miércoles, 25 de febrero de 2015

Vampirizando ós vellos

CHANCHONADA 385º
Vampirizando ós vellos.




Xa é unha desgracia non atopar traballo no teu pobo, na túa bisbarra, no teu país,... un día tes que face-la maleta i emigrar ó extranxeiro para buscar unha oportunidade laboral; non é unha decisión doada de tomar, pero as circunstancias obrigan a emprender este camiño, atrás fica familia; hai que aprender un novo idioma, costumes,... logo acude o resto da familia, algún fillo ou filla xa nace no pais de adopción.
Pasaron os anos, moitos anos, a xuventude xa ficou moi lonxe; os fillos xa son pais e nais,... e decides voltar á terra natal para vivir como xubilado os ultimos anos da vida. Ata aquí, todos conocemos historias moi similares; pero para a Facenda Española, estes emigrantes xubilados retornados son !!perigosos delincuentes fiscais!!.

O 27 de novembro do 2.014, aprobabase a Lei 26/2.014 que modifica a Lei 35/2.006 do IRPF (Imposto da Renda das Persoas Físicas). A citada Lei 26/2.014 ten unha disposición adicional única que abre un período para regularizar estas pensións extranxeiras sen sanción fiscal. Isto ben a conto, porque a nosa comarca da Baixo Miño ten un importante número de emigrantes retornados, que cobran pensións do extranxeiro, polos anos que estiveron traballando e cotizando neses paises; nestes días a oficina de Tui da Facenda Española está enviando numerosas cartas a estes emigrantes retornados, para decirlles que hai un período temporal para regulariza-las súas pensións,... Pero señores funcionarios da Facenda Española, usan vostedes unha linguaxe tan administrativa que a inmensa maioría destes cidadáns non teñen coñecementos legais, e non se enteran moi ben do contido das misivas, poñense nerviosos, teñen medo,...



Imos tratar de facer un pouco de labor pedagóxica, ante a evidente inutilidade comunicativa dos funcionarios da Facenda Española.

1º) A disposición adicional única da Lei 26/2.014 abre un prazo ata o 30 de Xuño do 2.015 para regulariza-las situacións das pensións que se perciben, que teñan orixen no extranxeiro.
2º) Hai a posibilidade de regulariza-las pensións, sen a esixencia de recargos, intereses, nin sancións, mediante a presentación dunha autoliquidación por parte do contribuinte.
3º) Tamén hai unha condonación rogada (perdón fiscal), de recargos, sancións e intereses de aquelas persoas que regularizaron as súas pensións, con anterioridade á entrada en vigor desta Lei. Isto implica que aqueles pensionistas que pagaron multas por non ter regularizadas as súas pensións nos últimos anos, poden obte-la devolución do pagado, previa solicitude ante a Facenda Española.

Os nosos emigrantes retornados de hoxe, e aqueles que hoxe son emigrantes e retornen nun futuro; todos eles deben saber que teñen que tributar en España polas rentas que teñan a nivel mundial, cando sexan residentes fiscais en España (residencia de un mínimo de 6 meses por ano). España ten asinado moitos Convenios para evita-la Dobre Imposición (CDI), pero os impostos hai que paga-los, xa sexa nun pais extranxeiro, ou en España.


Ata aquí todo é legal; para nós o abuso e “vampirización sobre os xubilados” está no seguinte: A Lei do IRPF exime de presentar declaración a aqueles contribuintes que perceben menos de 22.000€ por ano, procedentes dun só pagador; pero se o contribuinte ten máis dun pagador, deberá presentar declaración cando un dos pagadores abone +1.500€ anuais, ainda que no total non chegue ós 22.000€ por ano (1.571,43€ mes, en 14 pagas). Isto si que é machacar á xente pobre. A cantidade de 1.500€ por ano, ó noso entender é moi pequena, e xenera moitas inxustizas.

Imaxinemos un pensionista, cobra por España 10.000€ por ano (714,28€/mes) e recebe unha pequena pensión de Bélxica de 1.550€ ó ano en 12 pagas (129,16€/mes); facendo un total mensual de 843,44€ mes); este pensionista ten que facer tódolos anos a súa declaración de IRPF,... Pero como ollamos, non ten un gran salario mensual, non goza de grandes ingresos,... Pero para a Facenda Española son perigosos evasores fiscais que hai que perseguir e ter baixo estricto control.

Logo, temos ós deputados do Parlamento Galego que teñen sobre o 54% do seu soldo que está exento de tributar ó IRPF. Isto si que é un abuso; aqueles que deben de dar exemplo, para eles hai super exencións fiscais; grandes empresas quetributan o 3% dos beneficios,... En troques ós pequenos, os machacamos a impostos, especialmente ós xubilados.
No tema da exención fiscal dos deputados do Parlamento Galego, tanto o PP, PSOE, BNG,... están calados e ocultan o tema. ¿¿¿Somos iguais ante a Lei?? NNOONN!!!!!


Finalmente, a nosa recomendación ós señores xubilados retornados que cobran unha pensión do extranxeiro é que fagan a autoliquidación para legaliza-la situación da mesma. Aqueles que pagaron cantidades e multas por este tema nos últimos 4 anos, que soliciten a devolución do pagado; pois as Leis podense aplicar con carácter retroactivo cando benefician ó cidadán.

Mirador do Monte Ancos, a 25 de Febreiro do 2.015.
Aquiles Cuatro Verdades. Profesor de Derecho Fiscal Internacional en la Universidad de Joder (Condado de Sioux, Nebraska; USA).





No hay comentarios:

Publicar un comentario