sábado, 28 de marzo de 2015

Arroxando migueliños

CHANCHONADA 401º
Arroxando migueliños.



O migueliño (miguelito, nalgúns países americanos), ou abrojo en castelán é un tipo de arma defensiva moi eficiente; formaba parte do armamento dos soldados das lexións romanas (“centaurea calcitrapa”). É un arma que consiste en dúas puas metálicas en posición perpendicular e soldadas, logo cada punta dobrase nunha dirección distinta; así obtemos un tetraedro. Cando se lanza un migueliño, tres puntas fican pousadas sobre o chan e outra apunta cara arriba, en disposición de cravarse no pé de quen a pisa. Dende logo é un arma moi simple, pero moi efectiva.


Hoxe imos lanzar algúns migueliños para que os nosos políticos non se despisten. Dende logo, opinamos como moitos veciños miñotos, estas eleccións locais do 2.015 son posiblemente as máis abertas, as de resultados máis incertos en moitos anos, con moitos factores indecisorios. As opicións en varios concellos están moi abertas; pero tamén ollamos ós candidatos bastante despistados; entendemos que ata agora estaban en categorías inferiores, hai un electorado máis maduro, educado e formado sempre baixo a democracia que pide máis e de mellor calidade.
Sabemos que as eleccións municipais teñen un forte sentimento local, pero tamén hai outras variables que as condicionan, que poden arruinar unha campaña. Algúns estrátegas da política municipal dominan o ABCD básico, algúns nin iso. Imos a ensinarlle ós nosos candidatos este ABCD básico e algo máis:

ABCD básico:
A) Candidato para a alcaldía ou cabeza de lista. A súa elección é moi importante, pois pode marca-la diferencia entre o triunfo ou un fracaso. Xa explicaremos este tema máis profundamente. O candidato é moi importante, sobre un 50% do resultado depende do mesmo, algúns despois de anos xa teñen un electorado fiel e leal, algo que non acontece cós candidatos novos. Hai vellas glorias da política local que non teñen a estes votantes leais e fracasaron na súa mala aventura, ante un candidato novo que gañou onde eles perderon.
B) Núcleo duro. Son as persoas de confianza do candidato, os que están detrás na lista e ocupan os postos entre o segundo e quinto lugar; estas persoas xunto có candidato van forma-lo futuro goberno municipal. O núcleo duro debe aportar confianza e seguridade ós votantes.
C) Marca electoral (partido político). Nas eleccións locais hai marcas para todos os gustos e disgustos, é onde menos valor relativo teñen as grandes marcas de nivel rexional e nacional. Realmente non é un factor determinante, pero canto máis estable no tempo sexa a marca, ¡¡mellor!!, pois remata por ter unha imaxe e clientela propia.
D) Programa electoral. Realmente é o factor menos importante de todos, apenas ten influencia sobre o resultado final; pois a maioría da xente non os lee, non os guarda, revisa,... Por exemplo, o PP da Guarda no ano 2.011 no seu programa electoral non había nada de nada,... eran páxinas onde a señora candidata choraba que os rivais do PSOE a maltrataban. O PSOE da Guarda leva gobernando 8 anos e incumprindo gran parte do programa.


Outros factores que deben coñecer o candidato, o seu núcleo duro e os organizadores de campaña.
1º) A cantidade de asistentes ós actos electorais NON ESTÁ relacionada directamente coa intención de voto real; pois a maioría dos asistentes xa son parroquianos convencidos.
2º) Partido dividido é un exército débil.
3º) A cantidade de diñeiro invertida na campaña NON asegura máis votos. Hai partidos que se gastan miles de € para non lograr nada.
4º) Os votantes non somos tontos. Por desgracia ainda existen políticos locais que viven pensando que os votantes son parvos, lelos, imbeciles,... de acordo que os hai; pero por sorte o seu número está en reducción.
5º) A percepción persoal e colectiva dos votantes sobre un candidato é máis importante que a realidade. Se o colectivo de votantes pensa que o candidato “PepiKola” é un ladrón; xa poden testificar en favor da honestidade do candidato todo o Colexio Cardenalicio do Váticano, que a percepción seguirá invariable. Aquí ten moita razón o refrán castelán: “Coge fama, y echate a dormir”.
6º) Toda campaña é unha guerra electoral; o primeiro é protexe-lo propio terreno electoral (onde obtemos votos) e tratar de invadi-lo territorio do rival. As eleccións gañanse no territorio do rival.
7º) EVITAR AUTO-DESTRUIRSE. Por desgracia hai candidatos que non entenden esta premisa tan básica. Señores candidatos o alcohol é un mal conselleiro, pois remata por revelar os nosos segredos.
8º) Ter unha ou máis razóns para facer unha cousa e saber comunicala para convencer ós electores. Moitos candidatos tornanse imitadores, sen saber o por que. Pero o colectivo dos votantes sempre optan maioritariamente polo que é orixinal, non queren copias baratas, para iso están os mercadillos.
9º) PÁNICO ESCÉNICO. Non hai que ter medo a cometer erros en público. Somos humanos i erramos; no caso de erro hai que actuar con naturalidade e ser capaces de rirse de un mesmo. Demostrar ante os votantes que somos persoas divertidas e non uns amargados da vida.
10º) O enemigo do teu enemigo, non é necesariamente o teu amigo. En política isto é un teorema, non se discute, aprendese e practicase; quen o duda ou cuestiona está perdido no medio da batalla. Para entendelo; o PP é rival do PSOE, o BNG é enemigo do PSOE; pero isto non fai que o BNG sexa amigo do PP (realmente é todo o contrario).


Xa temos rematado de lanza-los migueliños a un lado e a outro, para que os nosos políticos locais camiñen dentro deste ABCD e nestes 10 mandamentos básicos. ¿¿Queredes ver que van a seguir cometendo pifias??


Mirador do Monte Ancos, a 29 de Marzo do 2.015.

Doroteo Aguas Claras. Director de producción de lavabos Roca en El Meadero de la Reina (Cádiz; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario