domingo, 8 de marzo de 2015

Un bofetón a tempo

CHANCHONADA 390º
Un bofetón a tempo.




Dende que fai uns 3.500 millóns de anos apareceu a vida no planeta Terra, hai un proceso normal e natural que é a extinción; aquelas especies de seres vivos que non se adaptan ós trocos, rematan por desaparecer. Prácticamente o 99% das especies que vivirón sobre o planeta, hoxe están extintas. Por exemplo, a extinción do período Permo-Triásico causou a extinción do 96% das especies vivas nese momento; a gran extinción do final do período Cámbrico,...

Polo tanto o fin último dunha especie é extinguirse.

Nos procesos das actividades humanas tamén hai extincións: auxe e caída dos imperios, grandes movementos culturais, relixiosos,... tamén a desaparición das empresas son un proceso de extinción, que ten a denominación de quebra, sobre todo cando acontece moi rápido, a moitas empresas do mesmo grupo de actividade en pouco tempo, entón estamos ante un proceso de crisis.
Na dinámica capitalista, a desaparición de empresas serve para redistribui-los recursos económicos das empresas insolventes para outras emerxentes e máis valoradas polos consumidores. As quebras teñen unha función disciplinante na mente colectiva da sociedade, pois amosan que modelos de negocio, productivos, organizativos non funcionan e fracasan, para que non sexan reproducidos no futuro.
Por exemplo o modelo económico esclavista en gran medida está case que extinto; polo tanto a Historia ensina que non se debe ir por esa dirección.


Pero as veces as cousas non son así; pois no noso sistema económico hai un grupo de empresas que teñen collido o privilexio para si mesma de ser protexidas da extinción: Os Bancos. Realmente, son os acreedores dos bancos, nestes 100 anos, quen teñen conseguido que se lexisle mundialmente para blindarse frente, evitando que os bancos quebren. Así as grandes perdas económicas polas malas prácticas bancarias, malas xestións,... deben ser asumidas polos contribuintes vía impostos, vía emisión de débeda pública.
Os grandes beneficios bancarios son privados e repartensen entre os seus accionistas; pero cando chegan a perdas; estas deben ser tapadas con diñeiros e recursos económicos públicos. Ainda hoxe estamos ollando os exemplos disto. Realmente estamos ante a suspensión dunha quebra bancaria, socializando e asumindo todo o colectivo social esas perdas.
¿Realmente isto é bó?. NON; pois a mensaxe que se transmite dende os gobernos é a seguinte: “Señores banqueiros e financieros vostedes teñen barra libre para asumir riscos, se as cousas saen mal, está o Presuposto Nacional para paga-las facturas da borracheira que collan”.


Dín que xa estamos saindo da crisis; pero aquí os “paganos” (persoas que pagan) fomos todos os cidadáns. Así estamos avanzando cara a unha gran concentración de entidades bancarias, poucas en número e moi grandes; sen control e que o risco futuro para rescata-las con inxentes cantidades de recursos públicos vai ser máis grande, pois necesitaremos moitos máis recursos económicos.


Se a un neno malcriado, arisco, descarado, cheo de vicios,... non o reprimes para que camiñe polo bó camiño; tarde ou cedo os seus vicios iranse reproducindo e sendo maiores; ata que rematen por ser insoportables e insolucionables polos pais.
Neste caso, o rol dos pais é o Estado (tódalas institucións públicas dunha nación). O Estado optou por darlle privilexios a un sector económico (financiero – bancario), ó protexe-lo legalmente da quebra (extinción). Así o sector privilexiado, sabe que “papa Estado” nunca vai a zorregarlle unhas merecidas zoscas no cú;... ¡¡¡Non seria extraño que un día o neno remate por pegarlle ó pai!!!
A solución está máis que clara: retirarlle tódolos privilexios ó sector bancario e financiero. Pero ningún político enarbola esta bandeira, polo tanto é unha sinal que están o servicio do “neno vicioso”.

Mentrás para os bancos hai licencia legal para rescata-los,... os cidadáns de a pe, os pequenos comerciantes, pequenos empresarios,... nós non gozamos dese privilexio e debemos afronta-las débedas, perdelas nosas casas, propiedades,... ¿Cómo se entende isto?; os recursos públicos son para salvar a multimillonarios, pero non serven para salvar a miles e miles de cidadáns.

Fai uns días (11 de Febreiro do 2.015) a Xustiza Italiana condenou ó capitán do “Costa Concordia” polo naufraxio dese buque, a unha pena de 16 anos de prisión. Se fose o presidente dun banco, seguramente non pasaría nada, a culpa sería dos aforradores e das persoas que confian os seus diñeiros ó banco.


Nota de Redacción: gran partido onte do Athl. Guardés; as nosas xogadoras están facendo historia. Tamén gostamos desas reunións públicas, á vista de todos, da nova candidata do PP con concelleiros da actual Corporación, alí mesmo no pabellón. Lamentablemente estábamos na grada de enfrente,.. ¡¡pena non estar máis cerca!!.


Mirador do Monte Ancos, a 8 de Marzo do 2.015.

Valentín Paz y Amor. Párroco y Gestor de un Banco de Alimentos en La Abundancia (Veracruz; México).



No hay comentarios:

Publicar un comentario