As
botas de chuvia.
Todos
sabemos que en Galicia temos dúas grandes estacións climatolóxicas:
a da chuvia (que dura moitos meses) e outra distinta na que chove
moito menos (que dura poucos meses). De cativos, un elemento
importante da nosa vestimenta diaria eran as botas de chuvia, para
non mollarnos os pés, e camiñar pola rúas molladas,... Pero sempre
existía unha fatal atracción das nosas botas polos charcos da
chuvia, non podíamos resisti-la tentación de pisar neles, xogar
dentro deles,... pero as veces a agua dos charcos remataba entrando
dentro das botas.
Así,
descobrimos a existencia da “Lei
de Miller” que ten por enunciado: non
se pode sabe-la profundidade dun charco, ata que se mete o pe dentro
do mesmo.
Pois
resulta que o outro día, o noso candidato do PSOE á Alcaldía de A
Guarda púxose a criticar na prensa as escasas ou nulas inversións
da Consellería de Educación nos centros educativos que temos na
Guarda.
Ante
este disparo de foguetería; o Sr. César Pérez Ares (tomiñés,
que exerce de Jefe provincial da Consellería de Educación)
soltoulle toda unha andanada de artillería. Lembroulle ó
noso candidato do PSOE que dende o ano 2.009 a Consellería de
Educación ten invertido nos centros educativos da Guarda un total de
700.000€; lembralle que no mantenemento do Instituto da Sangriña
(onde o canidato traballa de mestre), as inversións ascenden a
370.000€,... Lembralle que o mantenemento dos centros educativos é
competencia municipal; lembralle as carencias das cubertas do
pabellón da escola de Solanas,...
Querido Sr. Antonio Lomba ( candidato do PSOE á Alcaldía de A Guarda); os seus compañeiros con máis experiencia e sobre todo aqueles que non van recuncar, deberían facer eles estas críticas, sobre todo cando se espera que chovan obuses. O deber deles sería protexer e sacrificarse polo candidato; para evitar que estes ataques teñan efectos mortais. É moi simple isto; os ataques de infanteria son cousa dos soldados; os oficiais de alto rango están seguros na retaguarda; dado o seu rápido e inesperado ascenso, posiblemente non ten asumido estes coñecementos tan básicos.
Un
consello: procure non voltar a mete-los pés nun charco.
O
outro día (Sábado 21 de Febreiro), mentrás uns camiñaban
alegremente polo monte, sendeiros entre bosques, desfrutaban das
nosas fortalezas do século XVII,... e así auto-promocionaban a súa
imaxen como futuro candidado do PSOE para a Alcaldía do Concello de
A Guarda.
Nese
mesmo intre, a nosa espía “Florentina Caldo Caliente”
desfrutaba do seu café matutino e lectura de xornal na cafetería
que está na “Praza do Reló”; instantes despois van
chegando clientes pouco habituais (nada habituais dunha mañán de
sábado) que van tomando posición nunha esquina da cafetería,...
minutos despois chega o Sr. Paulino, concelleiro do PSOE, alto
dirixende do mesmo, e con presteza toma asento con eses pouco
habituais clientes. Ante a presencia non habitual de tal persoeiro, a
Sra “Florentina Caldo Caliente” pon en marcha o vídeo do seu
teléfono, o deixa situado sobre a mesa, ela segue atenta ó xornal,
toma outro café,... a grabación das imaxes ten certas tomas
interesantes, o son non é o axeitado, dada a distancia e ó ruido
propio do local. Ademais o Sr. Paulino estaba nervioso, ollaba
inquerito a cada cliente, ollaba inquisitoriamente a todo novo
cliente que entraba, ós que pasaban pola rúa,...
¿Por
qué o Sr. Paulino estaba tan nervioso?. Revisando a grabación de
vídeo detectamos a presencia de algunhas persoas que están na
problemática das “21 licencias”; da grabación sonora no se
obten nada importante.
O
seguinte son suposicións que facemos para nós mesmos, e compartimos
cós nosos lectores. Imos a supoñe-la premisa que o tema da reunión
fose trata-lo tema da problemática das “21 licencias”.
1º)
Dada a non presencia do candidato do PSOE, nin de outros cargos
importantes do PSOE; ¿estaba
enterado o candidato de tal reunión?, ¿os outros
membros do PSOE tiñan coñecemento da mesma?
2º)
¿Tiña permiso o Sr. Paulino dos outros membros do PSOE para
facer esta reunión?; ¿porqué non se fixó de xeito oficial
no Concello?.
3º)
¿Non estará o Sr. Paulino facendo política a espaldas dos
seus compañeiros?. ¿Realmente quen manda é o Sr. Paulino e outros
son meros figurantes?;.....
Dentro da filosofía pesimista de Murphy, está o Teorema de Mencken: “Quen pode, a fai. Quen non pode, adicase á ensinanza”.
Lembre
Sr. Antonio Lomba: “Na
política, os enemigos mortais sempre están na casa, están entre os
propios; así que vixíe sempre a retaguarda”.
Mirador do Monte
Ancos, a 6 de
Marzo do
2.015.
Aldo
Loroso Picor.
Doctor y Profesor Universitario de Dermatología (Hygiene; Colorado;
USA).
No hay comentarios:
Publicar un comentario