Fichando
futbolistas.
Normalmente,
durante os meses previos ó inicio de tempada de fútbol, hai todo un
mercado de intercambio de xogadores entre diferentes equipos. Nunca
gostamos deses xogadores, que eran unha das figuras do eterno rival,
e recen chegados ó novo equipo, danlle moitos beixiños ó escudo do
noso equipo, renegan do seu inmediato pasado no equipo rival e dín,
que dende a máis tenra infancia sempre gostaron do noso equipo.
¡¡¡Devolve o diñeiro que cobraste do equipo rival!!! Para nós,
estes xogadores son auténticos mercenarios do fútbol.
Na
nosa oficiña oficiosa, temos un panel de cortiza de sobreira; dende
o mes de Setembro do 2.014, hai un papel cunha “porra electoral”,
a cantidad en xogo son 10€; a aposta versa sobre os futuros
candidatos á Alcaldia do Concello de A Guarda:
PSOE:
Sra. Montserrat Magallanes, con 85% dos votos. Erramos.
PP:
Sra. Fátima Iglesias, con 70% dos votos. ¿¿Acertamos??
BNG:
Sr. Angel Baz, con 90% dos votos. ¡¡Acertamos!!
CG:
Sra. Beatriz Estévez, con 90% dos votos. ¿¿Acertamos??
Temos
que recoñecer que erramos na previsión do cabeza de lista do PSOE
de A Guarda; as nosas preferencias eran pola Sra. Montserrat
Magallanes, concelleira da Facenda Municipal, de Comercio, de
Turismo,... Pero a agrupación do PSOE guardés optou polo Sr.
Antonio Lomba (concelleiro de cultura). Para nós foi toda unha
sorpresa, imos a explicar isto.
En
toda sociedade humana, existe unha organización que ten unha
xerarquía, ou cadea de mando,... Cando na cima da mesma hai un
relevo, ascenden os inmediatamente inferiores, e todos os que están
por debaixo van ascendendo un escalón. Se xubilamos a uns xenerais,
ascenden os coroneis a xenerais, os capitáns ascenden a coroneis, os
tenentes a capitáns,...
Pero
se a Sra. Montserrat Magallanes xa era unha coronel con grandes
expectativas de ascender a xeneral, cunha folla de servicios chea de
destiños con mando en praza, con altas responsabilidades nos últimos
7 anos e medio. Sorprende moito que ascendan a xeneral a un
sarxento, que apenas ten méritos de servicio, e con poucas
responsabilidades.
Non
sabemos que aconteceu dentro do PSOE guardés; para nós a decisión
interna fuxe do que sería normal e usual. ¿Por qué? As veces as
élites que dirixen un partido político toman decisións que para o
público non son normais; eles teñen unha visión distinta e moi
diferente da nosa.
Un
exemplo desas decisións que sorprenden ó público, é a decisión
do BNG guardés de poñer como candidato propio ó Sr. Angel Baz.
Os nosos espías bloqueiros xa nos tiñan informados desta opción;
por iso na “porra electoral” que temos, hai tanto consenso e
confianza nesa opción, era unha aposta sobre un valor seguro. ¿Pero
por qué decimos que esta decisión é sorprendente?. Pois, o noso
Sr. Angel Baz, fixo que dous membros deste “Mirador” traballaran
no seu dosier, que tiveron como materia reservada e secreta ata hoxe.
O
Sr. Angel Baz non é novato, nin inédito en cuestións da
política local; na súa mocidade, aló polos primeiros anos
90, xa formaba parte da dirección local das “Novas Xeracións”
de A Guarda (mocidades do PP); máis ou menos cando cesou na
dirección desa entidade, a Sra. Montserrat Mariño (actualmente
funcionaria municipal). Nos primeiros anos deste século, foi
directivo da asociación de comerciantes ABACO; que chegou á súa
extinción e desaparición baixo o seu mandato.
Hai
que recoñecer que o Sr. Angel Baz é todo un pioneiro; pois abre un
camiño para facer carreira política ós mozos e mozas que se forman
nas “Novas Xeracións” de A Guarda (mocidades do PP), así teñen
a opción de crecer no PP ou facer carreira no BNG. Claro que tamén
cabe outra opción; é a dirección local do BNG quen ficha ós
“novos líderes nacionalistas” procedentes da canteira do PP
guardés.
Non
sabemos cal das dúas opcións é a verdadeira. Pero nós, os membros
deste “Mirador” estamos ¡¡¡abraidos!!!. Unha cousa é abrir os
partidos políticos á sociedade, outra cousa distinta é fichar a
unha “figura” do partido rival e facer dela a estrela mediática
do noso partido. ¿¿¿Qué pensaría disto o Sr. Antonino Torrón???.
Mirador do Monte
Ancos, a 9 de
Febreiro do
2.015.
Fernando
Idea Cuadrada.
Profesor universitario de Teoría Política en la Universidad de
Arroyo del Cabrón (Zamora; España).
No hay comentarios:
Publicar un comentario