jueves, 26 de marzo de 2015

Anemia perniciosa

CHANCHONADA 400º
Anemia perniciosa.




A anemia é unha enfermidade producida por diferentes causas, o efecto evidente da mesma é unha carencia de glóbulos vermellos, os cales suministran osíxeno e alimentos ós diferentes texidos e órganos do corpo. A anemia perniciosa é consecuencia da carencia da vitamina B12, pois esta vitamina é necesaria para a formación dos góbulos vermellos; para absover esta vitamina B12 polos intestinos, antes é necesario que as células do estomago liberen unha proteina denominada “factor intrínseco” (IF).
Dado que somos europeos do sur; este tipo de afección non é moi corrente entre a nosa poboación; pero si entre a poboación europea nórdica.



Non imos a tratar temas médicos, iso está reservado para os profesionais desa rama. Pero por similitude có funcionamento do corpo humano; nas nosas sociedades as persoas activas laboralmente, que xeneramos a riqueza económica somos como os góbulos vermellos. Na “Chanchonada 395º” ollamos a evolución da taxa de desempregos que temos nos nosos concellos miñotos nestes últimos anos.
Hoxe imos a seguir neste tema, pero ollando o problema dende outro punto de vista; imos a ollar o aumento de parados dende o ano 2.006 ata o ano 2.014, o seu crecemento en porcentaxe, a cantidade de afiliados á Seguridade Social no mesmo período.


                        Variación Paro        %            Afiliados S.S.         %
A Guarda ........ +367 ............. +75% .............. -693 .............. -19,95%
Oia ................. +111 ........... +67,68% ............ -196 .............. -25%
O Rosal ......... +294 ............. +75,2% ............ -240 .............. -16,2%
Tomiño ......... +731 ............. +84,3% ............. -702 .............. -22,1%
Tui ................ +963 ............. +87,47% .......... -251 .............. -4,55%


Estas son as nosas conclusións:
1º) Destaca, para mal, a forte caida de afiliados á Seguridade Social de Tomiño e Oia; por decilo de outro modo, os concellos cunha estructura productiva e económica máis rural é onde máis forte golpea o desemprego. No caso de Tomiño, ademáis está o forte aumento do desemprego.

2º) Estivemos varias veces comprobando os datos de Tui, pois semellan ser contradictorios, xa que é o concello onde máis medra o desemprego, pero tamén é onde hai o menor descenso de afiliación á Seguridade Social. Isto é consecuencia de dous factores, por un lado a gran presencia de funcionarios das diferentes Administracións Públicas (a súa presencia ten un efecto amortiguador) e por outro lado a un grupo poboacional inimigrante moi numeroso, moitos deles inscritos como demandantes de emprego, pero que nunca traballaron nin cotizaron á Seguridade Social.

3º) Logo temos os datos do Rosal e da Guarda; semellan que camiñan da man. Se ollamos as gráficas e táboas de datos socio-laborais,... ambas teñen percorridos casi paralelos. Isto é unha importante sinal que confirma a coordinación ou cohesión social e funcional que hai entre ambos.

4º) Xa na “Chanchonada 395º” ollamos como Tomiño ten a taxa de semprego máis alta da comarca do Baixo Miño é máis prolongada no tempo. Non imos a critica-las mensaxes elctoralistas e triunfalistas do BNG de Tomiño; pero deberían ser máis cautos, pois é onde a situación laboral está en pior situación,... queda moito por facer, e posiblemente isto sexa o lado máis escuro da xestión municipal do BNG de Tomiño.


A conlusión final é que na nosa comarca temos un problema de anemia laboral; lamentablemente o balance desta lexislatura municipal é moi pobre en actuacións por parte dos diferentes gobernos municipais.


Mirador do Monte Ancos, a 27 de Marzo do 2.015.

Aparicio Reina del Vicio. Directora de los Servicios Sociales del Ayuntamiento de Las Virtudes (Ciudad Real, Castilla – La Mancha; España).




No hay comentarios:

Publicar un comentario