viernes, 22 de mayo de 2015

Querida Lúa

CHANCHONADA 427º
Querida Lúa.



De nenos todos aprendemos que o noso planeta Terra ten un único satélite natural, a nosa querida Lúa; afirmación que todos compartimos. Pero a realidade astronómica é un pouco máis complexa e sobre todo descoñecida pola inmensa maioría da xente. Realmente o noso planeta Terra ten un satélite natural que é a Lúa, pois está ten unha órbita ó redor do planeta; pero logo hai tres corpos que teñen unha órbita ó redor do Sol, pero moitas veces están nás próximidades do planeta Terra e son considerados como cuasi-satélites: (3753) Cruithne, 2002 AA29 e 2010 TK7.

(3753) Cruithne ten unha dimensión de 5 Km, e normalmente está a uns 12 millóns de Km do planeta Terra. 2002 AA29 está a uns 3 millóns de Km e posiblemente dentro de 5 séculos xa sexa o segundo satélite natural do noso planeta. 2010 TK7 é un satélite troinano que segue a órbita terrestre dentro dun punto de Lagrange, está a 80 millóns de Km.



Deixamos a clase de astronomía a un lado; imos a centrarnos en dous aspectos da campaña electoral que hoxe termina.

1º) Recursos materiais publicitarios.
A) Abundancia de recursos:
Destaca por encima de todo o PSOE: valados publicitarios, carteis, pancartas, regalos publicitarios diversos, envio de publicidade por correo, aluguer de vehículo para a megafonía, banderolas en farolas, publicidade en internet,...
Por exemplo diremos que un valado publicitario ten un custe que oscila entre 800€ a 1.000€; como durante a campaña e pre campaña teñen usado 10 valados, isto xa comporta un custe mínimo de 8.000€. Posiblemente có resto de custes o orzamento da campaña do PSOE ascenda a 14.000€.

En segundo lugar están a campaña do PP e de CCD (o partido de Fátima Iglesias); estimamos uns gastos de 8.000€

B) Carencia de recursos:
Aquí están o BNG, Converxencia e Iniciativa Veciñal; moitos menos recursos, de feito parte dos mesmos son elementos de campañas anteriores que están reutilizando. Estimamos que ambos deben estar por debaixo dos 3.000€.


2º) Persoal polas rúas.
A) Candidatos polas rúas:
Os máis activos cós seus candidatos principais polas rúas, facendo campaña activa teñen sido o BNG e Converxencia, foi moi normal ollar a Xan Lois Lomba, Angel Baz, Beatriz Estévez e a Xosé María Martínez,... e as veces arroupados por outros compañeiros.
Un aplauso para estes señores que teñen pateado moitas rúas, facendo traballo porta a porta,...

A) Voluntarios polas rúas:
Aquí tódalas forzas políticas puxeron a súa xente a traballar; os que teñen orzamentos máis altos non estiveron tan presentes nas rúas; pero os que teñen menos medios materiais teñen que facer un esforzo có seu persoal voluntario.
Para todos eles, eses simpatizantes de tódalas forzas políticas un forte aplauso para todos; ogallá algúns candidatos vos tomasen como un exemplo.


Nós pensamos que 15 días de campaña electoral é moito tempo, posiblemente con 7 días sería suficiente; ademáis isto podería traer un aforro de custes. Non nos gusta tanto despliegue de medios publicitarios, pois semella que hai certas contradiccións coa situacións económica na que viven moitos veciños.

Sobre o uso da megafonía, nós recomendamos un volumen un pouco máis baixo, e que sexa usada dentro de certos tramos temporais, por exemplo entre as 10.30 ata as 13.00 horas e logo dende as 17.00 ata as 20.00 horas.

Señores sorte para todos neste vindeiro domingo.



Mirador do Monte Ancos, a 22 de Maio do 2.015.
Benita Losa Ligera. Profesora universitaria de Geología Aplicada en la Universidad Central de Río Negro (Ciudad del General Roca; Río Negro; Argentina).









No hay comentarios:

Publicar un comentario