lunes, 23 de marzo de 2015

Ostracismo

CHANCHONADA 398º
Ostracismo.




Onte día 22 de Marzo tiveron lugar as eleccións autonómicas de Andalucia; non imos a facer unha extrapolación dos resultados das mesmas ás terras miñotas, pois é evidente que nós non somos andaluces,... pero si que hai pautas que funcionan.
A Sra. Susana Díaz presentouse ás eleccións na condición de actual Presidenta da Junta de Andalucia, conseguido mediante a forma de “Transmissonem in mandato”. Ou sexa, durante a anterior lexislatura, o Presidente saínte xa lle transferíu o mando. Isto, para unha cita electoral é unha ventaxa moi importante.
En contra, a maioría dos contrincantes das outras forzas políticas teñen que gaña-la confianza dos votantes (“Lucror novum mandatum”); ser unha persoa pouco coñecida polo universo dos votantes é unha gran desventaxa; tamén inflúe a valorización da marca electoral (o partido político). Con estas dúas desventaxas contou o candidato do PP.


Na democracia ateniense, existía a figura do “ostracismo”; por unha votación dos cidadáns decidían que persoa quedaba separada da actividade da vida política pública. Na nosa lexislación electoral non temos esta figura; pero en certo xeito hai outra parecida: “o esquecemento electoral”.
Imos a explicar isto do “esquecemento electoral”. Normalmente, aquelas persoas que están dentro da Institución electa teñen unha certa ventaxa nos procesos electorales, son persoas coñecidas, teñen o seu círculo de influencias,... polo cal é normal que sexan re-elexidos varias veces. Esta ventaxa non a teñen os candidatos novos, por ser descoñecidos socialmente. O “esquecemento electoral” acontece cando un candidato que está dentro da Institución electa non consegue ser re-elexido; isto é consecuencia dun círculo de influencias moi pequeno, que é unha persoa de escasa relevancia social,... Polo tanto, partindo dunha posición ventaxosa non acadou a meta final: ser re-elexido.
Na próxima cita electoral xa parte dunha posición de desventaxa, similar a dun candidato novo; ademáis hai outra posible desventaxa, no intervalo entre cita electoral e a nova cita electoral, ¿qué cantidade do círculo electoral segue fiel e leal?; isto é díficil de cuantificar, pero é evidente que ó non estar dentro da Institución electa, parte dese círculo busca un novo mentor a quen prestar lealtade e recebir servicios.

Un dos exemplos desta sutil forma de ostracismo que é o “esquecemento electoral”, foi o acontecido coa Sra. Purificación Álvarez (1º Alcaldesa de A Guarda); tras ser desprazada do liderazgo do PP (dun xeito similar ó que hoxe sucede) tomou a decisión de presentarse liderando unha candidatura independente, o resultado fou o seu fracaso electoral. De ser todo, pasou a ser nada.
Hoxe o PP guardés vive inmerso nunha situación que ten moitas similitudes có acontecido fai anos, ainda non moitos. As situacións non son igual de simétricas, que cada quen quite as conclusións que considere oportunas.
Este ano 2.015 vai estar cheo de citas electorais; así que sobrará tempo para facer analisís.

Mirador do Monte Ancos, a 23 de Marzo do 2.015.

Rodrigo Trillizos Negros. Profesor de Artes Plásticas; Colegio Nacional “Los 5 dedos” (Pulgar; Toledo; España).

No hay comentarios:

Publicar un comentario