martes, 17 de febrero de 2015

As frechas do desamor

CHANCHONADA 381º
As frechas do desamor.




Querido Cupido, xa sei que non é do día de San Valentín, que xa pasou o día dos namorados,... pero queremos recurrir ó teu oficio de arqueiro, para que dispoñas de 21 frechas, cada unha por cada persoa que ten problemas de movilidade, de saúde,... e nestes 8 anos de goberno do Sr. José Manuel Domínguez Freitas as súas lexitimas peticións nunca foron atendidas.

Saúdamos a valentía, coraxe e perserverancia do Sr. Valentín González, da súa familia, amigos, advogados e outras persoas que emprenderon o duro camiño da loita xudicial, para defende-los seus dereitos ante o Tribunais.
Non entendemos a excusa do Sr. Alcalde de A Guarda, para negarse a actuar no caso do Sr. Valentín González, decir que hai outros 20 casos similares ou asemellables. Pero resulta que neses outros 20 casos tampouco actua, nin fai nada por eles, ni polo outro. Realmente estas 21 persoas son os auténticos esquezidos da súa xestión municipal de 8 anos de goberno.

É unha sinal de madurez persoal asumi-las propias responsabilidades; pero o de “escurri-lo bulto”, alegando que a falla de solucións son culpa doutra Administración, que a non solución dos problemas é culpa de outros,... isto é un argumento cheo de infantilismo, pois todos de nenos sempre dixemos que as culpas eran dos nosos irmáns máis pequenos, ou de outros nenos.
Chorar na prensa afín (“Fora de Vigo” e na “Afonía de Galcia”) que non hai recursos económicos no concello para afrontar eses gastos,... dende logo hai que ser moi tonto para creer esas mentiras, sobre todo cando o “Fora de Vigo” cobra algo +8.000€ ó ano procedentes do Concello de A Guarda,... en oito anos de goberno socialista fai un total de 64.000€. Cantidade para darlle solución a 8 ou 9 persoas con problemas de movilidade.
Por non falar que os custes xudiciais, advogados, pleitos,... nos que está inmerso o Concello de A Guarda supoñen un custe de +40.000€ por ano; có agravante que vostede Sr. Alcalde de A Guarda ten contratados a profesionais do dereito que non son de A Guarda, nin do Rosal,... cando na nosa bisbarra hai profesionais do dereito, e aquí pagamos os impostos,...

Chorar que non hai diñeiro nas arcas do Concello é toda unha mentira. Vostede Sr. Alcalde sabe moi ben que hai “diñeiro escondido” en varias partidas do orzamento municipal. Por exemplo na partida de Gastos de Persoal (Capítulo I do orzamento), existen varias prazas vacantes, que xa non teñen titular, e que están dotadas con +80.000€. Dado que non hai persoas que exerzan eses traballos, ninguen vai cobrar eses salarios.... Logo eses 80.000€ serán adicados a outros gastos con “máis rendabilidade electoral”.

Con estes 80.000€ “escondidos”, cós 40.000€ mal gastados en pleitos perdidos, cós 8.000€ xenerasamente agasallados ó “Fora de Vigo”, xa temos uns 128.000€ ó ano. Cantidade suficiente para arranxa-los problemas da metade destes 21 veciños.

Querer é poder; é voste Sr. Alcalde de A Guarda debe recoñecer que non quere facer nada. Hoxe queremos, ensinarlles a todos unha palabra que está moi esquencida, MISERICORDIA: sentimento ou disposición a compacerse dos problemas dos máis necesitados e a prestarlles axuda; ven do latín (misere necesidade, problema, probreza e cordis que é o corazón); misericordia é ter un corazón solidario.


Querido Cupido, se podes e queres lanza esas 21 frechas ó destinatario sinalado. Nós non estamos dotados no uso do arco con frechas, estamos máis versados no uso do “colt M4”.

Mirador do Monte Ancos, a 17 de Febreiro do 2.015.
Bautista do Rio Jordan. Pastor y predicador anabaptista (Divinopolis; Minas Gerais; Brasil).








No hay comentarios:

Publicar un comentario