Somos
menos.
Non
fai falla ser moi intelixente, nin docto en matemáticas, para saber
que restando unha cantidade a un valor determinado; o resultado final
será menor que o valor orixinal. Tamén resulta evidente que a
suma de numeros negativos, sempre será un número negativo maior.
Polo tanto, a suma de fracasos nunca será un éxito.
Pois
se a unha cantidade determinada de poboación, cada ano que pasa lle
imos restando compoñentes da mesma, evidentemente cada ano imos a
ter un menor número de habitantes. Nun primer intre o factor resta,
pode non ser importante, pero ó ir acumulandose durante un período
de tempo, o resultado do mesmo xa comenza a ser preocupante.
Unha
cousa son os datos matemáticos que nós expoñemos aquí neste
Mirador; outra cousa é a impresión que ten moita xente que nos fíns
de semana na Guarda, Rosal, Tomiño ou Tui, están case que valeiras;
entón fanse a pregunta ¿onde está a xente?. Outros xa fan a
apreciación que nun fin de semana, ollando durante un paseo, hai
moita poboación xubilada, pero non se olla moita xuventude,... ¿Qué
pasa aquí?.
Estamos
ante un tema complexo e díficil de cuantificar. Nós estivemos
usando os datos do CERA (Censo Electoral dos Residentes
Ausentes), ou sexa os emigrantes que residen legalmente no
extranxeiro, vinculados a un concello de orixen. O problema é que
nesta base estadística están aqueles emigrantes que son emigrantes
de nacemento (españois de dobre nacionalidade) e descendentes dos
mesmos. Para tentar depurar algo os datos, soamente usamos os datos
do período 2.006 ata o ano 2.014.
A
Guarda Oia Rosal Tomiño Tui
2.006
............ 1.102 .......... 205 …...... 567 ..........
1.540 ......... 1.950
2.012
............ 1.157 .......... 283 …...... 817 ..........
1.905 ......... 2.602
2.013
............ 1.636 .......... 288 .......... 884 ..........
1.955 ......... 2.696
2.014
............ 1.722 .......... 305 …...... 937 ..........
2.039 ......... 2.822
Variación
.... +620 ..........
+100 ….....
+370 ........ +499
.......... +872
Variación
%.. +56,26% ..
+48,25%.. +65,25% .. +32,4% ..... +44,72%
Na
variación deste censo, unha parte será por novas altas de
descendentes do xa emigrados; pero a inmensa maioría será pola
marcha ó extranxeiro dos residentes que tiñamos aquí (emigración).
Nestes anos, o Baixo Miño
perdeu un total de 2.461 residentes.
Destacan
moito os incrementos porcentuais de O Rosal e A Guarda, isto en parte
ven a explicar porque a “mellora” nos rexistros do paro destas
dúas localidades; pois resulta evidente que as persoas que
emigran, causan baixa nas estadísticas do paro,... pero realmente
non son persoas que atoparon un traballo aquí. Outra cousa que
destaca, é que son incrementos moi fortes, nun período de tempo moi
pequeno.
Un
dos problemas, que ten isto, é que estamos
a perder poboación que está comprendida nun tramo de idade entre os
30 a 45 anos. Estamos a perder poboación con
alta formación académica, ben preparada profesionalmente, son
persoas que están en idade de fundar unidades familiares, de ter
descendencia,... se isto acontece no extranxeiro, gran parte
deses compoñentes que emigran non van a voltar nos vindeiros anos,
polo efecto de residencia estable que implica unha unidade familiar.
Polo
tanto estamos perdendo poboación, estamos perdendo capital humano
(man de obra ben preparada e cualificada), estamos a perder potencial
demográfico,... Isto en poucos anos (dos que se contan cós dedos
dunha man) será perda de poboación, menos poboación en idade
laboral i escolar, e polo tanto máis poboación xubilada. Todo isto
conleva menor actividade económica, menor potencial de crear
emprego, e polo tanto entramos en elevar posibilidades de seguir
expulsado poboación do noso mercado laboral. Polo tanto, estamos
entrando nun “círculo vicioso”.
Todo
isto repercutirá negativamente nas constas públicas dos nosos
concellos; pois irán tendo menos ingresos fiscais, pero terán máis
gastos de indole social. Ata, que chega un punto onde este gastos xa
non son sostibles.
¿Entendemos
o problema?, se seguimos transitando por este camiño imos moi mal; o
exemplo non o temos moi lonxe, só hai que ollar como foi a evolución
domográfica, social, económica, laboral, fiscal,.... da inmensa
maioría dos concellos de Ourense. ¡¡¡Camiñan cara á súa morte
demográfica!!!
Nós
aquí expoñemos o problema; semella que os nosos gobernantes locais
non se enteran, que viven nunha realidade allea a todo isto; de
momento só Oia transita por este camiño, os outros concellos están
entrando nese vial. Así que cando algún veciño dí: “estamos
a convertirnos en pobos de vellos”; hai que
recoñecer que lamentablemente teñen razón.
Mirador do Monte
Ancos, a 1 de
Febreiro do
2.015.
Nereida
Laguna Dulce.
Directora Técnica de Mantenimiento de Acueductos del Consorcio
Estatal del Agua (Ciudad de Aguascalientes, Estado de
Aguascalientes, México)..
No hay comentarios:
Publicar un comentario