martes, 3 de febrero de 2015

Mal vendido

CHANCHONADA 374º
Mal vendido.




Fai unhas semanas tivemos unha conversa con un amigo, que traballa nunha importante axencia de publicidade española (e con importante presencia en Portugal); comentoume un proxecto no que levaban tempo traballando, e xa tiñan prácticamente rematado. O proxecto era un encargo dirixido pola FRAH (Fundación Rei Afonso Henrique), esta fundación está ó fronte de varias institucións privadas e públicas de España e Portugal que van promocionar turísticamente todo o “Valle del Duero – Vale do Douro”.
Neste proxecto está presente a Administración rexional de Castilla-León, entidades administrativas do Norte de Portugal, e outros socios. O obxectivo é ben simple: promocionar internacionalmente todo o val do río Douro, dende a nascente ata a foz; para que sexa un destiño importante e diferenciado, dentro do turismo que recibe a península ibérica.

Todo o val do río Douro ten moitas cousas e atractivos que ofrecer ó turismo:
Enoturismo: 9 denominacións de orixen. 11 lugares calificados pola UNESCO, como Patrimonio Mundial. Moitas roteiros de románico, gótico, castelos, catedrais, cidades amuralladas,...
Todo este proxecto vai ser presentado ó público nas vindeiras semanas, na cidade de Bragança. Xa teñen rexistrada as marcas comerciais a usar, páxina de internet; xa teñen os publireportaxes para tv e internet en varios idiomas, e casi rematada unha película publicitaria de 50 minutos para promoción en diferentes mercados internacionais.
Temos que confesar, que mentras o escoitábamos, no fondo nos sentíamos envexa, ¡¡¡moita envexa!!! Pois así é como se fan ben as cousas, todos xuntos vendendo o mesmo producto.


En troques, nos os galegos cada un vai polo seu lado, seguimos inmersos na “politica da leiriña” (¡¡a miña leiriña é mellor que a túa!!). A Xunta de Galicia por un lado, promocionando básicamente Santiago de Compostela; por outro lado as Deputacións, cada unha falando un pouco de tres ou catro localidades; logo as cidades promocionandose a si mesmas,....
Imaxinate que eres un tour-operador internacional. Recebes información da Xunta de Galicia (o folleto está en castelán e galego; non existen os outros idiomas); chegas á conclusión que en Galicia só existe Santiago de Compostela. Logo recebes varios folletos de diferentes cidades galegas,... pero como non están promocionadas polo goberno rexional, dudas si están en ese lugar, a información que tes nos folletos é moi escasa; non está orientada a profesionais do turismo.

Resulta evidente que non sabemos vende-las cousas. Mal gastamos centos de miles de € en promoción turística para un escaso rendemento. Por exemplo, nas guías do Concello de Vigo non se mencionan para nada que a poucas decenas de kilometros da cidade hai varias zonas productoras de viño, que a escasos 30Km da cidade pode facerse unha rota por fortalezas fronteirizas de España e Portugal. As rotas gastronómicas apenas falan do marisco, e das ostras do mercado da Pedra,... ¡¡¡Como se non existisen máis productos gastronómicos!!!

Sin ir máis máis lonxe; aquí os nosos concellos cada un fai a súa promoción turística por separado. ¿Aprenderán algún día a promocionar conxuntamente o Baixo Miño?. Isto é “onanismo publicitario”, só pensamos no noso e non ollamos ó veciño.


Outro exemplo de “onanismo publicitario” é a campaña de promoción do candidato do PSOE da Guarda, que realiza o Sr. Uris no seu “facebook” persoal. Pero o candidato non se promociona así mesmo; ¿?. A todos o candidatos, recomendamoslle a película “Atilano Presidente”.

Mirador do Monte Ancos, a 3 de Febreiro do 2.015.

Máximo Aguinaldo Escaso. Técnico de Turismo Internacional (Villa Rusia de Alicante; Alicante; España).



No hay comentarios:

Publicar un comentario