Dique
seco 2º.
Dende
mediados do século XVIII, o día da botadura dun buque é un gran
acto social, onde os propietarios do mesmo convidan a uns hóspedes
de honra, para que asistan ó nacemento do buque, nese día o buque
toma oficialmente nome, entra na agua por vez primeira,... Toda unha
tradición que hoxe continua en todo o mundo. Pero o traballo non
rematou, oficialmente o barco ainda é propiedade do asteleiro; agora
comenzan as probas de mar, hai que comprobar que o buque cumpre cós
requisitos contratados: flotabilidade, estabilidade,
maniobrabilidade, velocidade,...
Se as supera, a casa armadora fai o último pago e o buque xa é da
súa propiedade.
No caso do buque do “PP guardés” en mans da nova casa armadora (Sra. Conchi Ortega); ainda non chegamos a esta fase final; ainda estamos na fase do navio dentro do dique seco, achicando agua do mesmo e sen decidir que operacións reconstructivas se fan.
O
meu irmán lembra que xa fai case que 30 anos, collía ben cedo un
autobus cara Tui, para ir ó Instituto San Paio, na parada que facía
o autobus en Goian, subían varios alumnos e alumnas dese centro
educativo,... entre esas persoas estaba a Sra. Conchi Ortega. Non
imos a falar de lembranzas pasadas.
Nestes
días temos conversado moito no Mirador, e tamén algúns amigos
teñen participado nestas conversas,... sempre lembrando os famosos
bocadillos de tortilla do “Alboio” (algúns nunca os
chegamos a comer). O centro das nosas conversas era a opción B2
(Renovar con material novo;
o partido e candidatura do PP guardés). Realmente, todos chegamos á
conclusión que é unha opción díficil, e imos a explicar por que é
complicada.
Boa
parte dos nosos lectores miñotos teñen menos de 50 anos e a
entenderán perfectamente. Dende mediados dos anos 80 do século XX,
a comarca do Baixo Miño ó igual que outras de España, ollou un
troco social moi interesante, gran parte do grupo xeracional de 15 a
20 anos, seguía estudiando e logrando maior formación académica,
incorporandose máis tarde ó mercado laboral; xustamente todo o
contrario do que acontecia con anterioridade. Pero, paralelamente a
esta mellora na formación académica, tamén existía unha
“expulsión laboral” de gran parte desta poboación.
Esta
“expulsión laboral” da
mocidade ben formada é por unha cuestión moi simple;
moitos non atopaban un traballo axeitado a esa formación profesional
acadada; a maioría atopaba esa salida laboral en Vigo, ou áreas
urbanas máis alonxadas (Madrid, Barcelona,...). Os que atopaban un
posto laboral aquí, en poucos anos rematan por inicia-lo movemento
anterior (marcharse) polos baixos salarios pagados e as poucas, ou
nulas, expectativas de progreso laboral.
A
conclusión é a seguinte: nestes 30 anos no Baixo Miño hai un
proceso de expulsión do mercado laboral local das xeracións mellor
preparadas e formadas. Polo tanto, o conxunto da poboación
ben formada e preparada é un número minguante, e dende o ano 2.008
moito máis; polo tanto tentar buscar compoñentes aptos para a
opción B2 faise compricado.
Un
exemplo disto, é a practica laboral usada polas casas
armadoras palangreiras da Guarda; na sustitución de mariñeiros
oriundos galegos, por outros indonesios, cabo verdianos,... que están
pagados con soldos moito máis baixos. Supoñemos, que dada a
traxectoria laboral e profesional da Sra. Conchi Ortega, é
coñecedora desta realidade. ¿Vai implementar e promociconar esta
medida laboral na sociedade guardesa e miñota?; realmente querida
Sra. Conchi Ortega, dificil é súa papeleta como candidata do PP,
presentarse ante os veciños
da Marina como unha das persoas que promoveu a sustitución dos
mariñeiros locais por outros extranxeiros, deixando no paro a estes,
e agora solicitarlles o voto. ¿¿¿???
¿Algunha
mente pensante no PP provincial pensou neste dislate?; craro que o
PSOE guardés tampouco anda moi sobrado de lumbreiras, poñen como
candidato ó fillo dun armador; ¿agora os armadores son de
esquerdas?, ¿ser socialista é ser dunha familia rica?,... ¿¿¿???
Semella que o PP, PSOE e BNG guardés están interesados en
presentar como candidatos á Alcaldía de A Guarda a representantes
ou compoñentes da PLUTOCRACIA
local.
Querida
Sra. Conchi Ortega, entendemos e comprendemos que vostede en política
local non está experimentada. Moitos dos nosos veciños, coñecidos,
lectores,... son capaces de dar una explicación máis ou menos
aproximada á realidade social na que vivimos. Nós tentamos afinar
esas argumentacións e analisis, dado que temos máis formación
procuramos poñerlle os nomes adecuados, correctos e ben
definitorios, son verbas que non están no vocabulario dos nosos
veciños, coñecidos e lectores, pero así eles van aprendendo.
PLUTOCRACIA
: é o goberno dos ricos, ou elementos próximos,
sobre o resto da sociedade. Plutocracia é un termo técnico na
ciencia política; os nosos
avós tiñan unha palabra moi especial case que esquecida, para
defini-lo mesmo: “cascarilleirismo”.
Tranquila
Sra. Conchi Ortega; ainda estamos en dique seco.
Mirador do Monte
Ancos, a 16 de
Marzo do
2.015.
Benita
Losa Ligera.
Profesora universitaria de Geología Aplicada en la Universidad
Central de Río Negro (Ciudad del General Roca; Río Negro;
Argentina).
No hay comentarios:
Publicar un comentario