miércoles, 11 de febrero de 2015

Datos do paro; Xaneiro 2.015

CHANCHONADA 378º
Datos do paro; Xaneiro 2.015.



No pasado mes de Xaneiro, o paro subíu na comarca do Baixo Miño en 88 persoas; é un dato malo; pero vai por partes, gran parte disto é pola destrucción de emprego en Oia e na Guarda; no caso desta localidade, podemos decir que case que o 80% do para xerado son veciños de A Guarda.


A Guarda en Xaneiro de 2.015 = 1.013 parados (Homes 482 e Mulleres 531)

Menores de 25 = 58 (Homes 29 e Mulleres 29)
Entre 25 e 44 = 520 (Homes 233 e Mulleres 287) (51,33% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 435 (Homes 220 e Mulleres 215)

Agricultura = 143 (+2 novos empregos)
Industria = 112 ( = )
Construcción = 91 (+4 novos empregos)
Servicios = 604 (70 novos parados)
Sen emprego = 63 (5 novos parados)

Na Guarda o paro sube en 69 persoas:

                                     Poboación masculina              Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 29 (+7 parados) ................. 29 (+2 paradas)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 233 (+24 parados) ............. 287 (+23 paradas)
Maiores de 45 anos: ............ 220 (+2 empregados) ........ 215 (+11 paradas)


Non hai creación de emprego en ningún sector da poboación; destaca moito e paral mal os 70 novos desempregados do sector servicios, a campaña de Nadal non xenerou emprego; é un sinal evidente da mala situación do comercio local. Respecto ó mes anterior o paro sube nun +7,31%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -6,29%, baixa en -68 parados. É o concello que presenta os piores datos neste mes, esperemos que os futuros políticos locais reflexionen, pois a herdanza que deixa o Alcalde sainte non é boa.


O Rosal en Xaneiro de 2.015 = 744 parados (Homes 346 e Mulleres 398)

Menores de 25 = 49 (Homes 19 e Mulleres 30)
Entre 25 e 44 = 336 (Homes 158 e Mulleres 178)
Maiores de 45 = 359 (Homes 169 e Mulleres 190) (48,25% do total de desempregados)

Agricultura = 106 (+9 novos empregos)
Industria = 96 (+3 novos empregos)
Construcción = 114 (+2 novos empregos)
Servicios = 379 (11 novos parados)
Sen emprego = 49 (3 novos parados)

No Rosal o paro non hai trocos:

                                          Poboación masculina             Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 19 (+2 parados) .............. 30 (+5 paradas)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 158 (+3 empregados) ........... 178 (+3 paradas)
Maiores de 45 anos: ............ 169 (+8 empregados) ......... 190 (+1 paradas)


Respecto ó mes anterior o paro sube nun 0,0%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa un -5,1%, con -40 parados. É un bó dato, trai signos que dan esperanza para os vindeiros meses,... entre outras cousas é onde menos crece o paro no sector servicios.


Oia en Xaneiro de 2.015 = 368 parados (Homes 181 e Mulleres 187)

Menores de 25 = 23 (Homes 12 e Mulleres 11)
Entre 25 e 44 = 184 (Homes 88 e Mulleres 96) (50,00% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 161 (Homes 81 e Mulleres 80)

Agricultura =   62 (+13 novos parados)
Industria =   23 (+1 novo emprego)
Construcción =   42 (+2 novos empregos)
Servicios=   210 (+19 novos parados)
Sen emprego =   31 (+3 novos parados)

En Oia o paro sube en 32 persoas:

                              Poboación masculina                     Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 12 (+5 novos parados) ........ 11 (+1 parada)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 88 (+6 parados) ................. 96 (+15 novas paradas)
Maiores de 45 anos: ............ 81 (+1 novo parado) .......... 80 (+4 novas paradas)


Tódolos sectores da poboación oiense teñen aumento do paro. Respecto ó mes anterior o paro sube un +9,52%, o diferencial dos últimos 12 meses, o paro baixa non rexistra variacións. É o concello onde o paro rexistra unha maior subida do desemprego, xunto coa Guarda teñen os piores datos.


Tomiño en Xaneiro de 2.015 = 1.639 parados (Homes 780 e Mulleres 859)

Menores de 25 = 123 (Homes 60 e Mulleres 63)
Entre 25 e 44 = 732 (Homes 325 e Mulleres 407)
Maiores de 45 = 784 (Homes 395 e Mulleres 389) (47,83% do total de desempregados)

Agricultura =   203 (+22 novos empregados)
Industria =   229 ( =)
Construcción =   239 (+4 novos empregados)
Servicios =   818 (+14 novos parados)
Sin emprego =   120 (+2 novos empregados)

En Tomiño o paro baixa en 14 persoas:

                                         Poboación masculina               Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 60 (+4 empregados ) ............. 63 (+1 empregada)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 325 (+13 empregados) ............ 407 (+7 paradas)
Maiores de 45 anos: ............ 395 (+4 empregados) .............. 389 (+1 parada)


É o único concello onde hai creación de emprego. Respecto ó mes anterior o paro baixa un -0,85%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en -207 parados, un -11,21%. Casi todo o emprego creado é na poboación masculina.


Tui en Xaneiro de 2.015 = 2.088 parados (Homes 884 e Mulleres 1.204)

Menores de 25 = 129 (Homes 68 e Mulleres 61)
Entre 25 e 44 = 1045 (Homes 409 e Mulleres 636) (50,04% do total de desempregados)
Maiores de 45 = 914 (Homes 407 e Mulleres 507)

Agricultura =    88 (+7 novos empregados)
Industria =    326 (+12 novos empregados)
Construcción =    256 (+6 novos empregados)
Servicios =    1.190 (+21 novos desempregados)
Sin emprego =    228 (+5 novos desempregados)

En Tui o paro sube en 1 persoa:
                                     Poboación masculina                    Poboación feminina
Menores de 25 anos: ........... 68 (+1 empregados) ............ 61 (+4 paradas)
Adultos, 25 a 44 anos: ........ 409 (+23 empregados) ......... 636 (+20 paradas)
Maiores de 45 anos: ............ 407 (+1 empregados) ............. 507 (+2 paradas)



Todo o emprego xerado é dentro da poboación masculina. Respecto ó mes anterior o paro sube un +0,05%. Respecto ós últimos 12 meses o desemprego baixa en 235 parados, un -10,11%. Posiblemente, polos datos que temos, Tui e Tomiño rexistren importantes datos migratorios, os cales xa se refrexan nos datos do paro.




No pasado mes de Xaneiro, o pior comportamento na creación de emprego correspondeulle A Guarda; básicamente o 80% do emprego destruido foi entre veciños de A Guarda; nos nosos rexistros estadísticos é o pior dato no mes de Xaneiro que ten A Guarda; tamén máis da metade do emprego destruido no sector servicios, corresponde na Guarda, unha sinal moi evidente da debilidade do sector comercial local.


Esta é a complicada herdanza que vai deixa-la “etapa Freitas”; pero igual de mala é a situación en Oia; posiblemente polos datos que temos, en Tomiño e Tui están tendo unha vaga migratoria na súa poboación, efecto que xa aconteceu no Rosal e na Guarda; polo cal os datos do desemprego serán mellores nos vindeiros meses.



Mirador do Monte Ancos, a 11 de Febreiro do 2.015.

Sexto Raíz Cuadrada. Decano de la Facultad de Matemáticas, Universidad de los Valles de Tuy en Ocumare del Tuy (Estado de Miranda, Venezuela).




No hay comentarios:

Publicar un comentario