14,73%
Tui................
20,67...... 19,87 ....... 17,44 ....... 20,18 ........ -2,37%
Son
anos de crisis, onde as necesidades en servicios sociais están en
aumento; ollamos como os recursos teñen medrado, pero destacan
moito e para mal as excepcións de Tui e A Guarda,... isto
son datos económicos, logo o ruido electoral é outra cousa, sabemos
que estes datos entran en contradicción con certas mensaxes
electoralistas.
Ainda
así e todo, Tui e Rosal adican poucos recursos a estas necesidades
sociais. No lado oposto está Oia, onde a situación económica está
facendo moi necesarias as políticas de asistencia social.
Non
imos a criticar a este partido político, ou a outro,... xa é moi
duro a nivel persoal para una persoa (pai ou nai) estar nunha cola
para recoller un paquete de comida, estar á vista de outros
veciños,... é unha perda de dignidade moi grande. Pero para outros
veciños que ollamos esa imaxe, tamén é duro, sofrimos por ese
coñecido, e temos unha aprensión interna que nós podemos ser os
seguintes en estar nesa situación.
Querríamos
que neste tema non se fixera demagoxía, pois na confrontación,
pisanse as dignidades de moitas persoas.
Mirador
do Monte Ancos, a 10 de Maio do 2.015.
Marcelo
Notable Alto. Profesor
de matemáticas en la Universidad de Venta de Baños (Palencia;
España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario