Dique
seco 1º.
Todo barco precisa pasar certas inspeccións da súa obra viva ou carena; un dos xeitos máis prácticos é introduci-lo navío dentro dun dique seco. Antes, os profesionais do asteleiro deben coñece-lo buque, para ir situando no fondo do dique todo un entramado de calzos, onde descansará o buque, estes calzos recollerán todo o peso do buque, e deben coincidir con elementos estructurais do buque.
Un
dos instantes máis delicados, có dique cheo, coa comporta retirada
é a introducción do buque; require pausa, delicadeza e precisión;
pois hai que situa-lo buque no lugar requerido, non hai que dañalo,
nin tampouco daña-la estructura do dique. Finalmente pechase a
comporta e bombease toda a agua cara ó exterior. ¡¡A traballar!!
Se
o “PP guardés” facemos o simil con un buque, resulta evidente
que estaba necesitado de pasar por dique seco é facer unha
importante obra de renovación e mellora dos elementos estructurais,
maquinaria, cambio de chapas do forro, nova pintura,.... Pero nada
disto se fixo, polo cal os problemas estructurais e de mantenmento
foron en aumento; ata chegar a un punto crítico: colapso
estructural. Nese punto crítico, xa era evidente fai un par de anos
que a renovación emprendida no ano 2.007 non estaba a funcionar.
Agora
temos o “PP guardés” en dique seco; a nova armadora (Sra. Conchi
Ortega) ten moito traballo duro e compricado por diante; con
importantes decisións a tomar:
A)
Material a desguazar.
Gran parte do grupo municipal actual non é aproveitable,
salvo contadas excepcións como o Sr. Rafael Rodríguez Amenedo e a
representante na Entidade Local Menor de Camposancos. Hai que ser
coidadosos na operación de desguace; pois nos 2 meses seguintes hai
que manter baixo vixiancia que fan, que dín, que decisións
toman,... pero sobre todo, evitar que fagan a xogada de pasarse ó
grupo de “non adscritos”, isto hai que considera-lo como unha
traición.
O
material de desguace, pode ser enviado á chatarrería ou ser
guardado para unha re-utilización futura. Isto é unha decisión da
casa armadora.
B)
Obras de reparación e reconstrucción. Aquí a casa
armadora ten dúas opcións:
B1)
Recuperar material vello que
está guardado na chatarrería; é unha solución
facil e barata que require pouco tempo de obras. Pero é unha
solución a curto prazo é que ofrece poucas garantías operativas,
pois a vida útil deste material xa está en gran parte consumida.
Evidentemente a casa armadora non pode vender como barco novo,
o que está reconstruido en gran parte con material vello.
Gran parte deste material xa está obsoleto e non está adaptado ós
requerimentos sociais do 2.015.
B2)
Renovar con material novo;
esta solución non é tan fácil, nin é barata é vai requerir máis
tempo de obras; pois despois da reconstrucción haberá que somete-lo
navio a probas de mar e verificar que elementos cumpren coas
expectativas e cales non son aptos para as especificacións do navio.
É dificil acertar en todo á primeira.
Dende
logo a foto do “Fora de Vigo” da presentación da nova casa
armadora (Conchi Ortega) o pasado xoves día 5 Marzo; rodeada de
tantas vellas glorias da política local e comarcal, semella que nas
obras de reconstrucción hai un plantexamento técnico de usa-la
solución B1. Pero logo o domingo día 8 de Marzo, ten unha comida
con outro candidato descartado (Sr. Carrero), aquí semella que opta
por usa-la solución B2. Tamén hai outra opción, usar unha mixtura
de ambas opcións B1 e B2.
Sabemos
que a nova casa armadora do PP guardés (Sra. Conchi Ortega) necesita
aprender do mundo organizativo e funcional da política. Por diante
ten unha tarefa compricada: reorganiza-lo partido e organizar unha
candidatura; as dúas son tarefas moi compricadas, sobre todo para
unha novata. Hai que prestar atención, ser sutil có material a
desguazar; pero ó mesmo tempo actuar con firmeza, para que ninguen
dude que onde manda patrón, non manda mariñeiro. Hai que
ter coidado cós “tibios”, aqueles que onte estaban nunha
posición e hoxe trocaron totalmente de posicionamento; lembra o
escrito no Libro do Apocalipse 3.16: “Así,
posto que eres tibio, nin frio nin quente, vomitareite da miña
boca.”
Dende
logo, traballo compricado é o que a nova casa armadora do PP guardés
(Sra. Conchi Ortega) ten por diante. Se opta pola opción B2 e
organiza á dirección-liderazgo do PP guardés ó seu gusto, con
persoal da súa confianza; podería ter futuro político para os
vindeiros 12 anos; pero faise necesario enche-lo parque de chatarra
con moito material. O factor tempo xoga na súa contra e na solución
B2.
Mirador do Monte
Ancos, a 14 de
Marzo do
2.015.
Samuel
Diente Torcido.
Profesor de Odontología, de la Facultad de Medicina de la
Universidad del Ratoncito Pérez; Muelas de los Caballeros (Zamora;
España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario