viernes, 20 de marzo de 2015

Dique seco 3º

CHANCHONADA 397º
Dique seco 3º.



Xa temos situadas as imadas nos puntos sinalados no plano, a liña central onde descansará a quilla do buque, logo as imadas laterais onde descansarán os elementos estructurais do fondo das cuadernas,... Xa se retirou toda maquinaria que había no fondo do dique, limpouse de todo elemento extraño,... realizouse unha revisión de xeral de todo, e finalmente dous operarios van percorrendo todo o fondo do dique revisando se hai algo extraño, ó chegar o final fan sonar unha bocina e ascenden polas escalas. Esa é a sinal da “hora da mexada”.
A “hora da mexada” non é un termo non técnico, é de uso interno. Marca a apertura dunhas válvulas que comenzan a introducir agua do mar no interior do dique; o ritmo de entrada vai ser lento, para situa-lo nivel por rima das imadas,... por ese ritmo lento, en plan cachondo a ese período o chamamos mexada. Logo có nivel da agua por riba das imadas xa se abre máis caudal, para acelera-la entrada de agua dentro do dique, proceso que requerira varias horas máis.

Normalmente na política, sexa local ou non, existen dúas formas básicas de transmitirlle o poder ó sucesor:
A) “Transmissonem in mandato”. Traslada-lo mando dende a persoa que o estenta ó herdeiro (ou herdeira) durante o propio mandato. Pode facerse en calquera intre do mandato, o máis práctico é transmitilo na metade da lexislatura, así o sucesor presentase ás eleccións no posto de mando. Para isto requirese que o herdeiro sexa o segundo la lista, ademáis o mando debe ir cedendolle responsabilidades e protagonismo.
A ventaxa deste sistema, é que o herdeiro presentase ás eleccións cun gran bagaxe, ten a imaxe pública de ser herdeiro, xa ten experiencia no goberno, moitas responsabilidades asumidas, gran parte do mando no partido,... só ten que gaña-las eleccións (“Convalidandum mandatum”).


B) “Lucror novum mandatum”. Non hai transmisión de poder en exercicio, o herdeiro ou herdeira debe gaña-la confianza dos electores nas eleccións. Este é un proceso moi duro para os candidatos novos, pois a maioría son descoñecidos dos cidadáns.

Estes son os procedementos normais; o proceso de transmiti-lo mando durante o mandato é unha gran ventaxa para o herdeiro.
A día de hoxe ainda non entendemos porque o Sr. José Manuel Domínguez Freitas, como Alcalde de A Guarda non fixo unha “transmissonem in mandato”, nestes 4 anos de lexislatura o candidato non foi visible, non asumíu novas responsabilidades,... Todo, porque ía mal situado na lista do PSOE. Resulta evidente, que o Sr. Antonio Lomba en Maio do 2.011 non figuraba como persoa relevante na estructura interna, nin era un candidato para a sucesión. Semella que é un candidato improvisado.
Para subsanar eses erros, agora en cada foto do Alcalde, temos sempre cerca ó novo candidato do PSOE; logo están os valados publicitarios contratados (notase que hai abundancia de cartos no PSOE da Guarda),...
O seguinte é un consello con un pouco de maldade, pero ben intencionado da parte feminina do “Mirador” que é máis entendida en cousas estéticas. Dado que o Sr. Candidato do PSOE é algo ceñudo (cejijunto, en castelán), unha imaxe frontal do mesmo é pouco estética; o máis adecuado son imaxes de perfil,... ou facer unha depilación das cellas.


A ventaxa, é a guerra interna centrifuga que vive o PP guardés. O mesmo día 9 de Marzo, nun lugar da Guarda era presentada a Sra. Conchi Ortega como candidata do PP; nesa mesma hora na sede do PP na rúa Brasilino, hai unha xuntanza da Xunta Xestora Local do PP para formalizar un escrito dirixido á Dirección Provincial do PP, para queixarse na imposición da candidata, ausencia de participación dos membros do PP da Guarda, que se sinten desautorizados pola Dirección Provincial,.... quen xa tiña tomada a decisión da nova candidata dende o día 27 de Febreiro do 2.015.
Estes procedementos de imposición do candidato non son bós, pois hai membros que se sinten “ninguneados”, xeneran divisións internas, que tardarán anos en pecharse, pois sempre hai elementos que esperan o intre oportuno da vinganza.


A todos, imos a expoñer unha ecuación matemática moi simple. Cando unha opción política se divide entre dous; os votos posibles dividense entre tres. A división de votos, evidentemente non é dun xeito proporcional; hai votantes que seguirán leais ó partido, ó novo candidato, ós novos mandos,... outros irán cós rebeldes, e un grupo non querrán estar nin cós Tirios, nin cós Troianos.


Mirador do Monte Ancos, a 21 de Marzo do 2.015.

Glorioso Galván Izado. Director de ventas de la empresa de cableados eléctricos “El Chispazo” (Cabezas de Alambre; Ávila; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario